FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

20 may 2012

MEMORIAL IAGO AMEAL PEREIRA. REPORTAXE DE ABELARDO LÓPEZ



Reportaxe (texto e fotografías): Abelardo López

O pasado xoves día 17 de maio de 2012 disputouse a II Edición do Torneo de Fútbol 7 Alevíns e Benxamíns UD Ribera - Concello de O Rosal "Memorial Iago Ameal Pereira" no Campo de Fútbol Municipal de A Mata en O Rosal.


Neste torneo participaron en Categoría Benxamín (Ribera A, Ribera B, Oiense, Gondomar, Goián, San Cayetano, Alameda e A Guía) e en Categoría Alevín (Ribera, Oiense, San Cayetano, Goián, Alameda, A Guía, Gondomar e Tyde).


Resultaron vencedores o Gondomar en Categoría Benxamín e o Goián en Categoría Alevín.

Podes ver toda a reportaxe fotográfica aquí.




19 may 2012

CRUZ ROJA LANZA UNA CAMPAÑA PARA SUMAR NUEVAS PERSONAS AL PROGRAMA DE FAMILIAS ACOGEDORAS


Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja

El viernes 18 de mayo presentamos en Vilagarcía las acciones de la campaña informativa y de sensibilización que Cruz Roja Galicia lanza sobre el programa de familias acogedoras que se desarrolla en colaboración con la Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia y que realizaremos en la provincia de Pontevedra.

Los objetivos principales de la campaña son informar acerca de los detalles de este programa y animar a la población en general a formar parte del mismo, ya que es importante incrementar el número de familias acogedoras en Galicia, que puedan proporcionar un entorno familiar a los niños y niñas que atraviesan una situación de dificultad temporal que impide que estén con sus padres y madres.
 
Bajo el lema “Abre otra puerta en tu corazón”, la campaña se desarrollará desde el mes de mayo a noviembre en las cuatro provincias gallegas y pondrá en marcha actividades lúdicas informativas en 15 localidades. Uno de los elementos de la campaña es la edición de un cuento infantil, donde el protagonista es el pato Lolo, que vive una situación similar a la que pasan los menores durante el periodo de acogimiento.

En la provincia de Pontevedra la campaña comienza en Vilagarcía este sábado 19 de mayo en la plaza de Galicia para a continuación pasar por las ciudades de Pontevedra el 16 de junio, A Guarda el 7 de julio y Vigo el 27 de octubre.

Programa de familias acogedoras

Es un programa de la Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia que gestiona Cruz Roja en Galicia desde 1995. El acogimiento es una medida alternativa al internamiento de menores y, además, es fundamental tener en cuenta que hay casos urgentes, generalmente de niños de 0 a 6 años, a los que hay que dar respuesta de manera inmediata. Actualmente en Galicia 177 niños ya han sido acogidos por 131 familias acogedoras durante el primer cuatrimestre del año.

Y en la provincia de Pontevedra contamos con 38 familias que ya han acogido a 50 menores durante este 2012.
 
El perfil de las familias acogedoras es muy variado, pueden ser matrimonios, parejas de hecho, personas solteras, con o sin hijos… siendo lo más importante el compromiso con el proyecto y tener claros una serie de requisitos, como que el acogimiento no tiene finalidad adoptiva o que es crucial que se respeten y acepten las características del menor y de su familia de origen. Es esencial ampliar número de familias acogedoras, ya que no siempre es fácil dar con la familia acogedora idónea para cada niño y son muchos los factores que han de tenerse en cuenta.

O CLUB CICLISTA O ROSAL ORGANIZA HOXE O XXI TROFEO PISTA AS FAIAS


Hoxe, sábado 19 de maio, e organizado polo Club Ciclista O Rosal, celébrase o XXI Trofeo Pista de As Faias, no circuito do mesmo nome, en San Xoán de Tabagón.

Segundo se pode ler na web do equipo rosaleiro, dará comezo ás 17:00 horas e competirán as categorías de Benxamíns, Alevíns e Infantís.

15 may 2012

ESTE XOVES, O II TORNEO ALEVÍN E BENXAMÍN U.D. RIBERA CONCELLO DO ROSAL "MEMORIAL IAGO AMEAL PEREIRA"


Informa: Manuel Villa / http://www.torneosfutbolbase.org/

O próximo xoves día 17 de maio o campo de fútbol de A Mata no Rosal, acollerá o II Torneo Alevín e Benxamín U.D. Ribera Concello de O Rosal “ Memorial Iago Ameal Pereira”.

