FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

3 may 2013

A XXI FEIRA DO VIÑO DO ROSAL TERÁ LUGAR OS DÍAS 19, 20 E 21 DE XULLO



A XXI Feira do Viño do Rosal celebrarase os días 19, 20 e 21 de xullo de 2013.

Na web do Concello comezou a actividade de promoción e xa están expostas as bases que rixen o concurso do cartel anunciador, que o pasado ano gañou a viguesa Alba Castillo Costa.

Dende Noticias O Rosal lembramos que na pasada edición de 2012, en concreto o 13 de xullo, presentouse en sociedade o novo escudo e a bandeira oficiais do Concello, xa legalizados pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

BASES DO CONCURSO PARA O CARTEL ANUNCIADOR DA XXI FEIRA DO VIÑO




Segundo se pode ler na web do Concello do Rosal estas son as bases do Concurso para a selección do "Cartel anunciador da XXI Feira do Viño do Rosal". Lembramos que o pasado ano gañouno a viguesa Alba Castillo Costa.


"O Concello do Rosal, no seu desexo de promocionar os produtos típicos do municipio, convoca o Concurso para a selección do Cartel Anunciador da XXI Feira do Viño, que tamén se estende ós temas hortícolas e florícolas". 


BASES

1.- Poderá participar neste certame calquera persoa, sen límite de idade, tanto residente no noso país como no estranxeiro. 
2.- Establécese un premio individual de 400 € para o cartel gañador. 
3.- O premio poderá quedar deserto se o xurado así o estimase. 
4.- Para optar ó premio, os traballos deben ser orixinais, realizados en cartolina de 44 cms. de ancho por 64 cms. de alto e poderán estar realizados en unha ou varias cores ou fotografía, sen límites en canto a técnicas. Presentaranse en soporte ríxido que permita a súa exposición.
5.- No que atinxe á temática, versará de xeito prioritario sobre o viño, así como a horta e a flor. Deberanse incluir necesariamente os seguintes textos: XXI FEIRA DO VIÑO DO ROSAL e 19, 20 e 21 de xullo de 2013. O cartel non poderá levar inserido ningún logotipo.
5.- Os carteis deberán ser presentados con pseudónimo, acompañados dun sobre pechado no que figure escrito o pseudónimo no exterior e contendo no seu interior o nome e apelidos do autor, DNI ou NIF, enderezo e teléfono de contacto.
6.- Os traballos deberán ser presentados no Centro Social Polivalente (Rúa Cabaqueiros nº 4 - 36.770 O Rosal) na instancia facilitada ó efecto coa indicación: “Concurso para a selección do Cartel Anunciador da XXI Feira do Viño. Concello do Rosal” onde constarán exclusivamente o pseudónimo, o teléfono e a data de presentación. 
7.- O prazo de admisión de carteis pecharase o día 31 de MAIO de 2013 ás 13:00 horas. 
8.- O Xurado darase a coñecer no momento que se estime oportuno. 
9.- Unha vez determinado o gañador do Concurso a decisión do xurado será inapelable, e farase pública antes do día 5 de xuño. A entrega do premio realizarase no momento e xeito que se estimara. 
10.- O Concello do Rosal poderá difundi-lo traballo premiado do xeito que considere oportuno e dispoñerá de tódolos dereitos sobre o mesmo. 
11.- A retirada dos traballos presentados deberá efectuarse durante o mes de xuño de 09:00 a 13:00 perdendo os dereitos sobre os mesmos en caso de non facelo. 
12.- A presentación a este concurso implica a aceptación plena das presentes bases. 


