30 ene 2011
Obradoiro de Teatro Leído para maiores
30.1.11
Comentar
Velaquí vos deixamos a última nota de prensa de Cruz Roja recibida na nosa redacción, que publicamos íntegra e literalmente:
Cruz Roja Española en el Baixo Miño iniciará en el próximo mes de febrero una nueva actividad, gratuita, para mayores de 65 años, denominada TALLER DE TEATRO LEÍDO. Esta actividad se desarrollará los martes y jueves en horario de 10.00 a 11.30, probablemente en el Recreo Artístico de A Guarda. Todavía hay plazas vacantes, por lo que los interesados deberán dirigirse a la Asamblea Comarcal de Cruz Roja en A Guarda para informarse o inscribirse.
El taller no pretende hallar o preparar buenos actores, sino proveer a los participantes de una serie de conocimientos, aptitudes y habilidades que mejoren sus relaciones con el medio que le rodea, lo cual se llevará a cabo mediante el juego y de forma lúdica. También se intentará desarrollar la expresión corporal para conocer el cuerpo y sus posibilidades como instrumento, para su desarrollo personal y como herramienta de conexión con el medio en que se desenvuelve el sujeto.
Los objetivos del taller de teatro leído son:
-Fomentar la capacidad para pensar, razonar, criticar o tener iniciativas (por ejemplo a través de improvisaciones, análisis colectivos de las escenas y los ensayos, aportaciones y modificaciones sobre la obra, etc.).
-Fomentar la comunicación. Debemos leer e interpretar lo leído, hablar con corrección, vocalizar y expresarnos con fluidez (se puede conseguir con lecturas dramatizadas y debate sobre el texto, vocalización, hablar en público, expresión oral y corporal, etc.).
-Finalmente la adquisición de habilidades de carácter social, por ejemplo, trabajar en grupos, desenvolverse en las relaciones interpersonales, organizar y planificar el trabajo colectivo y el individual (a través de ejercicios de desinhibición ante el público, dinámicas y trabajo en grupo, coordinación del trabajo de escena y los distintos papeles, diseño, planificación, organización, adquisición y ejecución del vestuario y los decorados, etc.).
Estas actividades se encuentran enmarcadas dentro de las acciones de envejecimiento activo que Cruz Roja desarrolla en la comarca de O Baixo Miño dirigidas a personas mayores.
Las personas interesadas pueden solicitar más información en:
Cruz Roja Baixo Miño
C/ Agustín Nandín Lomba, Nº bajo
En horario de 8:00 a 15:00 h y de 16:00 a 19:00 h.
Tfno: 986 61 46 09 / 606 348 471
E-mail: laguardia@cruzroja.es 27 ene 2011
Rapaces do San Xerome e Avelaíña, en Lisboa
27.1.11
Comentar
Un grupo de mozos e mozas dos Centros San Xerome e Avelaíña viaxaron, o xoves 27 de xaneiro, a Lisboa no marco do proxecto europeo: “JÓVENES CON EUROPA: UN DIÁLOGO DE PARTICIPACIÓN E IGUALDAD”. Alí participarán, ata o domingo día 30 de xaneiro, en diferentes actividades con mozos e mozas do Centro Cercipóvoa da localidade de Santa Póvoa de Iria, situada a 30 minutos de Lisboa.
O Proxecto consiste no achegamento de rapaces con discapacidade intelectual i enfermidade mental ás institucións democráticas, dende o ámbito local ata o europeo.
Os obxectivos son o coñecemento das institucións e o seu funcionamento, valorar as decisións que se toman con respecto á discapacidade e achegar as inquedanzas e propostas aos responsables das decisións.
Os participantes serán 16 rapaces e rapazas galegos e portugueses, coordinados dende o Centro San Xerome Emiliani, que tentarán que se escoiten as súas propostas para mellorar a súa realidade.
Nos próximos meses o grupo viaxará a Madrid e Bruxelas, grazas á concesión dunha axuda da Acción 1 “Juventud en Europa” do Ministerio de Sanidade e Política de Igualdade.
