26 nov 2012
O AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL ACOLLE "O SEÑOR DAS DUNAS", UN ESPECTÁCULO DE ANIMACIÓN CON AREA
26.11.12
Comentar
Segundo se pode ler na web do Concello do Rosal, o domingo 2 de decembro a partir das 18:00 horas celebrarase no Auditorio Municipal un espectáculo de animación con area, denominado "O señor das dunas".
22 nov 2012
HORARIO DAS CATEGORÍAS DA U.D. RIBERA DE FÚTBOL PARA ESTA FIN DE SEMANA (24 E 25 DE NOVEMBRO)
Velaquí vos deixamos o horario das diferentes categorías da U.D. Ribera.
Destacar que o equipo senior e o xuvenil xogarán na casa (Estadio Municipal da Mata). O primeiro, disputará o seu encontro o domingo 25 de novembro ás 16:15 horas e o segundo, o sábado 24 ás 16:00 horas.
O feminino desprázase ata Arcade, os cadetes xogan contra o Racing Castrelos B, o infantil contra o Oiense C.F., o alevín fronte ao A.C. Tomiño B e o benxamín contra o ERizana C.F. B.
A CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL "MERCA NA RÚA" CHEGA A O ROSAL
22.11.12
Comentar
Informa:
| Alma María Pérez Aguiño |
| Coordinadora Oficina Provincial de Comercio REDIC |
A Campaña de Dinamización Comercial "Merca na rúa" chega a O Rosal o luns 26 de novembro. Estará tamén en cinco concellos da nosa provincia.
Este é o cuarto ano que a Deputación de Pontevedra e a
Xunta de Galicia se unen para poñer en marcha “Merca na Rúa”, unha campaña de
dinamización comercial que desde o ano 2009 leva xa percorridas 20 vilas da
provincia de Pontevedra e repartidos 60.000€ en vales de compra entre 520
persoas agraciadas.
Trátase dunha
actividade dinamizadora do comercio que trata de actuar como revulsivo e
incentivar o consumo no comercio local. Xunto co programa formativo “Vende máis
Nadal” e as diferentes accións que se están desenvolvendo nos mercados
municipais co programa “Rías Baixas, Territorio Gastronómico”, o compromiso da
institución provincial e o seu apoio decidido ó binomio turismo - comercio como
sectores fundamentais na actividade económica das Rías Baixas
A campaña “Merca
na Rúa” busca principalmente fomentar as ventas e incentivar o consumo no comercio
local. Promocionar o comercio de proximidade, fomentar o asociacionismo, animar
as rúas comerciais das vilas e premiar a fidelidade dos clientes do pequeno
comercio.
Esta
iniciativa, enmárcase dentro das actuacións a desenvolver pola Deputación de
Pontevedra tralo compromiso acadado coa sinatura dun importante convenio de
colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia centrado en traballar
en prol do modelo comercial de Galicia, o comercio de proximidade.
“Merca na Rúa” estase desenvolvendo
en 5 vilas da nosa provincia. Terá unha duración de 2 semanas en cada unha e
repartirá 2.450€ en vales de compra para mercar no comercio local de cada unha
das 5 localidades.
Os obxectivos específicos desta campaña
son:
-
Animar
as rúas comerciais das vilas, dar a coñecer o comercio local e fomentar o
asociacionismo entre os comerciantes.
-
Incentivas
o consumo no comercio local.
-
Mellorar
a imaxe do espazo comercial e dos establecementos que o forman.
-
Potenciar
os centros das vilas como lugares de referencia para as compras. Dinamizalos xa
que o comercio da vida ás rúas.
Para
acadar estes obxectivos, levarase a cabo unha importante campaña publicitaria e
de difusión das actuacións de “Merca na Rúa” de xeito que teña a máxima
participación posible e os participantes sexan os máis posibles.
ANTECEDENTES
1ª edición. Ano 2009
Orzamento 55.000€
Concellos nos que se levou a
cabo: O Grove, Ponteareas, Gondomar, Pontecaldelas, A Estrada.
2ª edición. Ano 2010
Orzamento 125.000€
Concellos nos que se levou a
cabo:Forcarei, Cambados, Poio, Redondela, Valga, Porriño, Tui, Silleda, Cangas
do Morrazo e Caldas de Reis.
3ª edición. Ano 2011
Orzamento 60.000€
Concellos nos que se levará a
cabo:Cuntis, Ribadumia, Soutomaior, Nigrán e Vilagarcía de Arousa.
