6 jun 2013
NOTICIAS O ROSAL É UNHA PÁXINA WEB CULTURAL, INDEPENDENTE E APOLÍTICA
6.6.13
Comentar
NOTICIAS O ROSAL é unha web CULTURAL, INDEPENDENTE e APOLÍTICA. Repetímolo por enésima vez, xa que, con todos os respectos, hai quen aínda non se enterou ou non quere enterarse.
Non aceptamos nin aceptaremos, en 5 anos que levamos en Internet, coaccións nin presións por parte de ningún colectivo, persoa ou institución.
Nós eliximos os temas da nosa web (culturais, deportivos e de lecer). Que quede moi claro que ninguén nos dicta nin dictará xamais o que temos que facer.
Boas tardes e graciñas aos nosos fieis lectores e lectoras.
O Rosal, 6 de xuño de 2013.
5 jun 2013
A XXII EDICIÓN DO TROFEO PISTA AS FAIAS, ESTE SÁBADO 8 DE XUÑO EN TABAGÓN
Este sábado 8 de xuño a partir das 17:00 horas, terá lugar a XXII edición do Trofeo Pista As Faias en San Xoán de Tabagón, organizado polo Club Ciclista O Rosal.
Competirán rapaces e rapazas de tres categorías: benxamíns, alevíns e infantís.
Máis información na web do Club Ciclista O Rosal.
O ROSALEIRO DE MARZÁN, DIEGO BELLO DE LA SANTÍSIMA TRINIDAD, GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS DA FEIRA DO VIÑO
Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello: "O rosaleiro Diego Bello de la Santísima Trinidad, de Marzán, gañador do Concurso de Carteis da Feira do Viño 2013".
A XXI edición da Feira do Viño do Rosal, tal e como reza o cartel, se celebrará os días 19, 20 e 21 de xullo.
4 jun 2013
ESTE DOMINGO NO AUDITORIO, CONCERTO 27 ANIVERSARIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL-HOMENAXE A NEMESIO CASTRO
Informa: Agrupación Musical do Rosal
A Agrupación Musical do Rosal celebra
este domingo día 9 de xuño ás 20,00 h. no Auditorio do Rosal o
seu 27 aniversario.
Para a ocasión a banda de música e a coral ofreceran ó publico
o seguinte programa con obras de diversos estilos e contarán coa colaboración
da soprano Toñi Santos Vaquero:
·
Rienzi, obertura de Richard Wagner
·
Resplendet Glory de Rossano Galante
·
El Fantasma de Ópera de Andrew Lloyd Webber, arr.
Johan de Meij
·
Memory do
musical "Cats" de Andrew Lloyd Webber, arr. Johan de
Meij
Solista,
Toñi Santos Vaquero, soprano
·
Coro de Esclavos de "Nabucco" de Giuseppe
Verdi
·
Mazurka de las sombrillas de "Luisa
Fernanda" - Federico Moreno Torroba
·
Donde estarán nuestros mozos de "La Soto del
Parral" de R. Soutullo y J. Vert
Conxuntamente
coa Coral da Agrupación Musical do Rosal
Durante o acto realizarase unha homenaxe a Nemesio
Castro, unha persoa moi carismática e querida dentro da agrupación que foi
membro da xunta directiva durante moitos anos e acompañou á banda na meirande
parte das súas actuacións.
DÍA DE CONVIVENCIA NO URGAL DA BASE DO ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN
Un momento da convivencia do pasado ano 2012
Informa: Aurora Lomba Álvarez / Atlético Novás
Como anos anteriores, o vindeiro domingo 16 de xuño faremos o día de convivencia no río Urgal.
Teredes que levar comida e bebida. Ademais, o que quiera comer en mesa tamén deberá levala.
E lembrade que podedes levar a quen queirades (pais, nais, avós e avoas, mozos/as, e un largo etc...)
Graciñas!!
Para máis información chamade ao teléfono: 627 790 435.
3 jun 2013
O DECATLETA ROSALEIRO DAVID GÓMEZ, SEGUNDO NO III MEETING INTERNACIONAL DE ARONA (SANTA CRUZ DE TENERIFE)
O rosaleiro David Gómez Martínez vén de rematar subcampión en decatlón no prestixioso III Meeting Internacional de Arona (Santa Cruz de Tenerife).
