19 may 2012
O CLUB CICLISTA O ROSAL ORGANIZA HOXE O XXI TROFEO PISTA AS FAIAS
Hoxe, sábado 19 de maio, e organizado polo Club Ciclista O Rosal, celébrase o XXI Trofeo Pista de As Faias, no circuito do mesmo nome, en San Xoán de Tabagón.
Segundo se pode ler na web do equipo rosaleiro, dará comezo ás 17:00 horas e competirán as categorías de Benxamíns, Alevíns e Infantís.
15 may 2012
ESTE XOVES, O II TORNEO ALEVÍN E BENXAMÍN U.D. RIBERA CONCELLO DO ROSAL "MEMORIAL IAGO AMEAL PEREIRA"
15.5.12
Comentar
Informa: Manuel Villa / http://www.torneosfutbolbase.org/
O próximo xoves día 17 de maio o campo de fútbol de A Mata no Rosal, acollerá o II Torneo Alevín e Benxamín U.D. Ribera Concello de O Rosal “ Memorial Iago Ameal Pereira”.
Durante toda a xornada competirán equipos da zona como A Guía, San Cayetano, Alameda, Goián, Oyense, Tyde, Gondomar e Ribera. En total serán 270 nenos que participarán nas categorías Alevín e Benxamín.
A organización convida a todos os equipos a un xantar na polideportiva do C.P.I. Manuel Suárez Marquier.
O Torneo se disputa na modalidade de fútbol 7. Serán 33 partidos en total e comezará ás 9:30 h. e rematará ás 20:00 h.
Dende a Organización e a Directiva do Ribera espérase que sexa un éxito de participación e que sirva de convivencia entre técnicos, xogadores, pais e aficionados de todos os equipos. Este tipo de eventos, donde os nenos son protagonistas, deben ser unha festa do deporte por riba dos resultados. animando aos xogadores a que sigan practicando deporte.
Nas imaxes, os equipos gañadores do pasado ano. Arriba, de blanco e negro, Gondomar benxamíns e abaixo, de verde e blanco, o Ribera alevíns.
COMUNICADO OFICIAL DA ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO ANTE A APARICIÓN DUNHA ESTAFA NO SEU NOME
Informa: Asociación Érguete Baixo Miño
Estes días, non sabemos exactamente cando comezaron, un grupo de persoas está pedindo nas rúas e polas casas de particulares cartos en nome da nosa Asociación ou citando a un membro da nosa Xunta Directiva.
Dende a Asociación Érguete Baixo Miño de A Guarda, dedicada a prevención das drogodependencias, educación e promoción da saúde queremos
COMUNICAR
que esta Asociación NON realiza ningunha actividade de petición de DONATIVOS porta a porta. As vías oficiais que temos para a achega de donativos ou axuda económica realízanse mediante as aportacións dos SOCIOS.
Polo tanto, queremos advertir a todos os veciños do Baixo Miño que en ningún momento colaboren de forma económica con estas persoas xa que se trata dunha ESTAFA.
Para calquera dúbida ou consulta poden contactar con nós a través do teléfono 986 61 44 07 ou na nosa sede sita na Rúa Colón, 20 (Edificio O Pescador) A Guarda.
ALBA CASTILLO COSTA, GAÑADORA DO CONCURSO DE CARTEIS DA XX FEIRA DO VIÑO DO ROSAL (13, 14 E 15 DE XULLO)
15.5.12
Comentar
Segundo se pode ler na web do Concello, "a XX Feira do Viño do Rosal celebrarase os días 13, 14 e 15 de xullo na Praza do Calvario. Nela estarán representadas a maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal.
Este ano a gañadora do cartel anunciador da XX FEIRA DO VIÑO DO ROSAL foi a viguesa Alba Castillo Costa. Nestes últimos anos este evento recibe a visita de máis de 30.000 persoas para disfrutar dos viños, dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completarán a oferta lúdica neses días".
14 may 2012
JOSE Y ROSY ACTUARÁN EN SANTANDER
14.5.12
Comentar
A parella de bailaríns "Jose y Rosy" non para, e este xoves 17 de maio, voará ata Santander para impartir un "intensivo de salsa" e presentar o seu novo traballo coreográfico.