Durante toda a xornada competirán equipos da zona como A Guía, San Cayetano, Alameda, Goián, Oyense, Tyde, Gondomar e Ribera. En total serán 270 nenos que participarán nas categorías Alevín e Benxamín.



A organización convida a todos os equipos a un xantar na polideportiva do C.P.I. Manuel Suárez Marquier.

O Torneo se disputa na modalidade de fútbol 7. Serán 33 partidos en total e comezará ás 9:30 h. e rematará ás 20:00 h.


Dende a Organización e a Directiva do Ribera espérase que sexa un éxito de participación e que sirva de convivencia entre técnicos, xogadores, pais e aficionados de todos os equipos. Este tipo de eventos, donde os nenos son protagonistas, deben ser unha festa do deporte por riba dos resultados. animando aos xogadores a que sigan practicando deporte.

Nas imaxes, os equipos gañadores do pasado ano. Arriba, de blanco e negro, Gondomar benxamíns e abaixo, de verde e blanco, o Ribera alevíns.








COMUNICADO OFICIAL DA ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO ANTE A APARICIÓN DUNHA ESTAFA NO SEU NOME




Informa: Asociación Érguete Baixo Miño

Estes días, non sabemos exactamente cando comezaron, un grupo de persoas está pedindo nas rúas e polas casas de particulares cartos en nome da nosa Asociación ou citando a un membro da nosa Xunta Directiva.

Dende a Asociación Érguete Baixo Miño de A Guarda, dedicada a prevención das drogodependencias, educación e promoción da saúde queremos


COMUNICAR

que esta Asociación NON realiza ningunha actividade de petición de DONATIVOS porta a porta. As vías oficiais que temos para a achega de donativos ou axuda económica realízanse mediante as aportacións dos SOCIOS.

Polo tanto, queremos advertir a todos os veciños do Baixo Miño que en ningún momento colaboren de forma económica con estas persoas xa que se trata dunha ESTAFA.

Para calquera dúbida ou consulta poden contactar con nós a través do teléfono 986 61 44 07 ou na nosa sede sita na Rúa Colón, 20 (Edificio O Pescador) A Guarda.










ALBA CASTILLO COSTA, GAÑADORA DO CONCURSO DE CARTEIS DA XX FEIRA DO VIÑO DO ROSAL (13, 14 E 15 DE XULLO)


Segundo se pode ler na web do Concello, "a XX Feira do Viño do Rosal celebrarase os días 13, 14 e 15 de xullo na Praza do Calvario. Nela estarán representadas a maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal.

Este ano a gañadora do cartel anunciador da XX FEIRA DO VIÑO DO ROSAL foi a viguesa Alba Castillo Costa. Nestes últimos anos este evento recibe a visita de máis de 30.000 persoas para disfrutar dos viños, dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completarán a oferta lúdica neses días".

14 may 2012

JOSE Y ROSY ACTUARÁN EN SANTANDER


A parella de bailaríns "Jose y Rosy" non para, e este xoves 17 de maio, voará ata Santander para impartir un "intensivo de salsa" e presentar o seu novo traballo coreográfico.

Un dos mellores e máis modernos locais santanderinos, o "Coppelia Boîte" acollerá a actuación de "Jose y Rosy", que servirá como anticipo dun simposio internacional ao que asistirán en xuño no país veciño, Portugal.

¡¡Noraboa e moita sorte!!

O ROSAL HOMENAXEA A PAZ ANDRADE NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DESTE 2012


O xoves 17 de maio, durante todo o día, celebraranse na Praza do Calvario do Rosal, actuacións musicais e diferentes actividades complementarias, organizadas pola Agrupación Musical do Rosal e o Concello, con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a Valentín Paz Andrade.

Actuarán grupos de gaitas, a Banda e o Coro infantís, Grupos de Cámara, Pandereteiras Orballo e mesmo o grupo de música tradicional Lirolai.

Están previstas sesións de contacontos, exposicións, xoguetes antigos e obradoiros para nenos.

Haberá, como é tradicional, tapas como polbo á feira, zorza, tortillas, empanadas, filloas e postres caseiros, regados polos exquisitos viños do Rosal.

11 may 2012

CRUZ ROJA BAIXO MIÑO REFUERZA SU RESPUESTA ANTE LA EMERGENCIA SOCIAL QUE VIVE LA COMARCA




Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño

Durante 2011 y el primer trimestre del 2012, Cruz Roja atendió de forma directa a más de 120 personas a través de sus programas sociales.

Cruz Roja alerta sobre el crecimiento de la precariedad social.

