19 may 2009
Medio centenar de automóbiles antigos pararon o sábado no Rosal nun día marcado pola choiva
19.5.09
Comentar
Celebrouse a Festa de San Isidro 2009
19.5.09
Comentar
Os días 15 e 16 de maio celebráronse na Praza do Calvario do Rosal as
festas en honor a San Isidro. O venres ás 10 da mañá percorreu a vila o grupo de gaitas "Os Beira Miño". Ás 12 horas tivo lugar a Misa Solemne -en galego- que foi oficiada polo abade párroco D. Julio Ramos Rodríguez, asistido por D. Isaac Penela Carbajales. Houbo como é habitual sermón e a procesión de ritual. O sábado 16 e debaixo da carpa instalada para a ocasión tivo lugar a gran subasta de produtos típicos da nosa terra. Aquí vos deixamos a reportaxe destes actos: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/FestaDeSanIsidro2009NoRosal#
Correlingua 2009 na Praza do Calvario do Rosal
19.5.09
Comentar
17 may 2009
Programa para o Día das Letras Galegas
17.5.09
Comentar
Baixo a organización da Agrupación Musical de O Rosal e o Concello, xunto coa colaboración da Fundación O Rosal, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra terán lugar na Praza do Calvario multitude de actos con motivo do Día das Letras Galegas que este ano se lle dedica a Ramón Piñeiro:
11,00 h: Grupo de Gaitas
11,30 h: Grupo de Clarinetes Kla-son
12,30 h: Banda Infantil
16,00 h: Grupo de Pandeiretas "Ir e Vir"
17,00 h: Monicreques
18,00 h: Coro Infantil
18,30 h: Grupo de Pandeiretas "Lirolai", grupo de Tamborís e Gaitas
19,00 h: Grupo de Saxos
19,30 h: Grupo Folk "Can de Palleiro"
(Horarios aproximados). Durante todo o día serviranse tapas de polbo á feira, zorza, tortilla, empanadas, rosca de rexóns, filloas, doces e pasteis caseiros, acompañados dos exquisitos viños do Rosal. Paralelamente haberá actividades como obradoiros para nenos e nenas, xoguetes antigos ou exposicións de diferentes asociacións.
14 may 2009
En xuño comezará un curso para obter o PNB
14.5.09
Comentar
O Concello do Rosal está organizando un curso para obter o título PNB (Patrón de Navegación Básica). Levarase a cabo a partir do mes de xuño. O custo aproximado é de 450 euros. As persoas interesadas en inscribirse ou recibir máis información deben dirixirse ao Centro Social Polivalente ou chamar ao teléfono 986 609450 antes do 23 de maio.
O "IV Rallye Club de Campo de Vigo para automóviles antiguos" parará o sábado no Rosal
14.5.09
Comentar
Segundo informa a concellaría de Turismo do Rosal que preside Ángeles Vicente Manzano o sábado 16 de maio a partir das 12 horas o “IV Rallye Club de Campo de Vigo para automóviles antiguos” fará unha parada na Praza do Calvario. Este evento conta coa colaboración do concello rosaleiro así como das seguintes adegas: Lagar de Cervera, Quinta de Couselo, Terras Gauda, Santiago Ruiz, O Aforado, Lar do Vieira, Bodegas la Val e Aldea de Abaixo. 13 may 2009
O venres 15 comezan as Festas de San Isidro
13.5.09
Comentar
Os días 15 e 16 de maio celebraranse na Praza do Calvario do Rosal a
s Festas en honor a San Isidro. O venres ás 10 da mañá percorrerá a vila o grupo de gaitas "Os Beira Miño". Ás 12 horas terá lugar a Misa Solemne con sermón e procesión. A verbena a partir das 21:30 horas coa orquestra "Costa Blanca" e o grupo de gaitas "A Boalleira". O sábado 16, e sobre as 19:00 horas presentación das orquestras "Super Fama" e "Estelares". Ás 8 da tarde, Gran Subasta de produtos típicos da nosa terra. Seguidamente, a verbena coas citadas orquestras.
