TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

3 jul 2013

O ROSALEIRO ROBERTO GONZÁLEZ BREY PROCLÁMASE CAMPIÓN DE ESPAÑA DE TIRO OLÍMPICO F-CLASS 900 YARDAS



Fotografías cortesía de R.G.B.

O rosaleiro Roberto González Brey, de San Xoán de Tabagón, vén de proclamarse recentemente en Parga (Lugo), Campión de España de Tiro Olímpico F-Class Open 900 Yardas (distancia ao obxectivo dende uns 800 metros).



O noso veciño, que pertence á "Sociedad Viguesa de Tiro Olímpico" (SOVITO), e que xa era Campión Galego, resultou ser o mellor de España a nivel individual e tamén por equipos, xunto aos seus compañeiros Sinesio Vergas (3º) e J. Antonio Lema (4º).



Segundo declaracións efectuadas a Noticias O Rosal, Roberto González Brey confírmanos que consegue desta maneira o billete directo para o Mundial que se disputará en breve na cidade de Ratón (Nuevo México-EEUU) pero que "está á espera de contar con diferentes patrocinadores para  participar neste importante evento".



Lembramos que Roberto foi homenaxeado no I Recoñecemento ao Mérito Deportivo que se celebrou na vila o pasado 20 de febreiro de 2011, xa que hai uns anos tamén conseguira ser Campión de Galicia de Paracaidismo.

¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa, Roberto!!

1 comentario:

  1. O millor de todo é que a mais de bo tirador é bo rapaz!! Noraboa Campión!

    ResponderEliminar