TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

23 jul 2013

NOTICIAS O ROSAL ORGANIZA UNHA RUTA GUIADA POLOS MUÍÑOS DO FOLÓN-PICÓN



O vindeiro sábado 27 de xullo a web cultural Noticias O Rosal organizará unha RUTA GUIADA POLOS 67 MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN, con motivo da conmemoración do seu V Aniversario en Internet.

O punto de encontro e saída está prevista ás 16:00 horas dende as inmediacións do Muíño das Laxes (nº 1 do Folón, en Martín, actual Oficina de Información).


Intervirán e guiarán esta ruta:

XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE, historiador, arqueólogo, escritor e investigador. Presidente do Instituto de Estudios Tudenses. Coautor do libro Os Muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico etnográfico de Galicia. 

RAFAEL DORADO RODRÍGUEZ, mestre carpinteiro e formador ocupacional. Na actualidade imparte no Rosal un curso de carpintería dependente da Consellería de Traballo. Técnico-artesán na restauración de muíños hidráulicos.

JUAN RAMÓN MARTÍNEZ BARBOSA, escritor e guía cultural. Director de Noticias O Rosal e Homeclaro.com. Coautor do libro Os Muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico etnográfico de Galicia.


Inscrición*: 3 € por persoa (nenos/as, gratuíto), que se pode formalizar nos comercios da vila. Xa solicitaron a folla donde poder apuntarse a Peluquería Ignacio, Bar-Tapería A Competencia, Bar Troya, Estanco O Rosal e a Confitería Rogelio.

Se algún local máis quere ser sede ou colaborar tamén con Noticias O Rosal, que contacte con nós nas redes sociais por privado, correo electrónico:
(noticiasorosal@hotmail.com) ou móbil (637 311 007).


Igualmente, dispoñemos dunha conta onde se pode aboar a inscrición para participar na ruta (2080 5439 31 3000104678, Novagalicia Banco), deixando nome e apelidos e a palabra MUÍÑOS como concepto.

A inscrición tamén se pode formalizar o mesmo sábado 27, no punto de encontro, intres antes da saída.

O prezo simbólico de inscrición para esta ruta é de 3 euriños por persoa, que se empregarán para que Noticias O Rosal non desapareza, destinando o recaudado para axuda do mantemento e melloras desta web cultural

Ao finalizar a ruta faremos diferentes sorteos entre todos os participantes.


(En caso de choiva e mal tempo, a ruta celebraríase o seguinte sábado 3 de agosto).

Agardando que colaboredes coa nosa causa e que nos acompañedes nesta máxica andaina pola historia, mitos e lendas destes Muíños do Folón e do Picón, recibide unha forte aperta. ¡Saúdos!

0 comentarios:

Publicar un comentario