3 mar 2010
O Rosal. Día Internacional da Muller Traballadora
3.3.10
Comentar
Con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora que se conmemora o 8 de marzo, un día antes, o domingo 7, ás 19 horas terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal a lectura dun manifesto por Mª Jesús Videira, traballadora do Concello, así como unha exhibición de baile moderno a cargo do grupo Xamaraina, baixo a dirección de Elena Baz. Este será o primeiro dos actos que organizan conxuntamente a concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo e a concellaría de Muller que dirixe Mª Carmen Alonso para celebrar esta efeméride, xa que “queremos lembrar especialmente ás mulleres do noso concello que durante moitos anos foron o motor de moitos fogares nos que estiveron soas educando aos seus fillos e mantendo as súas casas”. Así mesmo afirman que “hai que recoñecerlles tamén ese traballo de quedar ao cargo de todas as tarefas dunha familia, dado que os homes tiveron que emigrar a outros países, ir ao mar ou máis antigamente traballar nas cabaqueiras”. As concellarías de Cultura e de Muller únense nesta ocasión para loitar “na busca da igualdade entre homes e mulleres, para que –sen caer no feminismo- sexa real e efectiva”.
2 mar 2010
1 mar 2010
IV Torneo de Cachiza na Alameda de Pías
1.3.10
Comentar
Participantes (2008)
Premiados (2007). Fotos: http://www.piasangregorio.blogspot.es
O sábado 6 de marzo celebrarase na Alameda de Pías o IV Torneo da Cachiza. A partir das 10 da mañá comezarán os adestramentos e poderanse formalizar as inscricións. Xa ás 3 da tarde comezará o Campionato, que este ano terá os seguintes premios:
1º Premio: unha cea para dúas persoas
2º Premio: dúas tapas de polbo á feira
3º Premio: unha rosca de roxóns
O prezo da inscrición será de 10 € por parella e se fará entrega dunha camiseta a todos os participantes. A cantina estará aberta todo o día. Haberá tamén cafés e chupitos. Este ano o público que se achegue ata Pías tamén poderá xogar á rá. Para máis información podedes contactar coa Organización no teléfono 606 417 814 e tamén no 639 884 645.
Sorteo da Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR)
1.3.10
1 comentario
1º PREMIO: VALE DE COMPRA DE 150€
2º PREMIO: VALE DE COMPRA DE 100€
3º PREMIO: VALE DE COMPRA DE 100€
4º PREMIO: VALE DE COMPRA DE 50€
5º PREMIO: VALE DE COMPRA DE 50€
6º PREMIO: VALE DE COMPRA DE 50€
7º PREMIO: UN XAMÓN.
O sorteo realizarase no local da Fundación O Rosal o día 31 de marzo ás 13:30 horas. Lembran dende ACOR que estes vales de compra só se dispensarán nos comercios colaboradores que aparecen no cartel anunciador do sorteo e poderán fraccionarse como os agraciados desexen.
28 feb 2010
Diplomas da "Asociación Española contra el Cáncer"
28.2.10
Comentar
27 feb 2010
Prazas vacantes no curso de Inglés (iniciación)
27.2.10
Comentar
O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do C
oncello do Rosal informa que quedan prazas vacantes no curso de Inglés nivel iniciación. O curso terá lugar os luns e mércores de 20.00 a 21.30 h. cun total de 24 horas de duración e comezará en canto se cubran estas vacantes. O prezo é de 48 euros o curso completo, entregándose ao final o correspondente certificado. Para máis información podedes achegarvos ata o Centro Social Polivalente ou chamar ao teléfono 986 60 94 50.
oncello do Rosal informa que quedan prazas vacantes no curso de Inglés nivel iniciación. O curso terá lugar os luns e mércores de 20.00 a 21.30 h. cun total de 24 horas de duración e comezará en canto se cubran estas vacantes. O prezo é de 48 euros o curso completo, entregándose ao final o correspondente certificado. Para máis información podedes achegarvos ata o Centro Social Polivalente ou chamar ao teléfono 986 60 94 50.Cea de fin de tempada do Club Ciclista O Rosal
27.2.10
Comentar
Segundo informa na súa web, o Club Ciclista O Rosal celebrará o sábado 6 de marzo a súa tradicional cea de fin de tempada nun coñe-
cido restaurante da vila como homenaxe á actuación dos seus ciclistas no pasado 2009, convidando a "socios, afeccionados e demais simpatizantes" a esta "festa do ciclismo rosaleiro". Para máis información e formalizar a inscrición podedes chamar ao teléfono 680 993 050.
13 e 14 de marzo, a Feira de San Gregorio 2010
27.2.10
Comentar
EXPOSICIÓNS
Exposición sobre "O deporte no Concello do Rosal".