Segundo se pode ler na reseña de G. Reyes (Faro de Vigo), David (7462 puntos) rematou en segundo lugar tras o belga Niels Pittmovils (7604 puntos) e por diante de Martin Brockman (Gran Bretaña, 7331 puntos).
¡¡Dende Noticias O Rosal, noraboa David!!
2 jun 2013
O ROSALEIRO ÓSCAR VICENTE, GAÑADOR DO WORLD TRIATHLON PROMASTER 2013 QUE SE CELEBROU ONTE EN MADRID
Óscar, no máis alto do podium. (Foto: Yeray Menéndez / B Dream)
O rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez foi o vencedor do World Triathlon Promaster 2013 que se celebrou onte, 2 de xuño, na Casa de Campo de Madrid.
Óscar co tamén rosaleiro Diego Álvarez, onte en Madrid. (Foto: Patricia Farias)
Tal e como se pode ler na crónica realizada por Alberto Montenegro na páxina oficial da Federación Española de Triatlón, o noso veciño entrou na liña de meta, tras unha gran carreira, por diante de Miguel Ángel Fidalgo e Pablo Dapena.
¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa Óscar!!
PRIMEIRA VITORIA DE LUIS MÉNDEZ NO I TROFEO CONCELLO DE DUMBRÍA
2.6.13
Club Ciclista O Rosal, Ezequiel Mosquera (exciclista profesional), Irea Villa (ciclista), Luis Méndez (ciclista), Zaida González (ciclista)
Comentar
Luis gañou a súa primeira proba como ciclista (Foto: C.C. O Rosal)
Chegou este sábado 1 de xuño no I Trofeo Concello de Dumbría (A Coruña) a primeira vitoria do principiante rosaleiro Luis Méndez co Club Ciclista O Rosal.
Igualmente Irea Villa e Zaida González facíanse co terceiro posto nas súas respectivas categorías, con boas actuacións de Mario Fernández, Manuel Dorna, Elsa e Claudia Portela.
Zaida, Luis e Irea pousan con Ezequiel Mosquera (Foto: C.C. O Rosal)
Entregou os premios desta competición o exciclista profesional Ezequiel Mosquera Míguez.
Como sempre, podedes ler a crónica completa e a reportaxe fotográfica na web do Club Ciclista O Rosal.
31 may 2013
31 DE MAIO, DÍA MUNDIAL SEN TABACO
Fonte:
Asociación Érguete Baixo Miño
Cada 31
de maio, a Organización Mundial da Saúde celebra o DÍA MUNDIAL SEN
TABACO para recordar
que provoca múltiples preocupacións a
toda a sociedade, tanto aos fumadores activos como pasivos: mortes
prematuras, cancro broncopulmonar e de larinxe, cardiopatía isquémica e
cerebrovascular, aumento do risco de disfunción eréctil, problemas dentais, e
un longo etcétera.
O tema concreto deste ano
é a prohibición da publicidade, a promoción e o patrocinio do tabaco. As probas
acumuladas amosan que a prohibición
completa da publicidade, reduce o número de persoas que adquiren ou manteñen o
hábito de fumar. As estatísticas amosan que a prohibición da publicidade e o
patrocinio do tabaco é unha das medidas máis eficaces para reducir a demanda de
tabaco e constitúe, polo tanto, unha das “mellores inversións” para combatelo.
A epidemia mundial do tabaquismo mata cada ano a case 6 millóns de persoas, onde
máis de 600.000 son non fumadoras que morren por respirar o fume alleo.
A
Asociación Érguete Baixo Miño contribúe a protexer á poboación presente e
futura desta adicción, educando en
hábitos de vida saudables nos talleres que realizamos nas escolas e animando
ás persoas novas a que por ningún motivo se inicien no consumo desta
substancia. Tamén, dende Érguete ofrecemos axuda ás persoas que desexen deixar
de fumar a través do asesoramento individual e personalizado ao cal poden
acceder gratuitamente contactando coa entidade.
Asociación Érguete Baixo
Miño
r/Colón, 20 (Edif. O
Pescador 1º piso) de A Guarda
986 614 407
- info@erguete.org
- facebook.com/erguetebm
- @ErgueteBM
Video
campaña Día Mundial sen Tabaco 2013: http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=BmOdf2wv6kQ#!
