TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

17 nov 2009

Estivemos con Serafín Martínez e Gustavo César Veloso en Vigo nun acto de Fibanc-Mediolanum

O pasado xoves 12 de novembro tivo lugar no restaurante Siete Torres da cidade olívica un evento organizado polo banco Fibanc-Mediolanum ao que asistiron os ciclistas profesionais do Xacobeo Galicia, Serafín Martínez Acevedo e Gustavo César Veloso.
O acto central desta velada foi a entrega do maillot da combinada que obtivo o rosaleiro Serafín Martínez na “Vuelta a España” á súa consultora financeira persoal, Ángeles Franco.
Lembramos que Serafín contou nesta rolda ciclista co patrocinio de Fibanc-Mediolanum, banco especializa-
do na xestión do aforro e os servizos bancarios das familias, filial en España do Grupo Mediolanum, un dos primeiros 50 bancos europeos. Un dos seus carteis xigantes da autoría de Carlos Treinta co logotipo "Segue o Diario de Sera en Noticiasorosal" aínda se pode ver a día de hoxe en Goián, tal e como lembrou Ángeles Franco na súa intervención.
Neste interesante encontro tamén participou o seu compañeiro de habitación e gañador dunha etapa na “Vuelta a España”, Gustavo César Veloso, quen igualmente agradeceu ao banco a súa colaboración, contando varias anécdotas que fixeron as delicias do numeroso público que ateigaba as instalacións do coñecido restaurante vigués.
O conselleiro delegado de Fibanc-Mediolanum, o italiano Vittorio Colussi, presentou nunha pequena charla os principais datos da entidade e entregoulle a Serafín Martínez unha praca conmemorativa de recordo. Despois desta intervención tomou a palabra Dositeo Amoedo, responsable de Fibanc en Galicia, quen convidou a coñecer este banco e ao igual que o Sr. Colussi subraiou a importancia de que todos os galegos dispoñan dun asesor financeiro persoal, que lles axude a xestionar con tranquilidade e profesionalidade os seus aforros.
Ao final do acto as máis de 300 persoas asistentes, entre as que se atopaban representantes de asociacións, institucións e mesmo deportistas, foron invitadas pola entidade Fibanc-Mediolanum a un aperitivo nun dos salóns dese mesmo restaurante. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe.

1 comentario:

  1. Vaia dous cracks! o Xacobeo fixo o correcto con vós, noraboa!

    ResponderEliminar