-Material fotográfico e documental
·Exposición encaixe de palillos e palillada
·Exposición e venda de antigüidades
·Exposición de pintura: óleos de Charo Trigo
V Feira de Artesanía
ACTOS RELIXIOSOS NA CAPELA DE SAN GREGORIO
Sábado
Ás 20:15 horas, Misa rezada
Domingo
Ás 10:00 horas, Misa rezada
Ás 12:00 horas, Misa Solemne con Sermón e Procesión acompañada polo grupo de Gaitas A Boalleira.
ACTUACIÓNS
Sábado día 13
·O Grupo de Gaitas A Boalleira percorrerá as rúas do pobo.
·A partires das 17:00 horas, actuación para todos os públicos de "O xou do Paiaso Tururu" e o "Mago Yuri Cardinali".
·Se o tempo o permite haberá unha sorpresa para todos dende o aire.
·Apertura da Cantina coa degustación de viños das adegas do Rosal, acompañados de queixo, chourizos, empanadas e venda da tradicional ROSCA DE ROXÓNS (na súa XIII edición). Amenizará a Feira a Charanga "Os Da Orde".
Domingo día 14
·Polbo á feira todo o día a cargo dun polbeiro do Carballiño (Ourense).
·Pola mañá actuará de novo o grupo de gaitas A Boalleira.
·A partir das 18:00 horas, actuación do grupo da Guarda, A Lareira.
·Para rematar e como broche de ouro desta Feira, ás 19:30 horas, actuación do popular dúo humorístico do Rosal, "Os Campelos" (na fotografía, tamén en Pías, o ano pasado).
·Para rematar e como broche de ouro desta Feira, ás 19:30 horas, actuación do popular dúo humorístico do Rosal, "Os Campelos" (na fotografía, tamén en Pías, o ano pasado).Solteiras vs Casadas. Partido de fútbol en Novás
27.2.10
Comentar
26 feb 2010
24 feb 2010
A AECC organiza un curso na Vila do Rosal
24.2.10
1 comentario
I. Conocimientos generales sobre el cáncer, por Marián Pereira, médica da “Unidad de Cuidados Paliativos de la aecc Pontevedra”.
II. Habilidades sociales y de comunicación, por Elisa alonso, psicóloga da aecc Pontevedra.
III. Sintomatología del enfermo oncológico en fase terminal, por César Labrador, médico da “Unidad de Cuidados Paliativos del Hospital Nicolás Peña”.
IV. Sintomatología Psicológica, por Begoña Amaro, psicóloga da aecc Pontevedra.
23 feb 2010
Excursión comercial ás Termas de Monçao
23.2.10
Comentar
Organizada pola Asociación de Persoas Maiores do Rosal, o
venres 12 de marzo celebrarase unha excursión comercial ás Termas de Monçao cun circuito de dúas horas e media aproximadas e con comida incluída. Poderán anotarse todas as persoas maiores de 35 anos que o desexen. O custe desta actividade é de 18 €, ata cubrir as prazas. Inscricións e información no teléfono 986 60 94 50.
venres 12 de marzo celebrarase unha excursión comercial ás Termas de Monçao cun circuito de dúas horas e media aproximadas e con comida incluída. Poderán anotarse todas as persoas maiores de 35 anos que o desexen. O custe desta actividade é de 18 €, ata cubrir as prazas. Inscricións e información no teléfono 986 60 94 50.As grazas da Cruz Vermella e a Agrupación Musical
23.2.10
Comentar
Velaquí vos deixamos íntegra a mensaxe que foi remitida á nosa redacción: "Dende Cruz Vermella e a Agrupación Musical do Rosal queremos agradecer enormemente a colaboración de todos e todas co acto benéfico que tivo lugar o pasado domingo 21 no auditorio do Rosal. Gracias á colaboración de todos, membros da Agrupación, empresa patrocinadora, Concello do Rosal, voluntarios de Cruz Vermella, e por suposto gracias a todos aqueles que non dubidaron en achegarse o domingo e asistir ás actuacións. Gracias a todos e todas logramos recaudar entre donativos e entradas 1.158,62 € que xa están depositados na conta de Cruz Vermella habilitada para recaudar fondos para o traballo que esta organización está realizando na zona do desastre. Graciñas!"
22 feb 2010
Entrega de premios Concurso de Entroido 2010
22.2.10
Comentar
19 feb 2010
Desfile-Concurso de Entroido do Rosal, 2010
19.2.10
3 comentarios
18 feb 2010
Actividades do Concello do Rosal
18.2.10
Comentar
·Cociña, os martes, ata o día 9 de marzo.
·Repostería, os mércores, ata o día 3 de marzo.
·Automaquillaxe, os martes e xoves, ata o día 25 de febreiro.
·Arte floral de iniciación, os mércores, ata o 17 de marzo.



