s Festas en honor a San Isidro. O venres ás 10 da mañá percorrerá a vila o grupo de gaitas "Os Beira Miño". Ás 12 horas terá lugar a Misa Solemne con sermón e procesión. A verbena a partir das 21:30 horas coa orquestra "Costa Blanca" e o grupo de gaitas "A Boalleira". O sábado 16, e sobre as 19:00 horas presentación das orquestras "Super Fama" e "Estelares". Ás 8 da tarde, Gran Subasta de produtos típicos da nosa terra. Seguidamente, a verbena coas citadas orquestras.12 may 2009
Noticiasorosal entrevistou ao arqueólogo e mestre venezolano Alexi J. Rojas Guerra
12.5.09
Comentar
Grazas ás xestións da concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo, os días 15, 16 e 17 de maio, o recoñecido
mestre Alexi José Rojas Guerra, director do Museo Arqueoló-
gico Marapa (Estado Vargas, Venezuela) impartirá no Rosal un obradoiro de "Pintura Lítica". Inventor desta novidosa técnica (pintura elaborada artesanal-
mente a base de pedra triturada e pulverizada), o Sr. Rojas está de xira por Europa achegando as manifestacións rupestres internacionais, nacionais e mesmo de cada rexión que visita á xente interesada na temática. Noticiasorosal estivo con el e co seu amigo, o tamén arqueólogo e investigador Pablo Novoa Álvarez, afincado na nosa vila. Aquí vos deixamos esta pequena entrevista:
Alumnos do I.E.S. Doña Nieves López Pastor (Jaén) visitan os Muíños do Folón e Picón
12.5.09
Comentar
Concerto do XXIII Aniversario da Agrupación Musical do Rosal no Auditorio Municipal
12.5.09
Comentar
O sábado 9 de maio no Auditorio Municipal tivo lugar un concerto con motivo da celebración do XXIII Aniversario da Agrupación Musical do Rosal. O acto estivo presentado por Toñi Santos Vaquero e no concerto participaron a banda de música infantil que dirixe Celso Diego e a banda de música da dita agrupación, que nesta ocasión estivo dirixida polo director convidado César Núñez Pérez, interpretando as seguintes obras: Dunia Piris (Rafael Taléns Pelló), Gallaecia (José Bugallo Senra), Xenia Sarda (Hardy Mertens), West Side Story (Leornard Bernstein. Arr. W.J. Duthoit). Velaquí vos deixamos unha pequena reportaxe fotográfica:Cristóbal Dios (Hierros Diego), gañador do IV Gran Premio Deputación de Pontevedra
12.5.09
Comentar
O sábado 9 de maio celebrouse, baixo a organización do Club Ciclista O Rosal, o IV Gran Premio Deputación de Pontevedra que consistiu nun percorrido de 86 km polos8 may 2009
Nuria Villa Vicente e Vannia Palacio Suárez, gañadoras do cartel da XVII Feira do Viño
8.5.09
Comentar
A rosaleira Nuria Villa Vicente, natural de San Xoán de
Tabagón e a ecuatoriana residente en Madrid, Vannia Palacio Suárez, veñen de ser elixidas como as gañadoras do cartel anunciador da XVII Feira do Viño do Rosal que este ano se celebrará os días 17, 18 e 19 de xullo na Praza do Calvario. Como é tradicional estarán representadas a maioría das adegas pertencentes á subzo-
na do Rosal, nun evento que hoxe por hoxe recibe a visita de máis de 30.000 persoas para disfrutar dos viños, da gran variedade de produtos típicos e as numerosas actividades paralelas que completarán a oferta lúdica neses días.
5 may 2009
Presentouse o equipo "Sempre ó Corte" que participará no Campionato Galego de Rally
5.5.09
Comentar
O venres 1 de maio ás 23:00 h e coa colaboración do Concello do Rosal tivo lugar en Martín a Presentación do equipo rosaleiro “Sempre ó Corte” que, con dous coches, participará no Campionato Galego de Rally. Por un lado estarán ao volante dun Peugeot 205 Rally o piloto Jorge Díaz Ferreira (Chiño) e o seu copiloto Miguel Gómez Peláez (Fu
sco), que participarán no grupo X da clase 11. Por outro, cun Peugeot 205 GTI, o piloto José Calvar González (Calvar) e a súa copiloto Eva Costas Rodríguez que competi-
rán tamén no grupo X pero na clase 12. Ata Martín se achegaron para apoiar a este novo equipo rosaleiro -entre outros pilotos- Pablo Pazó, que este ano participa no Nacional de Rallyes sobre Asfalto e Pedro Burgo, que o domingo vén de impoñerse co seu Mitshubishi Evo VIII ao campión do Mundo Didier Auriol na final da “Carrera de Campeones – Trofeo Caixanova” que se disputou no recinto do IFEVI con motivo do Racingshow no Salón do Automóbil de Vigo. O equipo “Sempre ó Corte” quere agradecer publicamente a axuda e implicación do Concello e o seu alcalde Jesús Mª Fernán
dez Portela, ademais dos seus patrocinadores así como a desinteresa-
da cooperación da Comunidade de Montes de San Miguel de Tabagón, a adega Lagar de Cervera, o Bar San Martiño ou a tenda de recambios +EVO. En definitiva a todos os que fixeron posible a creación deste grupo humano de máis de 25 compoñentes e nesta ocasión a pilotos e particulares que axudaron na presentación e exposición de rally. Lembramos que o venres no Rosal púidose ver grazas á organización de “Sempre ó Corte” un Ferrari, un Mitshubishi Evo IX e tamén un Evo X, un Ford Sierra Cosworth, un ZX Kit-car, coches clásicos, de car cross, etc. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica:
3 may 2009
Os Campelos si son profetas na súa terra
3.5.09
Comentar
Festas na honra de San José Obreiro en Novás
3.5.09
Comentar















