FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

12 ene 2013

CAMPO A TRAVÉS POLA INTEGRACIÓN ORGANIZADO POLO CLUB SAN XEROME



O Club San Xerome organiza o sábado 9 de febreiro o CAMPO A TRAVÉS POLA INTEGRACIÓN, POPULAR E FEDERADO - SAN XEROME - CAMPING SANTA TECLA.

Rexerase polo libro galego de normas que edita a Federación Galega de Atletismo. As inscricións, serán ilimitadas e deberán efectuarse por correo electrónico: 

correo@sanxerome.com, teléfono 986 61 37 19


Alevíns Mulleres 2002/2003 1000 10:30 h
Alevíns Homes 2002/2003 1000 10:45 h
Infantiles Mulleres 2000/2001 2000 11:00 h
Infantiles Homes 2000/2001 2000 11:15 h
Cadetes Mulleres 1998/1999 3000 11:30 h
Cadetes Homes 1998/1999 4000 12:00 h

Os atletas con discapacidade intelectual participarán na categoría cadete mulleres e homes. O prazo péchase o día 31 de xaneiro, non admitindo ningunha inscrición despois da data mencionada.

Os premios serán trofeos ós tres primeiros clasificados de cada categoría. Tódolos dorsais serán entregados polo Club SAN XEROME. Tódolos atletas federados participantes deberán ter dilixenciada a súa licenza federativa para a tempada 2012/2013. 

O CURSO GRATUÍTO DO CELGA COMEZARÁ NO ROSAL DO 21 DE MARZO AO 23 DE MAIO



Servizo de Información e ASC do Rosal

O Concello do Rosal ten solicitado o Celga 4 para realizarse de luns a xoves de 19:30 a 21:30 h., do 21 de marzo ata o 23 de maio.

Se te interesa participar neste curso gratuíto, tes que anotarte o antes posible, xa que en breve imos enviar a listaxe e participantes a Política Lingüística.

Independentemente do nivel de Celga no que queirades participar, tedes que inscribirvos antes do 3 de abril para poder realizar o exame.

Recordámosvos que se sodes estudantes ou traballades fóra e vos resulta imposible achegarvos a O Rosal, tedes a opción de facer estes cursos nas diferentes Escolas Oficiais de Idiomas. Informádevos.

Se estás interesado en facer este curso ou tes algunha dúbida sobre as equivalencias dos Celga pasa polo Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal e informarémoste (986 60 94 50).

9 ene 2013

VÍCTOR ARMÁN ENTRA NA CONVOCATORIA DO PRIMEIRO PARTIDO OFICIAL DO NOVÁS EN 2013 DESPOIS DA SÚA GRAVE LESIÓN



Víctor Armán Dorado volve á convocatoria do primeiro equipo do Atlético Novás de balonmán despois da grave lesión producida o 8 de xuño do pasado 2012 durante a celebración dos XIV Xogos Populares do Rosal. Sen dúbida unha boa noticia para o club e a afección. 

O Mecalia Atlético Novás disputa hoxe no Gatañal o primeiro partido oficial de 2013 correspondente á Copa Deputación fronte ao Cangas B.

O ROSALEIRO JOSÉ PÉREZ CLASIFÍCASE PARA A TERCEIRA FASE DO CONCURSO RECANTOS (LUAR-TELEVISIÓN DE GALICIA)


José na súa última actuación. (Foto: Pablo González)

O cantante rosaleiro José Pérez ven de conseguir a clasificación para a terceira fase do concurso "Recantos" (Luar-TVG) onde representa á zona do Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta) tras interpretar o venres 4 de xaneiro a canción "Libre" de Nino Bravo.

Velaquí vos deixamos o vídeo da súa actuación.

O CONCURSO-DESFILE DE ENTROIDO DO ROSAL CELÉBRASE O 10 DE FEBREIRO



O Concello do Rosal convoca o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2013 o vindeiro domingo 17 de febreiro ás 11:30 horas na Praza do Calvario.


Como é costume nos últimos anos o desfile percorrerá a rúa Ramón Franco (dende o cruce coa Lomba) e a rúa Julio Sesto (ata a rotonda da Feira).


Velaquí vos deixamos o enlace ás fotografías do ano pasado e ás bases do concurso.