O Rosal, 30 de abril de 2013. 
O ALCALDE 
Asdo. Jesús Mª Fernández Portela

2 may 2013

ESTE DOMINGO 5 DE MAIO, ESPECTÁCULO NO AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL CON "AS POMBAS DE CARBOEIRO"




Informa: Agrupación Musical do Rosal

Este domingo 5 de maio, ás 18,30 h. no Auditorio do Rosal a compañía Fantoches e a banda de música da Agrupación Musical do Rosal ofrecerán o espectáculo "As Pombas de Carboeiro".
Unha sorprendente peza onde se misturan os contos e os cantos, os romances e as lendas, e revélanos a fantástica orixe das pombas de Carboeiro. A representación versa sobre a historia dun frade que trata de convencer ao exército napoleónico de que non sacie a súa fame coa poboación de pombas mensaxeiras do mosteiro de Carboeiro. A través do seu relato, interpretado coa técnica xaponesa do kamishibai -baseada en imaxes impresas en cartolina nunha xanela de madeira que leva unha bicicleta- o vello relixioso descubrirá a historia de amor imposible protagonizada por Cervela (correo de El-Rei Fernando II) e Octavia (a filla máis nova de Lupa de Lobarzán), e que dará orixe á estirpe de pombas que habitan no mosteiro.
A dramaturxia de Inacio Vilariño e Benxamín Otero, ao igual que as súas dotes para manipular monicreques e interpretar contos ou cantos, estará acompañada pola música en directo da Agrupación Musical do Rosal baixo a dirección de Marcel van Bree, que interpretarán as pezas compostas para a ocasión por estes.
Trátase dun espectáculo de dinamización lingüística multidisciplinar que combina a lingua narrada coa dramaturxia, os monicreques e coa música en directo e forma parte do programa "FalaRedes 2013" que percorrerá 19 concellos adheridos á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. O acto está organizado polo Concello do Rosal en colaboración coa Agrupación Musical do Rosal.

O SÁBADO 1 DE XUÑO CELÉBRASE A FESTA DA BICICLETA DO ROSAL 2013


O aventureiro Benito Rodríguez na Festa do pasado ano

Segundo nos comunican, o vindeiro sábado 1 de xuño ás 18:00 horas e baixo o lema "Únete á volta", celebrarase a Festa da Bicicleta, con saída e punto de encontro na Praza do Calvario. Como é habitual cada ano, estará organizada polo Concello do Rosal coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.


Todos os participantes, que deberán levar casco obrigatoriamente, serán agasallados coa tradicional camiseta. Ao finalizar a carreira realizarase un sorteo.

O PORTEIRO DE BALONMÁN XAVI DÍAZ RENOVA CO BM. VILLA DE ARANDA DESPOIS DUNHA TEMPADA INESQUECIBLE


Foto: Villa de Aranda

O porteiro rosaleiro, Xavi Díaz, seguirá unha temporada máis na élite do balonmán nacional, xa que renovará co seu actual equipo, o Villa de Aranda.

Segundo se pode ler en vavel.com: "El guardameta gallego es el actual quinto mejor portero de la Liga ASOBAL 2012/2013 con casi un 30º de efectividad bajo palos. Su buen rendimiento ha hecho que Xavi y el club hayan llegado a un acuerdo para militar en el equipo ribereño la próxima temporada".

¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa Xavi!!




30 abr 2013

"JOSE Y ROSY" ACTUARÁN ESTA FIN DE SEMANA NO ZARAGOZA SALSA CONGRESS



A parella de bailaríns rosaleira "Jose y Rosy" actuará esta fin de semana (3, 4 e 5 de maio) no Zaragoza Salsa Congress, un importante evento internacional que se celebra no municipio mazo de Pedrola.


Velaquí vos deixamos o enlace á web deste congreso de baile.

A ABADÍA DAS EIRAS ACOLLEU UNHA XORNADA DE TURISMO BAIXO MIÑO




O luns 29 de abril tivo lugar na Casa Rural Abadía das Eiras (O Rosal) a Xornada Informativa "Nuevas oportunidades para el sector turístico de O Baixo Miño; los servicios web".


Abriu o acto o presidente de Turismo Baixo Miño, David Villar Alonso, quen deu a benvida aos asistentes.


De seguido tomou a palabra Nuria Patiño Vieites, técnica de Turismo da asociación, ofrecendo unha visión das oportunidades para o Baixo Miño que teñen Internet e o Turismo.


Rematou as intervencións Fernando Coello Vicente, xerente de Índice Publicidad, que presentou o servicio web "google fotos de negocios".



