Nico Ortega. (Foto: U.D. Ribera)
Os afeccionados que asistiron esta pasada fin de semana ao Estadio Municipal da Mata disfrutaron da importante vitoria da U.D. Ribera fronte ao líder da categoría, o Mos.
O veterano xogador rosaleiro Nico Ortega conseguiu perforar a meta mosense e anotou o gol do triunfo, que coloca ao club da vila en 5ª posición da táboa da Segunda Autonómica (Grupo XIII).
Destacar, entre outros resultados, que o equipo feminino venceu tamén na Mata, 2-0 ao Olivo Vigo, con goles de Laura Dacuña e Marce.
0 comentarios:
Publicar un comentario