XAVI DÍAZ, RAMÓN MARTÍNEZ E DANI CERQUEIRA PARTICIPAN NA GOLEADA DE GALICIA A AUSTRALIA EN BALONMÁN



O porteiro Xavi Díaz (BM Villa de Aranda), o extremo dereito Ramón Martínez (Mecalia Atlético Novás) e o pivote Dani Cerqueira (BM Cangas Frigoríficos do Morrazo) foron os tres rosaleiros que xogaron con Galicia fronte á mundialista Australia o pasado 6 de xaneiro en Chapela.

A selección galega que dirixe Fran Teixeira gañou por un contundente 33-16 e segue desta maneira invicta despois de sete partidos disputados.

Velaquí vos deixamos as crónicas do encontro realizadas por La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Atlántico Diario.

¡¡Dende Noticias O Rosal noraboa a Xavi, Mon e Dani!!

4 ene 2013

OS REIS MAGOS DE ORIENTE SAEN DENDE A PRAZA DO CALVARIO ÁS 10 DA MAÑÁ PARA PERCORRER TODO O MUNICIPIO


Segundo nos informan dende a comitiva dos Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar sairán o sábado 5 de xaneiro dende a Praza do Calvario ás 10 da mañá na tradicional Cabalgata  que percorrerá todo O Rosal.

Logo, de tarde, ás 17:00 horas, os Reis Magos serán recibidos na mesma Praza, onde atenderán as peticións de pequenos e maiores. Finalizará esta xornada -como ven sendo habitual os últimos anos- cunha gran chocolatada.

CURSO DE CRUZ ROJA JUVENTUD PARA CAPTAR NOVOS VOLUNTARIOS PARA UN DOS SEUS INTERESANTES PROXECTOS




Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño

Cruz Roja Juventud en Vigo, Ponteareas y Baixo Miño abre el plazo para la inscripción en el próximo curso de mediadoras/es en prevención de conductas violentas que comenzará el próximo 14 de enero y hasta el 25 de enero, con el objetivo de formar un nuevo grupo de voluntariado para participar en las actividades del programa Sen Violencia Convivencia.

Los destinatarios de estas acciones formativas son jóvenes de entre 18 y 30 años interesados en realizar actividad voluntaria en el proyecto de Prevención de Conductas Violentas en adolescentes.

El curso es gratuito con el compromiso de realizar actividad voluntaria y se desarrollará en las instalaciones de la sede de Cruz Roja en Vigo.


Mediadores en prevención de conductas violentas que se celebrará en la sede de Cruz Roja en Pontevedra,  diploma de 50 horas, repartidas en diez bloques temáticos que incluyen sesiones de:

-        Fundamentos básicos del proyecto de PCV
-        Violencia (Acoso Escolar, Violencia de género, Agresividad frente a violencia…)
-        Derechos humanos y Coeducación
-        Resolución de conflictos y Habilidades Sociales
-        Psicología evolutiva
-        El papel de la persona mediadora y Manejo de grupos
-        Planificación de talleres


Del 14 al 25 de enero en horario de 09:00h a 14:00h

   Esta formación está enmarcada entre las acciones que el programa de Prevención de Conductas Violentas “Sen Violencia-Convivencia” viene desarrollando desde el 2003. Entre las acciones desarrolladas destacan los talleres “Sen Violencia-Convivencia” de secundaria, los talleres “Veteri” de primaria, la intervención en resolución de conflictos en los centros de menores, charlas para familias y docentes…
  

Para más información e inscripción las personas interesadas podrán dirigirse a:

Comité Provincial de Cruz Roja en Pontevedra
C/ Cruz Roja 26, 36002, Pontevedra
Fax: 986 863386, Telf. 986 852115 Ext: 34-36

 Más información en los teléfonos 986 61 46 09 / 606 348 471 o en nuestra sede: c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 bajo. A Guarda.

2 ene 2013

MAXI COELLO TRIUNFA EN CONCURSOS CANINOS CON YOCO E KIRA, OS SEUS CANS DE RAZA BULLDOG FRANCÉS



O rosaleiro Maxi Coello González (ex-porteiro do Atlético Novás de balonmán), residente dende hai uns anos en Canarias, participa e triunfa cos seus cans de raza bulldog francés en diferentes exposicións caninas a nivel nacional e internacional.


Guiados por Maxi, tanto Yoco (cor marrón) e Kira (cor branca) veñen de gañar sendos concursos ademais de conseguir subir ao podium en Altavista así como en Arrecife (Lanzarote).