Finalmente, todos os participantes disfrutaron dunha visita guiada por Ángel, propietario da Abadía das Eiras, onde se puideron admirar as súas instalacións.




RUTA GUIADA POLOS MUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN, MAÑÁ VENRES ÁS 11 DA MAÑÁ



Este venres 3 de maio ás 11 horas, celébrase unha ruta polos Muíños do Folón e Picón, guiada por Juan Ramón Martínez Barbosa, emprendedor sociocultural baixomiñoto e coautor do libro "Os muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia", publicado en 2009.

O prezo da inscrición para poder participar será de tan só 3 euros, podendo pagar antes ou despois de realizar a ruta.

A dificultade do percorrido é media-baixa, cunha distancia de 3'5 quilómetros e 2 horas de duración.

O punto de encontro será o Muíño das Laxes (nº 1 do Folón, en Martín, fronte á coñecida "casa de Cadilla").

Para apuntarse: confirmar nome, apelidos e teléfono de contacto no correo noticiasorosal@hotmail.com ou ben en juanorosal@hotmail.com e tamén no móbil: 637 311 007.




ÉXITO DE PÚBLICO E ORGANIZACIÓN DO C.C. O ROSAL NO VIII TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA 2013


Foto: Club Ciclista O Rosal

O pasado sábado 27 de abril disputouse o VIII Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña organizado polo Club Ciclista O Rosal.

Tal e como se lembra na súa web, houbo gran asistencia de público "a pesar do intenso frío".

Destacar a vitoria de Yasir Martínez na categoría de Principiantes e a actuación da debutante Sara Álvarez.

Na categoría Alevín, Mario Fernández conseguía o segundo posto e na Júnior, Raúl Fernández remataba no sétimo lugar.

Velaquí vos deixamos a crónica e a reportaxe fotográfica, realizada polo Club Ciclista O Rosal.




25 abr 2013

O ROSAL RENDE A SÚA ÚLTIMA HOMENAXE E ADEUS AO RVDO. D. VICTORINO POUTÁS RODRÍGUEZ, PÁRROCO DURANTE 50 ANOS




O Rosal ofreceu o xoves 25 de abril ás 16:45 h., na igrexa parroquial de Santa Mariña, o seu último adeus ao Rvdo. D. Victorino Poutás Rodríguez, que faleceu o mércores 24 de abril, aos 86 anos. A esa hora celebrouse o funeral de corpo presente e posteriormente procedeuse á súa inhumación no cemiterio.

Dende Noticias O Rosal lembramos -segundo datos do recoñecido historiador local Xoán Martínez Tamuxe- que D. Victorino foi abade desta freguesía dende o 8 de setembro de 1957, na que foi nomeado Cura Ecónomo, substituíndo ao Rvdo. D. Juan Pérez Martínez. 


Destacamos que D. Victorino Poutás naceu en San Adrián de Vieite, concello de Leiro (Ourense) o 13 de setembro de 1926. Cursou estudos eclesiásticos no Seminario Conciliar de Tui, licenciándose en Sagrada Teoloxía pola Universidade de Salamanca, onde tamén fixo o curso de Doutor. Ordenouse sacerdote en Vigo o 25 de xuño de 1950.


D. Victorino foi profesor no Colexio PP. Somascos e no Instituto da Sangriña, ambos da vila da Guarda. En 2001 foi nomeado Cóengo da Santa Igrexa Catedral de Tui-Vigo. 



Con el fixéronse obras na igrexa, no adro e na reitoral do Rosal. As últimas, costeadas pola súa conta, foron a limpeza dos artísticos altar maior (retablo barroco) e a restauración dos frescos do coro.


O día 1 de novembro de 2006, o bispo D. José Reboredo nomeou en substitución de D. Victorino, como párroco de Santa Mariña ao abade actual, D. Julio Ramos Rodríguez.

Dende Noticias O Rosal, o noso máis sentido pésame. Descanse en paz, D. Victorino.

