Foto: Club Ciclista O Rosal
O ciclista rosaleiro Raúl Fernández Lorenzo, despois da súa vitoria "na casa" no XVI Trofeo Comunidade de Montes de Eiras, vén de conseguir unha nova proeza, xa que esta fin de semana fíxose co triunfo no XII Trofeo Concello de Santiago de Ciclocrós, disputado no circuíto da Granxa do Sexto, no Monte Pedroso.
(Foto: Club Ciclista O Rosal)
A web do Club Ciclista O Rosal, ao que pertence Raúl Fernández, relata desta maneira o acontecido: "Como xa fixera fai unha semana na Praia de Eiras, Raúl dominaba de principio ata o final a carreira da categoría Júnior e loitaba incluso cos Máster-30 polas primeiras posicións que tiñan saído un minuto antes, polo que se facía coa vitoria da súa categoría de maneira incontestable".
Raúl segue adiante aínda con "zancadillas". (Foto: @Fedevuelta/twitter)
Con este triunfo en Santiago de Compostela, Raúl "pasa a liderar de novo o Ranking Nacional de Ciclocrós da Federación Española de Ciclismo con 457 puntos por 450 do madrileño Diego Pablo Sevilla, que ocupa o segundo posto".
¡Dende Noticias O Rosal, noraboa Raúl!
0 comentarios:
Publicar un comentario