4ª edición. Ano 2012
Orzamento 50.000€
Concellos nos que se levará a
cabo: Meaño, Bueu, Illa de Arousa, O Rosal e Sanxenxo.
|
CONCELLO
|
DURACIÓN DA CAMPAÑA
|
SORTEO DOS VALES DE COMPRA
|
|
MEAÑO
|
12 ó 24 de novembro
|
-----------
|
|
BUEU
|
19 de novembro ó 1 de
decembro
|
1 de decembro
|
|
O
ROSAL
|
26 de novembro ó 8 de decembro
|
7 de decembro (20:00h)
|
|
ILLA
DE AROUSA
|
26 de novembro ó 7 de
decembro
|
8 de decembro
|
|
SANXENXO
|
3 ó 15 de decembro
|
15 de decembro
|
|
|
|
|
DINÁMICA DA ACTIVIDADE
A dinámica que
seguirá a campaña “Merca na Rúa” en cada unha das vilas nas que se desenvolva
será a seguinte:
-
Entre o luns e o
martes da primeira semana, uns promotores repartirán entre os comercios interesados en participar de cada
vila: cartelería e folletos publicitarios para informar e publicitar a
actividade.
-
Estes promotores
actuarán como dinamizadores da campaña “Merca na Rúa” durante as dúas semanas
de duración da mesma en cada localidade. Instalarase unha pequena carpa da
organización nun lugar céntrico de cada vila a modo de punto de información no
que haberá tamén material publicitario da campaña.
- Os consumidores que
queiran participar nos sorteos dos vales de compra deberán presentar aos
promotores dinamizadores ou na carpa da organización da campaña “Merca na Rúa”,
os tickets das compras realizadas nos pequenos comercios da localidade
correspondente entre as 10:00h do luns da 1ª semana e as 18:30h do sábado da 2ª
semana, e recibirán nese momento a metade dun boleto para participar no sorteo
dos vales de compra.
-
Os promotores da
campaña “Merca na Rúa” selarán aos consumidores o ticket presentado para que
non poida ser reutilizado xa que cada ticket dará dereito a un único boleto de
participación.
- A outra metade do
boleto será depositado polo promotor/a ou polo propio consumidor nas urnas
habilitadas a tal efecto na carpa da organización.
-
O sorteo dos vales de
compra se celebrará en cada localidade o sábado da 2ª semana.
- O sábado da 2ª semana
en cada una das 5 vilas, levarase a cabo o sorteo público dos vales de compra
por valor de 2.450€€ (20 vales de 100€ e 3 de 150€) que consistirá na
extracción dos boletos depositados ó longo das dúas semanas que durou a campaña
nas furnas habilitadas ó efecto.
- Durante a festa de
peche de campaña, desenvolveranse diferentes actividades lúdicas e de
entretemento dirixidas ós máis cativos.
21 nov 2012
COCIÑA-REPOSTERÍA DE NADAL NO ROSAL
1º.- COCIÑA DE NADAL NO ROSAL
En cada sesión de 2.5 horas realizarase un menú económico consistente en:
· Entrante
· Plato principal
· Postre
Así como a súa presentación na mesa. Aproveitaremos tamén para facer coas sobras ricos e orixinais pratos para aforrar.
Podemos facer en cada sesión:
· Cea de Noiteboa,
· Cea de Fin de Ano
· Cea de Noite de Reis
O prezo de cada sesión é de 11,50€
Realizarase os sábados de 10.00 a 12.30 ou nun día da semana pola tarde-noite...en función do que soliciten os participantes.
2º.- REPOSTERÍA DE NADAL NO ROSAL
¿Queres aprender a facer un bizcoito con forma de árbore de Nadal?
¿Ou un tronco de Nadal?
¿Ou unhas galletas de figuras de Nadal?
Este é o teu obradoiro entón. Sesións de 2 horas de duración para cada unha das receitas.
Cada obradoiro ten un prezo de 8€.
Realizaranse os sábados pola mañá de 10.00 a 12.00 ou un día de luns a xoves de 20.00 a 22.00, o que a maioría escolla. Comezamos en canto teñamos o grupo mínimo.
INSCRICIÓNS NO SERVIZO DE INFORMACIÓN XUVENIL DO ROSAL (986 609450)
ESTE DOMINGO, PRESENTACIÓN DA OBRA DE TEATRO "LADRÓN E FAMILIA"
Segundo se pode ler na web do Concello do Rosal, o "Teatro do Astracán" presenta na vila a obra "Ladrón e Familia", dirixida por Evaristo Calvo. A función terá lugar este domingo 25 de novembro a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal.