24 abr 2013

O CLUB CICLISTA O ROSAL CELEBRA ESTE SÁBADO 27 O VIII TROFEO COMUNIDADE DE MONTES SANTA MARIÑA DO ROSAL




Tal e como se pode ler na web do Club Ciclista da vila que preside Gerardo Álvarez Martínez "este vindeiro sábado 27 a partir das 16:30 da tarde o Club Ciclista O Rosal organiza o VIII TROFEO COMUNIDADE DE MONSTES SANTA MARIÑA para as categorías de Principiantes, Alevíns, Infantís, Cadetes e Júnior.

A categoría Principantes reallizará unha Ximcana na Praza do Calvario mentras que o resto de categorías completarán un circuito con saída na Praza do Calvario continuando pola rúa Simón del Mazo, Furnos, Gandarela, estrada de Sandián, rúa Jesús Noya e de novo Praza do Calvario".

NEMESIO CASTRO SERÁ HOMENAXEADO POLA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL




O popular veciño Nemesio Castro Álvarez, de Martín, será homenaxeado pola Agrupación Musical do Rosal o vindeiro mes de xuño con motivo do XXVII Aniversario desta asociación.



Nemesio é -xunto a Antonio Granja e Jesús González- un dos grandes colaboradores e unha das persoas que máis tempo teñen estado na Xunta Directiva da Agrupación Musical.



Así o podemos ver reflectido no libro publicado en 2011, editado pola propia Agrupación, con textos da autoría de Carlos Villanueva Domínguez e que foi coordinado por Monserrat Domínguez Otero.

ESTE DOMINGO, TEATRO NO AUDITORIO COA OBRA "DOS EN LA CORNISA"




Este domingo 28 de abril ás 19:39 horas, terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal a representación da obra "Dos en la cornisa", da compañía de teatro 105 BESOS.

Tal e como reza o cartel: "Dos vidas paralelas destinadas a cruzarse entre sí que desembocarán en el eterno dilema: ¿qué buscan las mujeres? ¿qué quieren los hombres?".


22 abr 2013

FESTAS DE SAN XOSÉ OBREIRO EN NOVÁS. 30 DE ABRIL E 1 DE MAIO DE 2013




O martes 30 de abril e o mércores 1 de maio celébranse en Novás as Festas de San Xosé Obreiro.

O día 30, gran verbena a cargo da orquestra Xacobeo e o grupo América, que se prolongará ata altas horas da madrugada.

O día 1, ás 11:30 horas da mañá, acompañado do grupo de gaitas A Boalleira, baixada do Santo en procesión ata a Praza de Novás, onde se celebrará ás 12 h., unha misa de campaña na honra de San José, cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal.

Xa de tarde, a partir das 18:00 horas, actuación do grupo folk Lareira. A continuación, actuación do grupo de humoristas Os Sete Magníficos máis un, co espectáculo O gordo e o calvo van ao médico.

Haberá subasta de produtos típicos, rematando as festas co grupo folk Lareira.

19 abr 2013

A PINTORA MARY VARELA EXPÓN NA CASA DO TURISMO DE VILA NOVA DE CERVEIRA



A pintora María del Carmen Varela Velasco, "Mary Varela", natural de Sober (Lugo) e residente dende hai uns anos en Couselo (O Rosal), expón parte da súa obra na Casa do Turismo de Vila Nova de Cerveira (Portugal).


Baixo o título de "Pensando en la Luz", Mary Varela mostrou na galería lusa unha decena de cadros da súa autoría, estando aberta a exposición ata o sábado 11 de maio.


A concelleira de Cultura do Rosal, Charo Tabales Perozo e a tenente de alcalde e concelleira de Muller, Mª Carmen Alonso, como reflicte a imaxe, xa visitaron esta fermosa mostra pictórica.

18 abr 2013

A DÉCIMA EDICIÓN DA FEIRA DO LIBRO DO ROSAL CELÉBRASE ESTE DOMINGO 21 DE ABRIL NA PRAZA DO CALVARIO


Este domingo 21 de abril celebrarase na Praza do Calvario a X edición da Feira do Libro do Rosal que organiza a concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo.

Tal e como reza o cartel, haberá un 20% de desconto na merca de libros, celebrándose a partir das 12 da mañá contacontos, maxia e guiñol. Xa ás 5 da tarde, obradoiro de papiroflexia.