RAMÓN MARTÍNEZ FERNÁNDEZ, CAPITÁN DO NOVÁS, CONVOCADO POLA SELECCIÓN GALEGA DE BALONMÁN




Segundo informa o Mecalia Atlético Novás, o seu capitán, o rosaleiro Ramón Martínez Fernández, foi convocado novamente pola Selección Galega de balonmán que dirixe Fran Teixeira para disputar un partido contra a selección de Australia o vindeiro 6 de xaneiro.

¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa!!

XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE, HISTORIADOR ROSALEIRO, PRESENTA EN TUI A REVISTA "CASTELLUM TYDE", XA NO SEU 3º TOMO




Juan Ramón Martínez Barbosa / I. Estudios Tudenses

O pasado 28 de decembro de 2012, tal e como tiñamos anunciado, tivo lugar no Edificio da Área Panorámica de Tui a presentación do número 3 da revista-boletín-libro do Instituto de Estudios Tudenses.




Deu a benvida ao acto o propio presidente do Instituto, o historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe, quen estivo acompañado na mesa principal polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, a vicepresidenta do Instituto, Marta Cendón Fernández e o membro de número, Xabier Añoveros y Trías de Bes. 



Máis que unha revista, como afirmou Tamuxe, trátase dun verdadeiro tomo histórico e de investigación da comarca do Baixo Miño (centrada neste número en Tui), pois consta de 308 páxinas con doce interesantísimas colaboracións realizadas por diferentes membros do Instituto de Estudios Tudenses.




Entre os asistentes ao acto e que desta vez non publicaron artigo, puidemos ver tamén aos historiadores Domingo Luis González Lopo, Rafael Sánchez Bargiela e Juan Ramón Martínez Barbosa, todos eles membros do IET.




Nunha entrevista realizada hoxe mércores 2 de xaneiro de 2013 por José Font, director e fundador da Radio Municipal de Tui ao rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe, descubrimos un pouco máis deste Instituto que se fundou en 1991.

Velaquí vos deixamos a relación de colaboracións deste número 3 de "Castellum Tyde".

"Don Jesús Gómez Sobrino en el recuerdo”
Ernesto Iglesias Almeida

“Escavacación arqueolóxica para a rehabilitación dunha vivenda na rúa Tide, nº 10 de Tui”
Soledad Prieto Robles
Juan José Perles Fontao

“Nuevas aportaciones arqueológicas sobre el Val do Fragoso y Miñor (Pontevedra)”
José Manuel Hidalgo Cuñarro

“Las murallas del Monte Aloia. A la búsqueda de sus orígenes”
Jaime Garrido Rodríguez

“O territorio do bispado de Tui na ‘Descripción y cosmografía de España’ de Hernando Colón (1517.1523)”
Clodio González Pérez

“A familia Caldas Pereira de Castro de Tui e o padroado da Igreja de Santa Eulália de Cerdal en Valença do Minho”
Alberto Pereira de Castro

“Aportación ao estudo histórico do Santo Oficio no Baixo Miño: A Inquisición no Concello da Guarda (I)”
Xoán Martínez Tamuxe

“La custodia franciscana de San Simón: la instalación franciscana en el émbito tudense”
Juan M. Buján García

“A Corredoira tudense e a súa evolución urbana”
Suso Vila

“La Dolorosa de la Capilla de la Misericordia de Tuy”
Xabier Añoveros y Trías de Bés

“La Cámara de Comercio, Industria y Navegación de Tui: más de cien años de historia”
Ernesto Iglesias Almeida
  
“Celebración del milenario del martirio de San Pelayo en Tui (925-1925)”
Avelino Bouzón Gallego



28 dic 2012

HOXE PRESÉNTASE EN TUI O Nº 3 DE "CASTELLUM TYDE", REVISTA DO INSTITUTO DE ESTUDIOS TUDENSES




O Edificio da Área Panorámica de Tui acolle hoxe, venres 28 de decembro, a partir das 19:30 horas a presentación do nº 3 de "Castellum Tyde", libro-revista do Instituto de Estudios Tudenses.

O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez e as intervencións -entre outras- do presidente do Instituto, o rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe e os membros do mesmo, Marta Cendón Fernández e Jaime Garrido Rodríguez.