25 ene 2011
Vitoria do Mecalia Atl. Novás ante o Cisne BM
25.1.11
Comentar
Segundo podedes ler no foro do Mecalia Atlético Novás, o encontro disputado no pavillón municipal o sábado 22 de xaneiro ante o Cisne BM foi un “partido de ida y vuelta, sin buen juego pero con gran emoción hasta el pitido final. La novedad fue que de nuevo se quedó Jacobo en el banquillo, que sigue aquejado de sus molestias, para ceder su puesto a Harris, y no salió enchufado el Novás que rápidamente se veía a remolque (1-4)”.
A crónica do partido segue incidindo en que “eran constantes los errores ante un acertado Toñi Lafuente. Rafa Gestido no tuvo su mejor tarde y el único que lograba batirlo era Ramón que sigue muy en forma”.
Recoñécese na web que “en defensa sufríamos para detener sus lanzamientos exteriores (la mayoría efectuados por Pachi) y los contraataques, provocados por nuestras pérdidas de balón”.
Importante decisión foi a que tomou o adestrador local: “Cambió el equipo Abel, sacó rápido a Manu en el central y en defensa pasó al 6-0 dando entrada a Marcos, reaccionando así el equipo, que le dio la vuelta al marcador para llegar con empate al descanso (12-12)”.
Sen embargo, afírmase que na segunda parte “sí salieron metidos los locales, que siguieron con el mismo 7 hasta el cambio de Manu por Pope”. Destacan que con “las paradas de Esteban, apoyado en la defensa que estaba muy metida, la ventaja fue de 4 goles”.
Ao final do partido un pouco de suspense xa que “unas malas decisiones arbitrales nos dejaron con cuatro jugadores”, pero que rematou con final feliz para os rosaleiros, logrando a vitoria por tan só un gol de vantaxe (26-25).
Sendeiro de Pescadores Río Miño-Tamuxe (día 5)
25.1.11
Comentar
O sábado 5 de febreiro (en caso de mal tempo sería o seguinte) terá lugar a segunda etapa do programa “O Rosal. Coñece o teu concello” co percorrido polo Sendeiro de Pescadores Río Miño-Tamuxe, homologado pola Federación Galega de Montañismo (PR-G 112).
Lembrar que a primeira destas saídas mensuais, a de xaneiro, foi aos Muíños do Folón e Picón, con demostración de moenda e realización da ruta de sendeirismo incluída.
En febreiro, polo tanto, tócalle á senda que comeza na parroquia de Eiras e continúa pola marxe do Miño para subir pola desembocadura do Tamuxe ata o Muíño das Aceñas (pódese facer nos dous sentidos). A variada e rica flora, así como a fauna que habita neste Espazo Natural do Baixo Miño, fai posible a súa inclusión no proxecto europeo Rede Natura 2000.
Para participar nesta iniciativa (que é gratuíta e aberta a todo o mundo), dende o Concello do Rosal recomendan anotarse -a cada etapa- no Departamento de Cultura e de Turismo (986 62 50 00), deixando nome e teléfono de contacto por se hai calquera cambio no programa.
Comezarase desta vez, en principio, ás 15:30 horas, dende o Muíño das Aceñas e realizarase “percorrido dobre”, xa que se chegará ás Eiras e se volverá de novo ao punto de partida (Aceñas), en total 14’4 quilómetros, para pasear e gozar deste marabilloso e natural contorno.
24 ene 2011
José Manuel Cores Tourís visita O Rosal
24.1.11
Comentar
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o venres 21 de xaneiro as obras de execución de beirarrúas na PO-353 no concello, onde a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investiu case 54.000 euros nos últimos meses.
Durante a visita, o delegado territorial estivo acompañado do alcalde da vila, Jesús Fernández Portela.
As obras, que acaban de rematar, consistiron na execución de 300 metros cadrados de beirarrúa con lousa hidráulica e máis abastecemento con ensanche de plataforma na travesía de Pancenteo, na estrada que une Fornelos con A Guarda.
O orzamento da construción destas beirarrúas foi de 53.483 euros e a empresa encargada da súa execución foi Escavacións Pérez.