Entre os actores poderemos ver a vellos coñecidos como Pedro Brandariz e Fran Campos, Saleta Fernández, Rogelia dos Outeiros, Abrahán Sande ou Alberte Torres.
A ACTRIZ RAQUEL QUEIZÁS OFRECERÁ UN CONTACONTOS ESTE SÁBADO NO ROSAL
Este sábado 24 de novembro a partir das 12 da mañá, na Biblioteca Municipal do Rosal, terá lugar o contacontos "A maleta da avoa", a cargo da actriz Raquel Queizás.
Esta actividade está organizada pola concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo.
20 nov 2012
HORARIOS DEFINITIVOS DOS EQUIPOS DO ATLÉTICO NOVÁS (24-25 NOVEMBRO)
Segundo podemos ler no perfil oficial de facebook do Mecalia Atlético Novás, estes son os "Horarios definitivos del fin de semana del 24 al 25 de noviembre".
"- Primera Nacional:
CISNE BM - MECALIA AT. NOVÁS 24/11/12 17:30. C.G.T.D Xunta de Galicia.
- Primera
Autonómica: 4MIÑO AT. NOVÁS - BM RASOEIRO 25/11/12 11:30 Pabellón Municipal de
O Rosal.
- 2ª División
Gallega Cadete: AT. NOVÁS - BM CHAPELA 24/11/12 12:00 Pabellón Municipal de O
Rosal.
- Autonómica
Infantil Masculina: S.A.R. "B" - AT. NOVÁS 24/11/12 10:00. La
Bombonera.
- Provincial Alevín
Mixto: S.A.R. "A" - AT. NOVÁS 24/11/12 10:00 La Bombonera".
RESULTADOS DE TODOS OS EQUIPOS DA U.D. RIBERA (17-18 DE NOVEMBRO)
Segundo podemos ver na web do club de fútbol Unión Deportiva Ribera de O Rosal, estes foron os resultados desta fin de semana (17 e 18 de novembro) en todas as súas categorías.
Destacar o empate do equipo senior en calidade de visitante fronte ao C.D. Ribadelouro, a vitoria do xuvenil contra o S.R. Casablanca ou mesmo as goleadas do equipo alevín por 8-0 ao Racing Vilariño e a do benxamín fronte ao San Cayetano por 4-1.
VÍDEO ÍNTEGRO DA ACTUACIÓN DE JOSÉ PÉREZ EN RECANTOS (LUAR-TVG)
Velaquí vos deixamos o vídeo íntegro da actuación do rosaleiro José Pérez no concurso Recantos do programa Luar da Televisión de Galicia que se emitiu o 16 de novembro deste 2012.
José Pérez, que representa á zona do Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta) clasificouse para a seguinte fase coa canción "Xúrame" de Juan Camacho.
Segundo se ven de anunciar e a falta de confirmación da TVG, a súa próxima actuación en Luar será o venres 4 de xaneiro, interpretando a canción "Libre" de Nino Bravo.
Antes, poderemos ver a José Pérez en directo na Romaría de Santa Catalina, nas Festas da Cruzada (A Guarda) este sábado 24 de novembro, a partir das 20:00 horas e despois das actuacións dos grupos Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e Xamaraina.
14 nov 2012
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A MOSTRA DO FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE (17-18 DE NOVEMBRO)
O sábado 17 e o domingo 18 de novembro a partir das 18:00 horas celébrase no Auditorio Municipal a Mostra do Festival Primavera do Cine O Rosal 2012.
Proxectaranse o sábado as curtametraxes "O prezo da dote", "33", "Birdboy", "Un paseo polo Tea", "La increíble historia de Macareno y la p milagrosa". Ás 20:00 horas, a longametraxe "Silenciadas" e ás 22:00 horas, "Relatos".
O domingo, poderanse ver as curtametraxes "Dúas letras", "Robin&Robin", "Camiño da memoria", "O bufón e a infanta", "A.G.N.", "Estación decembro". Xa a partir das 20:00 horas, a longametraxe "Doentes".
13 nov 2012
CELÉBRASE ATA O 17 DE NOVEMBRO A XXVI SEMANA CULTURAL DE PEDORNES
13.11.12
Comentar
Informa: Manuel Ángel Pombal Diego
Estase celebrando dende onte, luns 12 de novembro, en Pedornes (Oia) a XXVI Semana Cultural 2012, organizada pola Asociación Cultural San Mamed.