Cruz Roja Baixo Miño atendió a más de 120 personas en sus diferentes programas sociales en 2011 y primer trimestre del 2012, lo que supone un incremento cercano al 80% sobre la población atendida en 2010. Estas personas fueron beneficiarias de las medidas específicas relacionadas con el impacto de la crisis y una gran mayoría de estos usuarios recibieron alimentos.

Estas cifras visibilizan una nueva realidad económica: en los dos últimos años, el impacto de la crisis socioeconómica ha hecho que muchas personas que hasta hace poco se encontraban en contextos socioeconómicos seguros, hayan entrado a formar parte de los colectivos atendidos por la organización humanitaria.

El mismo contexto es responsable de un agravamiento importante de la situación de las personas vulnerables que ya participaban en los programas de Intervención Social de Cruz Roja Española.

El crecimiento del desempleo y la desigualdad social, así como los índices de desprotección generan una profunda preocupación a la Institución Humanitaria, que destaca el aumento de la precariedad en importantes capas de la población y los riesgos de fractura social que conlleva.

Además de reforzar los programas habituales de atención social y de lucha contra el desempleo y la discriminación en el mercado laboral, desde 2008 se está desarrollando un esfuerzo cada vez mayor en la atención de emergencias sociales, a través de respuestas básicas como el reparto de alimentos, enseres, alimentación infantil, material escolar, y otras como los puntos de información sobre empleo gestionados por personas voluntarias, las ayudas económicas de carácter puntual, talleres de economía doméstica, compra de fármacos, entrega de kits de higiene, etc…

Se trata de ayudas de primera necesidad en ámbitos en los que la población está recortando gastos para poder llegar a fin de mes. Las situaciones de privación material (nutrición inadecuada, pobreza energética, incapacidad de hacer frente a imprevistos) afectan a una parte importante de la población que atendemos.

Más allá de las cifras hay personas, familias, niños, jóvenes, mayores…que atraviesan situaciones muy difíciles y a las que Cruz Roja conoce de cerca e intenta dar respuesta gracias al compromiso cotidiano de más de 200.000 personas voluntarias que forman parte de la Institución.

El incremento de la respuesta de Cruz Roja frente a la crisis es posible también gracias a la contribución de entidades públicas y privadas, y de socios y donantes.

10 may 2012

A FESTA DE SAN ISIDRO CELÉBRASE ESTA FIN DE SEMANA (12 E 13 DE MAIO)


O sábado 12 e o domingo 13 de maio celebrarase no Rosal as Festas na honra de San Isidro, Patrono dos Agricultores.

O sábado haberá "pulpo á feira" durante todo o día. Xa a partir das 21 horas, verbena coa orquestra SAUDADE 73 e o grupo NIEBLA, que se prolongará ata altas horas da madrugada.

O domingo, ás 10 da mañá, fará a súa entrada a Banda de Gaitas Os Zoqueiros, de Porriño. Ás 12 horas, Misa Solemne con Sermón e Procesión.

De tarde, e a partir das 19 horas, presentación da orquestra PASSARELA. Ás 20 horas, GRAN SUBASTA de produtos típicos da terra.

Seguidamente, gran verbena a cargo da orquestra PASSARELA.

O recinto estará cuberto.

7 may 2012

A U.D. RIBERA ALEVÍN XOGOU CONTRA OS MELLORES EQUIPOS NACIONAIS NO VI TORNEO FÚTBOL BASE DE CERCEDA

Información e imaxe: Abelardo López / U.D. Ribera
O pasado 28 de abril celebrouse no complexo deportivo O Roxo de Cerceda (A Coruña) a Fase Final de Fútbol 7 Alevín do VI Torneo de Fútbol Base Concello de Cerceda.

Dita fase final disputouse entre os catro primeiros clasificados da fase previa, entre os que se atopaba a U.D. Ribera de O Rosal.

O Fútbol Club Barcelona (na imaxe de grupo, co Ribera) proclamouse campión dun torneo no que tamén participaron equipos como o Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, Valencia C.F., etc.

2 may 2012

O CICLISTA ÁLEX LOMBA RODRÍGUEZ, LÍDER DO OPEN GALEGO DE BTT


O sábado 28 de abril, xusto o día da presentación do Club Ciclista O Rosal, dous dos seus corredores (Álex Lomba e Antonio Portela) desprazábanse ata Poio para participar no BTT Concello de Poio XC, finalizando en 3º e 4º lugar, respectivamente.

Con este resultado, Álex Lomba comanda a Clasificación Xeral do Open BTT de Galicia (na fotografía, co maillot blanco que o acredita como líder provisional).

ESTE VENRES SERÁ O 26 ANIVERSARIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL


O venres 4 de maio a Agrupación Musical do Rosal cumpre 26 anos dende a súa creación.

