TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

1 nov 2009

Volvemos de novo e para empezar, habilitamos na páxina a sección de comentarios

Despois de exactamente dúas semanas -e aínda que non realizamos case ningunha das reformas que temos proxectado- retomamos a actividade de Noticias O Rosal debido ás vosas múltiples peticións e co sinxelo motivo de ofrecervos información dos vindeiros actos que se levarán a cabo proximamente na vila.
Agradecemos de corazón as innumerables mostras de apoio que nos tedes transmitido e seguindo algunhas das vosas suxestións imos a habilitar na páxina dende xa, por exemplo, a posibilidade de que comentedes as diferentes noticias que publiquemos. Tal e como afirmamos na nosa mensaxe de "Benvida" dende o primeiro momento -maio de 2008- que decidimos crear este blog, Noticias O Rosal é unha web cultural e turística, independente, non política nin movida por intereses económicos. O noso único obxectivo e satisfacción -como dixemos- é aportar o noso gran de area á cultura e á información, tanto para os propios rosaleiros (rosaleses) como para quen desexe saber polo miúdo que é o que ocorre nestas fértiles terras, neste "Xardín do Baixo Miño".
Por iso -repetimos- que aínda que damos toda a liberdade do mundo quen desexe facer política neste blog, críticas destrutivas, insultar ou faltar ao respecto, por favor que elixa outro tipo de sitios web porque o seu comentario eliminarase automaticamente. Nesta nova etapa contaremos -aparte por suposto da vosa inestimable aportación- con recoñecidos colaboradores literarios e xornalísticos da comarca do Baixo Miño (e aínda da cidade de Vigo e Galicia en xeral) que se encargarán de axudarnos con diferentes reportaxes, noticias, opinións, etc.

2 comentarios:

  1. Olaa!! xa botaba de menos estar informada. Xenial o dos comentarios :) ¡¡vémonos o viernes no Audi!!

    ResponderEliminar
  2. Enhorabuena por su blog les seguimos attmte desde Buenos Aires

    ResponderEliminar