A maiores, o delegado territorial, acompañado do alcalde do Rosal, aproveitou tamén para comprobar a obra recentemente rematada no campo de fútbol de A Mata no que se instalou un muro de contención co obxectivo de estabilizar a zona onde se atopa situado. Esta obra roldou os 58.000 euros e foi adxudicada á empresa Xérmolo.
22 ene 2011
Nace un novidoso equipo de rallies no Rosal
22.1.11
Comentar
Os mozos rosaleiros Sergio Alonso Treinta e Zaira Solla Rodríguez crean o equipo de rallies ALONSO30 COMPETICIÓN. En breve publicaremos a nosa ENTREVISTA-REPORTAXE onde coñeceremos todo o referente ao seu ilusionante proxecto.
21 ene 2011
Cruz Roja Juventud organiza un novo curso
21.1.11
Comentar
Neli Rodríguez // Asemblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño
Segundo nota de prensa remitida á nosa redacción, Cruz Roja Juventud organiza un curso en Vigo para a incorporación de novos voluntarios ao seu proxecto "Sen Violencia-Convivencia" nas zonas do Baixo Miño.
A acción formativa que se vai a desenrolar é: mediador/a en prevención de condutas violentas de Vigo. Xa está aberto o período de inscrición e as prazas son limitadas.
Transcribimos literalmente dita nota de prensa:
"Cruz Roja Juventud en el Baixo Miño abre el plazo para la inscripción en el próximo curso de mediadoras/es en prevención de conductas violentas, que comienza el próximo 14 de Febrero de 2011.
Los destinatarios de esta acción formativa son jóvenes entre 18 y 35 años interesados en realizar actividad voluntaria en el proyecto Sen Violencia- Convivencia con población infantil y adolescente, en convenio con la Diputación Provincial.
Las características principales del curso de Mediadoras/es en prevención de conductas violentas, financiado por la Diputación Provincial, y que se celebrará en Vigo, son diploma de 80h repartidas en 50h teórico-prácticas y 30h prácticas. Las horas teórico-prácticas versan sobre los siguientes temas:
Justificación del programa; Psicología evolutiva; Acoso escolar; Derechos Humanos; Autoestima; Violencia; Violencia de Género; Habilidades sociales; Habilidades de comunicación; Resolución de conflictos; La Mediación; Manejo de grupos y Planificación de talleres.
Esta formación está enmarcada entre las acciones que el programa de Prevención de Conductas Violentas “Sen Violencia-Convivencia” viene desarrollando en convenio con la Diputación Provincial de Pontevedra desde el 2003. Entre las acciones desarrolladas destacan los talleres “Sen Violencia-Convivencia” de secundaria, los talleres “Veteri” de primaria, la intervención en resolución de conflictos en los centros de menores, charlas para familias y docentes, formación homologada para profesorado… además de la Jornada de Convivencia Escolar que se viene desarrollando año tras año en el Pazo de la Diputación Provincial.
La formación se desarrolla del 14 al 25 de febrero de 2011 en horario de 09:00h a 14:00h.
Para más información e inscripción los interesados podrán dirigirse a:
Asamblea Comarcal O Baixo Miño
r/ Agustín Nandín Lomba, 1 baixo
36780 A Guarda
Tlf: 986 61 46 09
Xeratrium, grupo de teatro do San Xerome
21.1.11
Comentar
O grupo de teatro Xeratrium, do Centro San Xerome, estreará o venres 21 de xaneiro a peza “Saturday night” no Centro Cultural de Allariz, convidados por “PUZZLE (Asociación que loita contra a exclusión social e laboral das persoas con discapacidade).
Esta Asociación, constitúese como tal en Allariz a 20 de decembro de 2007 coa finalidade de mellorar a calidade de vida, desenvolvemento integral e inclusión social e laboral das persoas con discapacidade da súa zona de influencia.
Nesta peza o grupo Xeratrium representa a importancia dos valores da Educación Vial para a sociedade. No ano 2009, o grupo foi o gañador do 2º premio a nivel estatal do Certame convocado pola DXT coa mesma temática.