Un dos mellores e máis modernos locais santanderinos, o "Coppelia Boîte" acollerá a actuación de "Jose y Rosy", que servirá como anticipo dun simposio internacional ao que asistirán en xuño no país veciño, Portugal.
¡¡Noraboa e moita sorte!!
O ROSAL HOMENAXEA A PAZ ANDRADE NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DESTE 2012
14.5.12
Comentar
O xoves 17 de maio, durante todo o día, celebraranse na Praza do Calvario do Rosal, actuacións musicais e diferentes actividades complementarias, organizadas pola Agrupación Musical do Rosal e o Concello, con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a Valentín Paz Andrade.
Actuarán grupos de gaitas, a Banda e o Coro infantís, Grupos de Cámara, Pandereteiras Orballo e mesmo o grupo de música tradicional Lirolai.
Están previstas sesións de contacontos, exposicións, xoguetes antigos e obradoiros para nenos.
Haberá, como é tradicional, tapas como polbo á feira, zorza, tortillas, empanadas, filloas e postres caseiros, regados polos exquisitos viños do Rosal.
11 may 2012
CRUZ ROJA BAIXO MIÑO REFUERZA SU RESPUESTA ANTE LA EMERGENCIA SOCIAL QUE VIVE LA COMARCA
Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño
Durante 2011 y el primer trimestre del 2012, Cruz Roja atendió de forma directa a más de 120 personas a través de sus programas sociales.
Cruz Roja alerta sobre el crecimiento de la precariedad social.
Cruz Roja Baixo Miño atendió a más de 120 personas en sus diferentes programas sociales en 2011 y primer trimestre del 2012, lo que supone un incremento cercano al 80% sobre la población atendida en 2010. Estas personas fueron beneficiarias de las medidas específicas relacionadas con el impacto de la crisis y una gran mayoría de estos usuarios recibieron alimentos.
Estas cifras visibilizan una nueva realidad económica: en los dos últimos años, el impacto de la crisis socioeconómica ha hecho que muchas personas que hasta hace poco se encontraban en contextos socioeconómicos seguros, hayan entrado a formar parte de los colectivos atendidos por la organización humanitaria.
El mismo contexto es responsable de un agravamiento importante de la situación de las personas vulnerables que ya participaban en los programas de Intervención Social de Cruz Roja Española.
El crecimiento del desempleo y la desigualdad social, así como los índices de desprotección generan una profunda preocupación a la Institución Humanitaria, que destaca el aumento de la precariedad en importantes capas de la población y los riesgos de fractura social que conlleva.
Además de reforzar los programas habituales de atención social y de lucha contra el desempleo y la discriminación en el mercado laboral, desde 2008 se está desarrollando un esfuerzo cada vez mayor en la atención de emergencias sociales, a través de respuestas básicas como el reparto de alimentos, enseres, alimentación infantil, material escolar, y otras como los puntos de información sobre empleo gestionados por personas voluntarias, las ayudas económicas de carácter puntual, talleres de economía doméstica, compra de fármacos, entrega de kits de higiene, etc…
Se trata de ayudas de primera necesidad en ámbitos en los que la población está recortando gastos para poder llegar a fin de mes. Las situaciones de privación material (nutrición inadecuada, pobreza energética, incapacidad de hacer frente a imprevistos) afectan a una parte importante de la población que atendemos.
Más allá de las cifras hay personas, familias, niños, jóvenes, mayores…que atraviesan situaciones muy difíciles y a las que Cruz Roja conoce de cerca e intenta dar respuesta gracias al compromiso cotidiano de más de 200.000 personas voluntarias que forman parte de la Institución.
El incremento de la respuesta de Cruz Roja frente a la crisis es posible también gracias a la contribución de entidades públicas y privadas, y de socios y donantes.
10 may 2012
A FESTA DE SAN ISIDRO CELÉBRASE ESTA FIN DE SEMANA (12 E 13 DE MAIO)
O sábado 12 e o domingo 13 de maio celebrarase no Rosal as Festas na honra de San Isidro, Patrono dos Agricultores.
