TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

20 sept 2010

IMPRESIONANTE "VUELTA A ESPAÑA" DE SERAFÍN

Serafín subiu ao podium da Vuelta ata en seis ocasións

O ciclista profesional rosaleiro, Serafín Martínez Acevedo, pertencente ao equipo Xacobeo Galicia que dirixe Álvaro Pino, vén de realizar unha sensacional Vuelta a España 2010.

Serafín, que estivo durante 6 etapas como líder da Xeral da Montaña, rematou finalmente en segundo lugar tras unha dura loita co especialista francés do Cofidis, David Moncoutie, que se fixo coa súa terceira vitoria consecutiva nesta clasificación da Vuelta.

O rosaleiro, ademais, chegou a ser líder da Combinada e estivo a puntiño de gañar varias etapas tras meterse en multitude de escapadas, facendo un meritísimo 2º posto en Xorret de Catí, por detrás do propio Moncoutie.

Sen esquecernos da formidable actuación do líder do Xacobeo, Ezequiel Mosquera, segundo da Xeral, velaquí vos deixamos como quedou Serafín nas distintas clasificacións desta 75 edición da Vuelta a España:

XERAL: 63º posto, a 2h 00' 50'' do gañador Vincenzo Nibali.
PUNTOS: 39º posto, con 21 puntos (gañador, Mark Cavendish)
MONTAÑA: 2º posto, con 43 puntos, a 8 de Moncoutie (53)
COMBINADA: 18º posto, con 104 puntos (gañador, Nibali)

0 comentarios:

Publicar un comentario