TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

23 nov 2011

Concerto da Agrupación Musical do Rosal con vistas a súa participación no V Certame Galego de Bandas




Informa: Montserrat Domínguez Otero / Agrupación Musical do Rosal

Con motivo da participación da Agrupación Musical do Rosal na sección primeira do V Certame Galego de Bandas realizaremos un concerto de presentación das obras que interpretaremos. O concerto terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal este sábado día 26 ás 17,00 h. e o programa será o seguinte:

- Adiós Tomiño! de Ademar Álvarez

- A lenda da Santa Compaña de David Cuevas

- Apocalypse de Derek Bourgeois

O día seguinte, domingo 27, a partir das 16,30 h. no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela terá lugar o Certame Galego de Bandas, participando na primeira sección as seguintes bandas, por esta orde:

- Banda Recreativa e Cultural de Bandeira

- Agrupación Musical do Rosal

- Agrupación Musical de Vincios

- Banda de Música de Valga

- Banda de Música Municipal de Caldas de Reis
 
Se algunha persoa está interesada en acompañar á Banda en autobús, poden anotarse na oficina da Agrupación ou no teléfono 986.62.63.11. O prezo da viaxe son 10 euros.

0 comentarios:

Publicar un comentario