O sábado haberá "pulpo á feira" durante todo o día. Xa a partir das 21 horas, verbena coa orquestra SAUDADE 73 e o grupo NIEBLA, que se prolongará ata altas horas da madrugada.
O domingo, ás 10 da mañá, fará a súa entrada a Banda de Gaitas Os Zoqueiros, de Porriño. Ás 12 horas, Misa Solemne con Sermón e Procesión.
De tarde, e a partir das 19 horas, presentación da orquestra PASSARELA. Ás 20 horas, GRAN SUBASTA de produtos típicos da terra.
Seguidamente, gran verbena a cargo da orquestra PASSARELA.
O recinto estará cuberto.
7 may 2012
A U.D. RIBERA ALEVÍN XOGOU CONTRA OS MELLORES EQUIPOS NACIONAIS NO VI TORNEO FÚTBOL BASE DE CERCEDA
7.5.12
Comentar
Información e imaxe: Abelardo López / U.D. Ribera
O pasado 28 de abril celebrouse no complexo deportivo O Roxo de Cerceda (A Coruña) a Fase Final de Fútbol 7 Alevín do VI Torneo de Fútbol Base Concello de Cerceda.
Dita fase final disputouse entre os catro primeiros clasificados da fase previa, entre os que se atopaba a U.D. Ribera de O Rosal.
O Fútbol Club Barcelona (na imaxe de grupo, co Ribera) proclamouse campión dun torneo no que tamén participaron equipos como o Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, Valencia C.F., etc.
2 may 2012
O CICLISTA ÁLEX LOMBA RODRÍGUEZ, LÍDER DO OPEN GALEGO DE BTT
O sábado 28 de abril, xusto o día da presentación do Club Ciclista O Rosal, dous dos seus corredores (Álex Lomba e Antonio Portela) desprazábanse ata Poio para participar no BTT Concello de Poio XC, finalizando en 3º e 4º lugar, respectivamente.
Con este resultado, Álex Lomba comanda a Clasificación Xeral do Open BTT de Galicia (na fotografía, co maillot blanco que o acredita como líder provisional).
ESTE VENRES SERÁ O 26 ANIVERSARIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL
O venres 4 de maio a Agrupación Musical do Rosal cumpre 26 anos dende a súa creación.
Lembramos que xustamente o 4 de maio de 1986, apadrinada pola "Banda de Música Juvenil de Xinzo" (Ponteareas), tivo lugar na Praza do Calvario a presentación oficial da "Banda Juvenil de la Agrupación Musical de O Rosal", baixo a dirección de D. Laureano Matos Barcia, de Camposancos (A Guarda), aínda que a primeira actuación en público levouse a cabo, cun grupo de gaitas "célula base da Banda" o 22 de xaneiro de 1984, festividade de San Vicente, en Marzán.
¡¡Noraboa a todos os músicos, familiares, directiva e colaboradores!! ¡¡A cumprir moitos máis!!
PRESENTACIÓN DA PLANTILLA DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2012 NO AUDITORIO
O sábado 28 de abril tivo lugar no Auditorio Municipal a presentación do Club Ciclista O Rosal 2012. Presentou o acto o seu secretario, Juan Ramón Villa, quen foi chamando un a un, e por categorías, a todos os integrantes deste proxecto, dende os propios deportistas ata os directivos do Club.
Asistiron -entre outros- o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, a tenente de alcalde, Mª Carmen Alonso, o concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz, así como os edís Mabel, Antonio, Ángel e Alberte, e ex-ciclistas e familiares dos deportistas.
Asistiron -entre outros- o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, a tenente de alcalde, Mª Carmen Alonso, o concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz, así como os edís Mabel, Antonio, Ángel e Alberte, e ex-ciclistas e familiares dos deportistas.
Tal e como se pode ler na web, "foron presentadas tamén as derradeiras incorporacións, como son os irmáns David e Rubén Carnero, Laura Teniente e Sergio Vicente na categoría Benxamín e María Correa e Marcos Fernández na categoría Alevín".