Dirixe a obra Irene Moreira (Xerpo Cultural), Iván Riveiro é o responsable do son, e estarán sobre o escenario de Allariz: Marcio Fernandes, Cecilia Riveiro, Maite Barros, Rosalía González, Maite Santos, José Ramón Senra, Víctor Villa e Isaac Álvarez.
Está previsto que no mes de abril, organizado pola ANPA e dentro das actividades do 30 aniversario do Centro, a obra se represente no Baixo Miño.
20 ene 2011
Últimas prazas para o Obradoiro de Memoria
20.1.11
Comentar
O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal comunica que aínda quedan dúas prazas vacantes para participar no Obradoiro de Memoria para Maiores que en breve se celebrará no Centro Social Polivalente os martes e xoves de 17 a 18 horas.
Para máis información poden chamar ao teléfono 986 60 94 50.
Para máis información poden chamar ao teléfono 986 60 94 50.
Se estiveches en Francia, diríxete ao Polivalente
20.1.11
Comentar
Dende a concellaría de Servizos Sociais do Rosal que dirixe Mª Carmen Alonso, recoméndase que todas aquelas persoas que traballaran en Francia, en calquera réxime (agrario, xeral, autónomo, complementario e viúvas) o tempo que sexa, se dirixan ao Centro Social Polivalente ou chamen ao teléfono 986 60 94 50 e pregunten pola Traballadora Social para ser informadas das novas medidas adoptadas por este país.
19 ene 2011
Cursos de Lingua Galega para o CELGA no Rosal
19.1.11
Comentar
Cursos de lingua galega preparatorios para as probas do CELGA para particulares e no Concello do Rosal.
Convoca: Consellería de Educación.
Contido: convocatoria para solicitar participar en cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos diferentes niveis do CELGA para particulares en Pontevedra e Vigo (no caso da provincia de Pontevedra) así como para a realización dun curso preparatorio no Concello do Rosal (que tería lugar, no caso de ser concedido, de luns a xoves de 20.00 a 22.00 horas dende o 11 de abril ao 15 de xuño).
Para obter a acreditación do nivel de coñecemento e dominio da lingua galega, as persoas interesadas terán que realizar as probas correspondentes en xuño de 2011.
O día 1 de marzo sairá publicada na páxina www.xunta.es/linguagalega unha convocatoria específica de cursos en liña para preparar a proba do CELGA 1.
As datas dos exames serán os días 18, 19, 25 e 26 de xuño de 2011 para os niveis CELGA 4, 2, 3 e 1 respectivamente.
Prazo: o prazo para realizar unha instancia solicitando a participación nun curso preparatorio das probas do CELGA no Concello do Rosal rematará o día 28 de febreiro e a inscrición nas probas rematará o día 29 de abril de 2011.
Máis información e inscricións no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal (986 609450).
Programa Emega: apoio á nova muller empresaria
19.1.11
Comentar
Segundo se informa dende a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local da vila, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza oferta "subvencións para o apoio ao emprendemento feminino (Programa Emega)".
Obxecto: convocatoria de axudas para apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través das seguintes áreas de actuación:
-Área de actuación I: apoio á posta en marcha de iniciativas empresariais por mulleres en forma de primas básicas ao emprendemento, a través dunha achega económica que sirva de compensación ao esforzo económico do primeiro período de actividade e de estímulo para a creación de emprego feminino por conta allea.
-Área de actuación II: apoio á mellora de proxectos empresariais liderados por mulleres en forma de primas especiais que sirvan de incentivo para afrontar un proxecto de mellora caracterizado pola creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade.
Beneficiarios:
- Área de actuación I: as mulleres que, partindo dunha situación de desemprego por un período mínimo de 3 meses, constitúan microempresas ou pequenas empresas, baixo calquera forma societaria, incluídas as sociedades civís e comunidades de bens.
- Área de actuación II: as empresarias autónomas, microempresas e pequenas empresas.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 18/02/2011. Máis información no Centro Social Polivalente (r/Cabaqueiros, 4) no teléfono 986 60 94 50.
18 ene 2011
Primeira proba do ano para José e Óscar Rguez
18.1.11
Comentar
Texto: Roberto Valladares
O pasado sábado 15 de xaneiro celebrouse en Fafe (Portugal) o Rali de Montelongo, proba puntuable para o Open de Ralis, Trofeo Nacional de Clássicos, Campeonato Júnior, Campeonato Regional Norte e Campeonato Regional Nordeste.