Obradoiros, campionatos, proxeccións de films, xogos populares ou actuacións musicais, xunto coa XXIX Festa do Magosto (con castañas asadas, viño tinto, refrescos, etc de balde) fan desta Semana de Pedornes unha cita ineludible no panorama cultural do Baixo Miño.
Colaboran o Concello de Oia, a Comunidade de Montes de Pedrones e a Asociación de Veciños "A Muruxeira".
CONCURSO DE BELÉNS 2012 NO ROSAL
BASES CONCURSO BELÉNS 2012
1º.- Poderán participar tódalas persoas que o desexen. O tamaño, materiais e técnicas empregadas será libre.
2º.- Os Beléns deberán ser colocados polos seus autores/as ou persoas que os representen no lugar que se lles indique os días 13 e 14 de decembro das 9:00 ás 12:00 horas no Centro Social Polivalente.
3º.- Os traballos presentados estarán expostos a partir do 17 de decembro, data na que se inaugura a exposición e na que se fará entrega dos premios, ata o 6 de xaneiro no mesmo centro.
4º.- A retirada dos traballos deberá efectuarse os días 7 e 8 de xaneiro de 2013 de 9:00 ás 12:00 horas, perdendo o dereito sobre os mesmos no caso de non facelo.
5º,- Estableceranse dúas categorías:
· Infantil: ata os 12 anos.
· Xuvenil: dos 13 ata os 17 anos.
· Adulto: a partir dos 18 anos.
6º.- Haberá un único premio para cada categoría:
· Lote de libros adecuado ó participante gañador/a para a Categoría Infantil e Xuvenil
· Vale de compra por valor de 100 euros no comercio do Rosal para a Categoría Adulto.
7º.- O Xurado darase a coñecer no momento que se estime oportuno.
8º.- A Organización resérvase o dereito de admisión dos traballos presentados a concurso así como de declarar deserto algún ou todos os premios.
9º.- O fallo do xurado realizarase antes de inaugurarse a exposición.
10º.- A Organización resérvase o dereito de publicar fotografías dos Beléns participantes en calquera medio que estime oportuno.
11º.- Prazo e lugar de inscrición dos Beléns, ata o día 12 de decembro no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural.
12 nov 2012
A PARELLA ROSALEIRA DE BAILARÍNS, "JOSE & ROSY", ACTUARÁ EN MÁLAGA
A parella rosaleira de bailaríns, "Jose & Rosy" actuará o vindeiro sábado 17 de novembro no club BarrioSalsero de Málaga.
Segundo se pode ler no cartel, celebrarase o aniversario de José Valle, haberá animacións, obradoiros, sorteos, etc., a cargo de David Ariza, Jesús el Chino & Irena e a mellor música latina do momento por Dj Toro Salvaje.
10 nov 2012
O MECALIA ATLÉTICO NOVÁS ENFRÓNTASE HOXE NO ROSAL AO CONSTRUCCIONES SOLLA & CÍA DE CHAPELA (19:30 HORAS)
Hoxe, sábado 10 de novembro, ás 19:30 horas, terá lugar no Pavillón Municipal do Rosal o partido que enfronta ao local Mecalia Atlético Novás e ao Construcciones Solla & Cía de Chapela -un clásico- correspondente á oitava xornada da Primeira Nacional de balonmán.
O Novás, que leva seis vitorias consecutivas e é colider, intentará dar una nova alegría á súa incondicional afección. Para elo, o seu adestrador, Modesto Augusto, convocou aos seguintes xogadores:
1 - ESTEBAN PEDROSA
2 - ROBERTO RODRÍGUEZ
3 - JACOBO COELLO
6 - IAGO FLORES
7 - DAVID LECHUGA
8 - JORGE POUSA
9 - PAULO DACOSTA
13 - MIGUEL TRIGO
2 - ROBERTO RODRÍGUEZ
3 - JACOBO COELLO
6 - IAGO FLORES
7 - DAVID LECHUGA
8 - JORGE POUSA
9 - PAULO DACOSTA
13 - MIGUEL TRIGO
16 - JOSÉ MALVAR
17 - RAMÓN MARTÍNEZ
18 - JAVI CANDELEDA
19 - MARCOS COLORADO
23 - MANU MARTÍNEZ
33 - BRUNO COSTA
17 - RAMÓN MARTÍNEZ
18 - JAVI CANDELEDA
19 - MARCOS COLORADO
23 - MANU MARTÍNEZ
33 - BRUNO COSTA
9 nov 2012
ESTE DOMINGO 11 DE NOVEMBRO, SE O TEMPO ACOMPAÑA, CELEBRARASE A TRADICIONAL ROMARÍA DE SAN MARTIÑO
Este domingo 11 de novembro -e se o tempo acompaña- celebrarase no Rosal a tradicional Romaría de San Martiño.
