TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

21 nov 2011

A nosa noraboa a Jonathan, que estivo a piques de pasar á final do concurso "Jóvenes Modelos 2011"



Informa: José Luis Rodríguez Fernández

O rosaleiro Jonathan Rodríguez Rodríguez, que conseguira pasar á final local do concurso “Jóvenes Modelos", organizado por El Corte Inglés e Faro de Vigo, non puido acceder á ultima proba a nivel de Galicia, pese a ser un dos favoritos do público.

El Corte Inglés de Vigo acolleu o pasado mércores 16 de novembro unha gala na que o xurado decidiu que os seis gañadores que representarán a Vigo na fase rexional sexan os seguintes: Michelle Teijeiro Calvo, Manuel Severo Rodríguez González, Sara Mª Tesouro, Damián Novo, Noelia Vila e Elías Armando de la Cruz.

Estes rapaces e rapazas competirán cos gañadoras de A Coruña e Santiago no centro comercial Marineda o xoves 24 de novembro. Desta final sairá a "Parella de Moda Galicia 2011".




0 comentarios:

Publicar un comentario