Neste rali participou un equipo rosaleiro, con José Rodríguez como piloto e Oscar Rodríguez, copiloto. Unha tempada máis, co fiable Opel Corsa, que a pesares de ter varios sustos e de dar algún toque realizaron unha magnífica proba, logrando rematar en 19ª posición.
A vitoria foi finalmente para Antonio Rodrigues e Jorge Carvalho, cun Citroën Saxo Grupo A. Segundo foi o Peugeot 306 GTI de Rui Salgado e Luis Godinho, pechando o podium Fabricio Lopes e Pedro Vaz, cun Peugeot 206 GTI.
O máis destacado entre os pilotos galegos e primeiro clásico foron Germán Gómez e Venture Jiménez cun Porsche 911 Carrera RS.
Esta proba estivo marcada pola forte saída de pista no primeiro tramo de Jorge Santos e Isabel Branco cun Citroën Saxo S1600. Agardamos a súa pronta recuperación.
Curso de primeiros auxilios con maiores
18.1.11
Comentar
Neli Rodríguez / Asemblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño
Transcribimos literalmente a nota de prensa remitida á nosa redacción:
"Cruz Roja Española en el Baixo Miño convoca un curso de interés sanitario, dirigido a personas mayores de 16 años, que estén interesadas en adquirir conocimientos acerca de Primeros Auxilios.
El curso de Primeros Auxilios con Personas mayores, baremable para el SERGAS tiene una duración de 20 horas teórico – prácticas. Las fechas serán los días 12, 19 y 26 de Febrero de 2011.
El objetivo general es capacitar a los alumnos para desarrollar correctamente su actuación ante una urgencia, así como facilitar la adquisición de conocimientos y un nivel adecuado de formación en cuanto a los contenidos.
En su estructura el curso incluye los siguientes módulos:
a. El envejecimiento; b. Objetivos; c. ¿Qué es el socorrismo?; d. Pauta Generales de actuación ante una situación de emergencia; e. La cadena de supervivencia. Conceptos; f. Reanimación cardiopulmonar básica en adultos; g. Posición lateral de seguridad; h. Movilidad y manejo urgente de las víctimas; i. Exploración secundaria; j. Obstrucción de la vía aérea por cuerpo extraño; K. Hemorragias; l. Quemaduras; m. Electrocución; n. Heridas; o. Traumatismos; p. Intoxicaciones; q. Mordeduras y picaduras de animales; r. Urgencias médicas; s. El botiquín; t. Prevención de accidentes; u. Bibliografía.
La acción formativa se llevará a cabo en A Guarda y todas las personas interesadas pueden solicitar más información en Cruz Roja Baixo Miño, situada en la C/ Agustín Nandín Lomba, nº1 bajo o llamando a los teléfonos 986 61 46 09/ 606 348 471, en horario de 8:00 a 15:00 h y de 16:00 a 19:00 horas.
El plazo de inscripción acaba el 9 de febrero y el número de plazas es limitado. La realización del curso queda sujeta a que se cubra el número de plazas. El coste del curso será de 60 €".
Festas na honra de San Vicente, Marzán 2011
Os días 21, 22 e 23 de xaneiro celebraranse en Marzán (O Rosal) as Festas na honra de San Vicente 2011.
O venres 21, a partir das 18:00 horas, haberá unha GRAN ZORZADA E CHOURIZADA acompañada polo "Son Musical ELECTROSIL".
O sábado 22, ás 11 h. da mañá, Misa na honra de San Vicente. A partir das 17:00 horas, GRAN CALLADA CASEIRA. Ás 22 horas comezará a VERBENA a cargo da orquestra Mar Azul e o Grupo Niebla.
O domingo 23, ás 8 da mañá, unha salva de bombas anunciará o comezo do DÍA GRANDE. Ás 11:30 horas, Misa na honra de San Vicente, con Sermón e Procesión, cantada pola CORAL DO ROSAL. De seguido procederase á SUBHASTA DE PRODUTOS TÍPICOS.