Lembramos que xustamente o 4 de maio de 1986, apadrinada pola "Banda de Música Juvenil de Xinzo" (Ponteareas), tivo lugar na Praza do Calvario a presentación oficial da "Banda Juvenil de la Agrupación Musical de O Rosal", baixo a dirección de D. Laureano Matos Barcia, de Camposancos (A Guarda), aínda que a primeira actuación en público levouse a cabo, cun grupo de gaitas "célula base da Banda" o 22 de xaneiro de 1984, festividade de San Vicente, en Marzán.

¡¡Noraboa a todos os músicos, familiares, directiva e colaboradores!! ¡¡A cumprir moitos máis!!

PRESENTACIÓN DA PLANTILLA DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2012 NO AUDITORIO



O sábado 28 de abril tivo lugar no Auditorio Municipal a presentación do Club Ciclista O Rosal 2012. Presentou o acto o seu secretario, Juan Ramón Villa, quen foi chamando un a un, e por categorías, a todos os integrantes deste proxecto, dende os propios deportistas ata os directivos do Club.

Asistiron -entre outros- o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, a tenente de alcalde, Mª Carmen Alonso, o concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz, así como os edís Mabel, Antonio, Ángel e Alberte, e ex-ciclistas e familiares dos deportistas.

Tal e como se pode ler na web, "foron presentadas tamén as derradeiras incorporacións, como son os irmáns David e Rubén Carnero, Laura Teniente e Sergio Vicente na categoría Benxamín e María Correa e Marcos Fernández na categoría Alevín".



Raúl Fernández, Antonio Portela e Manuel González foron premiados pola Directiva do Club con sendos trofeos conmemorativos da súa última e magnífica temporada.

Un dos momentos máis emotivos da Presentación, foi a entrega dun cadro ao avó de Antonio Portela, con éste pousando nunha fotografía co maillot de Campión de España.

Ao final do acto, e como colofón, a Directiva do Club Ciclista O Rosal que preside Gerardo Álvarez Martínez, convidou a todos os asistentes a uns pinchiños, desexando que polo menos esta temporada se obteñan os éxitos da anterior.

Club Ciclista O Rosal

PLANTILLA CORREDORES 2012


Junior

Adrián Dorna Rodríguez

Adrián Vicente Martínez

Alejandro Lomba Rodríguez

Antonio Portela Rodríguez

Iván Morais Bouzas

Kevin Rodríguez Santísima Trinidad

Manuel González Lomba

Pablo Cividanes Durán



Cadete

Andrés Fernández Da Silva

Cristóbal Coímbra Piñeiro

Raúl Fernández Lorenzo




Infantil

Claudia Portela Rodríguez

Elsa Portela Rodríguez

Ero Sobrino Dorado

Manuel Dorna Rodríguez

Xoel Villa Rodríguez

Zaida González Martínez



Alevín

María Correa Rubio

Marcos Fernández Pérez

Mario Fernández Lorenzo





Principiante

Alberto García García

Andrés Lago Alonso

David Carnero Taveira

David Rodríguez Alvarez

Iago Álvarez Lomba

Irea Villa Rodríguez

Laura Teniente Pena

Rubén Carnero Taveira

Sergio Vicente Fernández

Yasir Martínez Silva



¡¡Dende Noticias O Rosal, o noso agradecemento polo convite e a nosa noraboa a ciclistas, directivos e colaboradores!!

26 abr 2012

"JOSE Y ROSY" ACTUARÁN EN VIGO PORTÉ. I CONVENCIÓN INTERNACIONAL DE DISCIPLINAS DE BAILE 2012



Despois de presentar a súa nova coreografía cun grande éxito en Burgos, a parella de bailaríns rosaleira "Jose y Rosy" desprázase esta fin de semana máis preto, en concreto á cidade olívica, para participar en "Vigo Porté 2012. I Convención Internacional de Disciplinas de Baile".

Durante tres días (27, 28 e 29 de abril) o Palacio de Congresos Mar de Vigo acollerá shows, obradoiros e espectáculos de baile, ademais do "I Certame de Baile Ciudad de Vigo".

¡¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte para "Jose y Rosy"!!

O AUDITORIO ACOLLE A PRESENTACIÓN DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2012


Este sábado 28 de maio ás 20:00 horas, terá lugar no Auditorio Municipal o acto de presentación do Club Ciclista O Rosal 2012

Dende a Directiva que preside Gerardo Álvarez Martínez convidan a este evento deportivo a todos os socios, simpatizantes e público en xeral.