OS IRMÁNS TSYBANEV (ALEX E SERGEY) REGRESAN AO MECALIA ATLÉTICO NOVÁS
Álex e Sergey. (Foto: Mecalia Atlético Novás)
Segundo comunica o Mecalia Atlético Novás de balonmán, os irmáns Tsybanev (Alex e Sergey) volven a O Rosal.
No seu perfil de facebook pódese ler: "9 años después de abandonar O Rosal para emprender rumbo al Teucro, los hermanos Tsybanev, Alexander y Sergey, volverán a su casa procedentes del U.B. Lavadores".
O Novás fai unha pequena reseña biográfica de ambos, comezando por Alex: "Nacido en 1987, se fue siendo juvenil al club pontevedrés, como de los mejores jugadores gallegos de esa generación. Sin embargo la mala suerte lo acompañó en las dos primeras temporadas, rompiendo el cruzado en dos ocasiones.
Una vez recuperado, la directiva y el cuerpo técnico de la S.D. Teucro deciden que recupere la confianza cediéndolo al club vecino, el Cisne. Un año más tarde regresa al primer equipo de la ciudad para jugar en ASOBAL, aunque no consiguen mantener la categoría. Tras descender, continuaría un año más en el equipo, donde coincide con el que será su entrenador de nuevo, Modesto Augusto.
Las tres últimas temporadas perteneció a la disciplina del Lavadores, siendo una de las referencias del equipo siempre y llegando a ser máximo goleador de la Primera Nacional un año. Mide 1'92 m y pesa 92 kg. Es principalmente central, aunque se puede desenvolver en cualquier puesto de la primera línea".
Alex e Sergey son fillos do mítico ex-xogador do Novás, Nikolai Tsybanev
En canto a Sergey o Novás lembra que "es lateral izquierdo, tiene dos años menos que Álex y mide 1'91 m. Ha estado un año más en Lavadores -cuatro- y fue de la partida que consiguieron el ascenso a Primera Nacional hace cuatro temporadas.
Destaca su poderoso lanzamiento y la mejora a la hora de leer las defensas y su juego con los demás. Su brazo es uno de los más poderosos de la liga.
Al igual que su hermano, también ha pasado por las disciplinas de los principales equipos de la ciudad de Pontevedra, Teucro y Cisne.
Con estos refuerzos el Mecalia Atlético Novás busca confeccionar un equipo prácticamente de gente nacida en O Rosal y de futuro".
¡¡Benvidos de parte do Novás e de Noticias O Rosal!!
30 may 2013
"JOSE Y ROSY", PARTICIPARÁN NO 5º SYMPOSIUM INTERNACIONAL OF SALSA
Os bailaríns e coreógrafos rosaleiros "Jose y Rosy" participarán no "5º Symposium Internacional of Salsa" que se celebra en Coimbra (Portugal) os días 7, 8, 9 e 10 de xuño.
Para máis información deixámosvos o enlace á paxina oficial do evento: http://www.sispodanca.com/
OS XOGADORES ROSALEIROS XAVI DÍAZ, RAMÓN MARTÍNEZ E DANI CERQUEIRA, CONVOCADOS POLA SELECCIÓN GALEGA
30.5.13
Atlético Novás de Balonmán, Dani Cerqueira (balonmán), Deportes, Javi Díaz (porteiro de balonmán), Ramón Martínez (balonmán)
Comentar
Xavi, Mon e Dani nunha imaxe de arquivo.
Segundo nos confirman dende o Mecalia Atlético Novás, finalmente o porteiro Xavi Díaz (BM Villa de Aranda) e o pivote Dani Cerqueira (BM Cangas Frigoríficos do Morrazo) acompañarán ao seu capitán, Ramón Martínez na Selección Galega de Balonmán.
Lembramos que o combinado galego, que será dirixido polos adestradores Quique Domínguez e Javier Barrios, disputará dous amistosos en Meaño (sábado 1 de xuño ás 18:00 horas) e Pontevedra (domingo 2 de xuño ás 12:30 horas) ante a selección de Israel.
¡¡Dende Noticias O Rosal, noraboa rapaces!!
ÚLTIMA HORA: Se ben foi convocado, hai uns intres Mon, capitán do Novás, confirma que -por prevención- ao salir da súa recente lesión, finalmente non forzará e non disputará estes dous partidos con Galicia. ¡¡Ánimo!!