Unha gran tirada de fogos porá fin ás festas de San Vicente 2011. Dende a Comisión de Festas lembran que o recinto estará cuberto.
Primeira etapa: Ruta dos Muíños do Folón-Picón
18.1.11
Comentar
O sábado 15 de xaneiro tivo lugar o primeiro percorrido turístico-cultural pola vila rosaleira dentro do programa “O Rosal. Coñece o teu concello”.
Un cento de persoas de toda a comarca do Baixo Miño asistiu ao curioso proceso de moenda no “Muíño das Laxes” cunha demostración “in situ” da conversión do millo en fariña para, de seguido, comezar a ruta polo Folón.
Lembrar que esta ruta dos muíños do Folón-Picón, está homologada pola Federación Galega de Montañismo, sendo considerados os seus enxeños “Ben de Interese Cultural” pola Xunta de Galicia (1998).
Lembrar que esta ruta dos muíños do Folón-Picón, está homologada pola Federación Galega de Montañismo, sendo considerados os seus enxeños “Ben de Interese Cultural” pola Xunta de Galicia (1998).
Segundo afirmou o alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela “estes percorridos pola nosa vila realizaranse durante todo este ano 2011, os primeiros sábados do mes, para descubrir os aspectos culturais menos coñecidos do municipio e os nosos lugares máis pintorescos”. O Alcalde recoñeceu así mesmo que con estas rutas “tamén se pretende pasear, facer un pouquiño de sendeirismo, de deporte e como non, estar en contacto coa natureza”. Fernández Portela estivo acompañado nesta visita aos Muíños, pola concelleira de Turismo, Ángeles Vicente Manzano, o edil de Deportes, Ángel Martínez Villa e a responsable de Educación, Mabel Franco Pérez.
As oportunas explicacións sobre a ruta e a historia destas vellas construcións correron a cargo do guía municipal, Juan Ramón Martínez Barbosa, coautor con Xoán Martínez Tamuxe, do libro Os Muíños do Folón e do Picón na Vila do Rosal. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia.
Os participantes desta primeira “andaina” organizada polo Concello do Rosal descubriron todos os segredos que envolve este singular e numeroso grupo de muíños (67 enxeños hidráulicos: 36 no Folón e 31 no Picón) e gozaron das marabillosas vistas que ofrece o monte denominado Campo do Couto cara ao Val rosaleiro, a desembocadura do río Miño e Portugal.
A próxima cita, se o tempo o permite, será o sábado 5 de febreiro, co percorrido polo Sendeiro de Pescadores Río Miño-Tamuxe (7’2 km). A senda, que comeza na parroquia de Eiras, continúa pola marxe do Miño para subir pola desembocadura do Tamuxe ata o Muíño das Aceñas. A variada e rica flora, así como a fauna que habita neste Espazo Natural do Baixo Miño, fai posible a súa inclusión no proxecto europeo Rede Natura 2000.
Comezarase desta vez, en principio, ás 15:30 horas, dende o Muíño das Aceñas e realizarase “percorrido dobre”, xa que se chegará ás Eiras e se volverá de novo ao punto de partida (Aceñas), en total 14’4 quilómetros, para pasear e gozar deste marabilloso e natural contorno.
Para participar nesta iniciativa, dende o Concello do Rosal recomendan anotarse -a cada etapa- no Departamento de Cultura e de Turismo (986 62 50 00), deixando nome e teléfono de contacto por se hai calquera cambio no programa.
Comezarase desta vez, en principio, ás 15:30 horas, dende o Muíño das Aceñas e realizarase “percorrido dobre”, xa que se chegará ás Eiras e se volverá de novo ao punto de partida (Aceñas), en total 14’4 quilómetros, para pasear e gozar deste marabilloso e natural contorno.
Para participar nesta iniciativa, dende o Concello do Rosal recomendan anotarse -a cada etapa- no Departamento de Cultura e de Turismo (986 62 50 00), deixando nome e teléfono de contacto por se hai calquera cambio no programa.






