27 dic 2012

A XOGADORA ROSALEIRA SARA ALONSO BARBOSA, CONVOCADA POLA SELECCIÓN GALEGA INFANTIL DE BALONMÁN


Na imaxe, de esquerda a dereita, Sara, Marta e Lara


Informa: Manuel Ángel Pombal Diego

Tres xogadoras do Atl. Guardés infantil feminino participan coa selección galega no “I Torneo de Navidad” de Seleccións Autonómicas Infantil de Balonmán que se celebra esta fin de semana en Santander.
As xogadoras Sara Alonso Barbosa (O Rosal; lateral), Marta Pombal Martínez (Oia; lateral) e Lara Silva Pérez (A Guarda; pivote) do Atl. Guardés da División de Honra Infantil Feminina foron seleccionadas para participar coa selección galega da súa categoría no “I Torneo de Navidad” de Seleccións Autonómicas Infantil de Balonmán, que se celebra do 28 ao 30 de decembro na localidade cántabra de Santander. 
Unha vez suspendido, por mor da crise, o Campionato de España Infantil que este ano tiña que organizar a nosa Comunidade Autónoma, varias federacións autonómicas comezaron a buscar alternativas para os xogadores e xogadoras que levan varios meses adestrando pensando nesa cita. 
Desta forma, Galicia participará cos seus equipos masculino e feminino, xunto coas Comunidades de Navarra, Euskadi, Cantabria, e Castela-León, no torneo organizado pola Federación Cántabra de Balonmán. 


Como preparación para este torneo, as dúas seleccións participaron a pasada fin de semana no Torneo Internacional Base Azul, que se celebrou os días 21, 22 e 23 de decembro na cidade de Pontevedra. No torneo de Pontevedra participaron varios equipos galegos e portugueses, así como as seleccións galegas infantil masculina e feminina, e a cadete feminina, pero xogando estas nunha categoría superior, para así nivelar as forzas. No caso concreto da selección galega infantil feminina, ésta enfrontouse aos equipos cadetes da S.D. Teucro de Pontevedra, Lavadores de Vigo e Maia Stars de Portugal.
En Santander xogarán un total de catro partidos, un o venres pola tarde, dous o sábado (un pola mañá e outro pola tarde), e outro o domingo pola mañá.
Agardemos, pois, que as dúas seleccións fagan un bo papel en Cantabria, tendo como horizonte aprender todo o que se poida, pasalo ben e non mancarse, ao mesmo tempo que lle desexamos todo o mellor ás nosas representantes.

O PUNTO DE INFORMACIÓN DE CRUZ ROJA BAIXO MIÑO CONTINÚA ABERTO





Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño


Recordamos que continúa abierto el Punto de Información Laboral que Cruz Roja Baixo Miño tiene en funcionamiento desde el 2010. Pueden acercarse a este punto en horario de lunes a viernes de 08.00 a 15.00.
En este punto además de realizar el currículum, las personas que se acerquen recibirán nociones sobre la búsqueda a través de las nuevas tecnologías, así como podrán consultar de forma actualizada las ofertas semanales en la provincia de Pontevedra.
Si fuese necesario contamos con la posibilidad de realizar copias de currículums de forma gratuita.

Desde  Cruz Roja, como entidad de carácter social se realiza una intensa labor con los colectivos más desfavorecidos, entre ellos los desempleados. Por todo tenemos en marcha las siguientes líneas de actuación:

·        Facilitar el acceso a las nuevas tecnologías.
·        Ofrecer asesoramento para la búsqueda de empleo.
·        Fomentar hábitos constantes de búsqueda activa de empleo.

Para más información pueden dirigirse a:
Cruz Roja Baixo Miño
C/ Agustín nandín Lomba, nº 1 Bajo.
Teléfono: 986614609/606348471
laguardia@cruzroja.es

O CANTANTE ROSALEIRO JOSÉ PÉREZ ACTÚA EN LUAR O VENRES 4 DE XANEIRO




Como xa tiñamos anunciado, o cantante rosaleiro José Pérez actuará o vindeiro venres 4 de xaneiro de 2013 na segunda fase do concurso "Recantos" do coñecido programa Luar (TVG) coa canción "Libre" de Nino Bravo.

Dende Noticias O Rosal ¡¡moita sorte José!!

26 dic 2012

O CLUB CICLISTA O ROSAL DESEXA A TODOS/AS UN BO NADAL E FELIZ ANO 2013




Velaquí vos deixamos o enlace á web e felicitación do Club Ciclista O Rosal para estas festas de Nadal e Aninovo, onde non se esquecen dos seus ciclistas, socios e simpatizantes.

Anuncian así mesmo que o vindeiro domingo 30 de decembro "péchase o calendario galego coa disputa do Campionato Galego de Ciclocross en Domaio (Moaña), carreira na que Raúl, Toñi e Zaida teñen moitas posibilidades de podio".