ÚLTIMA HORA: Se ben foi convocado, hai uns intres Mon, capitán do Novás, confirma que -por prevención- ao salir da súa recente lesión, finalmente non forzará e non disputará estes dous partidos con Galicia. ¡¡Ánimo!!
29 may 2013
ACIGU Y FEBAM PROGRAMAN DOS NUEVOS CURSOS DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS
Participantes en el Curso de Carretillero
Información e fotografía: ACIGU CCA.
Acigu CCA y Febam han realizado en los últimos meses diferentes acciones
formativas en distintos ámbitos: Carretillero, Primeros Auxilios, Bienestar
Animal en el Transporte, Manipulador de Alimentos, Evacuación y Emergencias,
Protección de Datos, etc.
Para este mes de mayo y junio
programan dos nuevos cursos de Manipulador de Alimentos, formación obligatoria
para trabajar en hostelería, cafeterías, bares, restaurantes,… y en cualquier empresa
alimentaria. En Tui se celebrará el jueves día 30 de mayo de 5 a 8 de la tarde
y en A Guarda el 6 de junio de 10 a 1 de la mañana. Se busca acercar una
formación necesaria, máxime en esta época del año, por lo que animamos a la
gente a informarse sobre estas acciones formativas.
Las plazas son limitadas y
hay descuentos para grupos. Existen listas abiertas para anotarse en los
teléfonos 986605084 y 986611743, o en
las sedes de ACIGU CCA y Febam.
RAMÓN MARTÍNEZ, CAPITÁN DO NOVÁS, CONVOCADO DE NOVO POLA SELECCIÓN GALEGA ABSOLUTA DE BALONMÁN
Segundo confirma o Mecalia Atlético Novás no seu perfil oficial de Facebook, o seu capitán, o rosaleiro Ramón Martínez Fernández, vén de ser convocado pola Selección Galega de balonmán:
"El capitán de nuesto equipo ha sido seleccionado de nuevo para los amistosos que disputará el combinado gallego este fin de semana en Meaño y Pontevedra ante la selección israelí, y que estará dirigido por los entrenadores del Academia Octavio, Quique Domínguez y por Javier Barrios de la S.D. Teucro".
Lembra o Novás que os partidos contra Israel serán o sábado 1 de xuño ás 18:00 horas en Meaño e o domingo día 2 a partir das 12:30 horas en Pontevedra.
"Dende Noticias O Rosal, noraboa para o Mecalia Atlético Novás e para Ramón Martínez"
ACOR ORGANIZA O DÍA 19 UN CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS EN O ROSAL
29.5.13
Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR), Cursos, José Martínez González (Pepe Berdeal)
Comentar
A Asociación de Comerciantes de O Rosal (ACOR), organiza un "Curso de manipulador de alimentos", que terá lugar o vindeiro 19 de xuño en horario de 10:30 a 13:30 horas, no Centro Social Polivalente do Rosal (rúa Cabaqueiros).
As persoas interesadas en inscribirse poden facelo chamando ao teléfono de contacto 628 875 029, preguntando por José Martínez González (Pepe Berdeal).
28 may 2013
A “XII ANDAINA O ROSAL COÑECE O TEU CONCELLO, 2013”, O SÁBADO 8 DE XUÑO
A
falta de confirmar o horario e o itinerario completo, o Concello do Rosal
anuncia a celebración da “XII Andaina O Rosal. Coñece o teu concello, 2013”
para o vindeiro sábado 8 de xuño, de tarde.
Lembramos
que a última ruta guiada foi o pasado 11 de maio polas parroquias de San Xoán
de Tabagón e San Bartolomeu das Eiras, con visita a Adegas Valmiñor, ao petróglifo
de Ghorgholado e aos cruciformes das Ramallas, capela da Magdalena, igrexa
parroquial das Eiras, praia fluvial, etc.
Para
apuntarse a esta XII Andaina –a inscrición é gratuíta- e para máis información,
poden achegarse ata o Concello do Rosal ou chamar ao seu teléfono: 986 62 50
00.
Velaquí
deixamos a reportaxe fotográfica realizada por Juan Ramón Martínez Barbosa,
guía destas andainas deportivo-culturais.





















.jpg)