Tal e como se pode ler no cartel, ás 9:30 horas da mañá celebrarase unha misa na igrexa parroquial de Santa Mariña. Xa ás 10:30 horas o Santo sairá en procesión ata a súa ermida, onde ás 12 horas oficiarase unha isa solemne con sermón.
O grupo de gaitas Albariños de O Rosal animará a Romaría. No caso de que fixera mal tempo, os actos trasladaríanse ao domingo 18 de novembro.
CHAMAMENTO "AHORA + QUE NUNCA" DE CRUZ ROJA BAIXO MIÑO ANTE A EMERXENCIA SOCIAL DA COMARCA
Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño
En los
últimos años, en Cruz Roja se está observando cómo el impacto de la crisis
socioeconómica ha hecho que muchas personas que hasta hace muy poco se
encontraban en contextos socioeconómicos seguros, hayan entrado a formar parte
de las personas y colectivos atendidos por la organización humanitaria y cómo
éste mismo contexto es responsable de un agravamiento importante de la situación
de las personas vulnerables que ya participaban en los programas de
intervención Social de Cruz Roja Española.
Cruz
Roja Baixo Miño continúa incrementando el número de personas atendidas en las
diferentes prestaciones y programas que lleva a cabo. Dichas personas fueron
beneficiarias de las medidas específicas relacionadas con el impacto de la crisis.
Desde
el 1 de enero de 2012 Cruz Roja Baixo Miño, ha repartido alimentos a más de 90
personas; materiales escolares a 40 familias; kits de higiene a 33 familias; se
ha ayudado a más de 50 personas a realizar el currículum, proporcionarles
copias para la búsqueda activa de empleo… además se han desarrollado 4 talleres
de economía doméstica con un total de 37 usuarios a los que se han entregado vales
de compra para alimentos y productos de higiene y aseo personal.
Paralelo
a estas acciones, también se continúa reforzando los programas habituales de
atención social y de lucha contra el desempleo y la discriminación en el
mercado laboral y desde 2008 se está
desarrollando un esfuerzo cada vez mayor en la atención de emergencias
sociales, a través de respuestas básicas como el reparto de alimentos, enseres,
alimentación infantil, material escolar, y otras como los puntos de información
sobre empleo gestionados por personas voluntarias, las ayudas económicas de
carácter puntual , talleres de economía doméstica, compra de fármacos, entrega
de kits de higiene, etc…
En
definitiva, se trata de ayudas de primera necesidad en ámbitos en los que la población está
recortando gastos para poder llegar a fin de mes. Las situaciones de privación
material (nutrición inadecuada, pobreza
energética, incapacidad de hacer frente a imprevistos) afectan a una parte
importante de la población que atendemos.
Más
allá de las cifras hay personas, familias, niños, jóvenes, mayores… que
atraviesan situaciones muy difíciles y a las que Cruz Roja conoce de cerca e
intenta dar respuesta gracias al compromiso cotidiano de más de 200.000
personas voluntarias que forman parte de la Institución. El
incremento de la respuesta de Cruz
Roja frente a la crisis es posible también gracias a la
contribución de entidades públicas y privadas, y de socios y donantes.
Ahora más que nunca:
Desde el pasado 8 de mayo se ha puesto en marcha el primer Llamamiento
de Ayuda lanzado por Cruz Roja Española
denominado 'Ahora + que nunca', con el fin de incrementar su apoyo a las
personas afectadas por la crisis en nuestro país y atender a 300.000 personas
más en situación de extrema vulnerabilidad, además de los dos millones de
personas a las que asiste anualmente. Los colectivos a los que se dirige el
llamamiento son los más 'fragilizados', como familias con todos sus miembros en
paro; niños que viven en hogares pobres; personas mayores con responsabilidades
familiares sobrevenidas por la precarización familiar; personas paradas de
larga duración; personas sin hogar; y jóvenes en paro.
Más información en los teléfonos 986 61 46 09 / 606 348 471 o en nuestra sede: c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 bajo. A Guarda.





