Raúl Fernández, Antonio Portela e Manuel González foron premiados pola Directiva do Club con sendos trofeos conmemorativos da súa última e magnífica temporada.
Un dos momentos máis emotivos da Presentación, foi a entrega dun cadro ao avó de Antonio Portela, con éste pousando nunha fotografía co maillot de Campión de España.
Ao final do acto, e como colofón, a Directiva do Club Ciclista O Rosal que preside Gerardo Álvarez Martínez, convidou a todos os asistentes a uns pinchiños, desexando que polo menos esta temporada se obteñan os éxitos da anterior.
Club Ciclista O Rosal
PLANTILLA CORREDORES 2012
Junior
Adrián Dorna Rodríguez
Adrián Vicente Martínez
Alejandro Lomba Rodríguez
Antonio Portela Rodríguez
Iván Morais Bouzas
Kevin Rodríguez Santísima Trinidad
Manuel González Lomba
Pablo Cividanes Durán
Cadete
Andrés Fernández Da Silva
Cristóbal Coímbra Piñeiro
Raúl Fernández Lorenzo
Infantil
Claudia Portela Rodríguez
Elsa Portela Rodríguez
Ero Sobrino Dorado
Manuel Dorna Rodríguez
Xoel Villa Rodríguez
Zaida González Martínez
Alevín
María Correa Rubio
Marcos Fernández Pérez
Mario Fernández Lorenzo
Principiante
Alberto García García
Andrés Lago Alonso
David Carnero Taveira
David Rodríguez Alvarez
Iago Álvarez Lomba
Irea Villa Rodríguez
Laura Teniente Pena
Rubén Carnero Taveira
Sergio Vicente Fernández
Yasir Martínez Silva
¡¡Dende Noticias O Rosal, o noso agradecemento polo convite e a nosa noraboa a ciclistas, directivos e colaboradores!!
26 abr 2012
"JOSE Y ROSY" ACTUARÁN EN VIGO PORTÉ. I CONVENCIÓN INTERNACIONAL DE DISCIPLINAS DE BAILE 2012
26.4.12
Comentar
Despois de presentar a súa nova coreografía cun grande éxito en Burgos, a parella de bailaríns rosaleira "Jose y Rosy" desprázase esta fin de semana máis preto, en concreto á cidade olívica, para participar en "Vigo Porté 2012. I Convención Internacional de Disciplinas de Baile".
Durante tres días (27, 28 e 29 de abril) o Palacio de Congresos Mar de Vigo acollerá shows, obradoiros e espectáculos de baile, ademais do "I Certame de Baile Ciudad de Vigo".
¡¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte para "Jose y Rosy"!!
O AUDITORIO ACOLLE A PRESENTACIÓN DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2012
Este sábado 28 de maio ás 20:00 horas, terá lugar no Auditorio Municipal o acto de presentación do Club Ciclista O Rosal 2012.
Dende a Directiva que preside Gerardo Álvarez Martínez convidan a este evento deportivo a todos os socios, simpatizantes e público en xeral.
25 abr 2012
O HUMORISTA ROBERTO CAMPELO ACTUARÁ NAS FESTAS DE NOVÁS
O martes 1 de maio de tarde e con motivo das Festas en Novás na honra de "San José Obreiro", terá lugar a actuación de Roberto Fernández Rodríguez, "Roberto Campelo".
O humorista rosaleiro, co seu show "A crisis tamén chegou a Novás", entrará en escea despois do Grupo de Pandereteiras Orballo da Agrupación Musical do Rosal e do Grupo de Acordeóns J.V. Armónica (con Jaime Vilas).
Haberá subasta, poñendo o broche final a estas Festas o grupo de música tradicional Deixandar.
24 abr 2012
O SÁBADO 12 DE MAIO CELÉBRASE NO ROSAL A FESTA DA BICICLETA
O sábado 12 de maio ás 18:00 horas terá lugar a Festa da Bicicleta, organizada polo Concello do Rosal coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra. O percorrido será o de costume e a idade mínima de participación é de 8 anos.


















.jpg)





