Mª Jesús Rodríguez Pérez / Érguete Baixo Miño
A partir deste martes a Asociación Érguete Baixo Miño inicia diversos Talleres de prevención no IES A Sangriña de A Guarda dirixidos a mozos e mozas pertencentes aos cursos de 1º, 3º da ESO e 1º, 2º de PCPI, sumando un total de 183 participantes.
Os talleres a realizar son:
Taller de Comunicación e Habilidades Sociais – 1º ESO
Taller de Consumo e Valores – 3º ESO
Taller Non pasa nada, pasa algo? – 1º e 2º PCPI
Estas actividades, impartidas por unha Educadora e Traballadora Sociais da Asociación, contan cunha duración de 5 horas con cada grupo de alumnos/as –sumando un total 50 horas de intervención directa. Grazas á permanente colaboración por parte do IES A Sangriña podemos realizar estas actividades así coma a colaboración da Consellería de Sanidade – Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.
A finalidade destes talleres son adestrar en diferentes habilidades proporcionando ao alumnado un maior afianzamento da súa personalidade e unha mellor xestión dos posibles conflitos futuros, evitar o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas, concienciar sobre influencia da publicidade na conduta do/a consumidor/a, fomentar un consumo responsable e saudable e favorecer o espírito crítico entre os/as adolescentes que permanecen vinculados ao sistema educativo.
Máis información:
Érguete Baixo Miño
Rúa Colón, 20 – 36780 A Guarda (Pontevedra)
Tlf./Fax: 986 61 44 07
0 comentarios:
Publicar un comentario