24 sept 2010
Cancelada a actuación dos Campelos na TVG
24.9.10
Comentar
Segundo recentes declaracións dos propios "CAMPELOS" a Noticias O Rosal, debido ao falecemento da popular cantante galega ANA KIRO, CANCÉLASE ata novo aviso a súa ACTUACIÓN humorística prevista para hoxe no programa LUAR da TVG.
Concentración de coches antigos no Rosal
24.9.10
Comentar
O sábado 25 de setembro, CONCENTRACIÓN DE COCHES ANTIGOS. Lugar: Praza do Calvario, a partir das 11 da mañá. Visitarán adegas do Rosal e regresarán de novo á Praza onde descansarán os automóbiles de 14 a 16:30 h. Pola tarde está prevista unha visita aos Muíños do Folón e Picón.
Organiza: "Club Gallego de Automóviles antiguos". Patrocina: Concello do Rosal e Asociación de Comerciantes, coa colaboración de diferentes casas comerciais.
Velaquí vos deixamos as imaxes que realizamos doutra visita de coches de época con motivo do “IV Rallye Club de Campo de Vigo para automóviles antiguos” que se celebrou o ano pasado.
22 sept 2010
Gustavo Martínez, do Rosal, na Subida a Vigo
22.9.10
Comentar
Reportaxe (texto e fotografías) realizada por Roberto Valladares.
Os días 11 e 12 de setembro disputouse nos montes de Beade a IV Subida Internacional Cidade de Vigo, proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña, que estivo organizada pola Escudería Racing Sport Competición.
A representación rosaleira correu a cargo de Gustavo Martínez Vázquez, cun Renault Clio 16v, dando moito espectáculo e -aínda que rematou a proba na trixésimo sétima posición- era dos pilotos máis esperados.
O vencedor final resultou ser Cristóbal Serantes García, cun potente Fórmula Ralliart RT34. O segundo posto foi para Toño Varela Juan, cun Silver Car S2 e completou o podium Antonio Mosteiro Buceta, cunha Barquete Dicode.
O mellor turismo foi Manuel Senra Caamaño, cun Peugeot 306 Maxi.
Salientar tamén a participación de Juan Pablo Barrio, cun Renault Clio Sport -piloto que en rallies forma equipo co rosaleiro Sergio Alonso- e que rematou na trixésimo terceira posición.
Novo curso da Escola Comarcal de Teatro
22.9.10
Comentar
A Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota comeza o novo curso 2010-2011. Por terceiro ano consecutivo a Asociación Cultural Terras do Baixo Miño abre o prazo de matrícula para o presente curso. Como en anos anteriores poden iscribirse alumnos dos cinco concellos da Comarca. Establécense grupos infantís, xuvenís e adultos. Para máis información podedes chamar ao teléfono 649 480 227.
A parroquia de Santa Mariña, a Santiago
22.9.10
Comentar
A comisión parroquial de Santa Mariña organiza o sábado 25 de setembro unha peregrinación a Santiago de Compostela.
Segundo nos informan, aínda quedan prazas vacantes, rematando o prazo de inscrición o venres 24.
A saída está prevista para as 7:30 da mañá dende a Praza do Calvario. Un autobús levará aos participantes ata Teo, onde se comezará a camiñata -duns 10 km- ata a Catedral de Santiago. Aquí ás 10 horas asistirán á Misa do Peregrino e logo, máis tarde, comerán todos xuntos no Monte do Gozo.
Imaxe da última excursión parroquial ao Santuario da Franqueira
Para máis información e para apuntarse nesta iniciativa podedes chamar ao teléfono 687 013 456 (Mª Carmen Batán).
20 sept 2010
Novo curso de patinaxe e fútbol para nenos/as
20.9.10
Comentar
A Escola Deportiva de Patinaxe comezará o novo curso a partir de outubro. A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos. O vindeiro día 29 de setembro ás 20:30 horas terá lugar a reunión informativa do profesor cos pais no Centro Social Polivalente. As persoas que aínda non fixeran a inscrición poden facelo ata esa data. Velaquí vos deixamos as fotos da entrega de medallas do ano pasado.
Igualmente a Escola Deportiva de Fútbol iniciará o curso tamén en outubro para nenos e nenas de 5 a 8 anos. Para falar co profesor, as persoas interesadas poden facelo os luns e xoves ás 18 horas na Canosa (San Miguel de Tabagón).
Igualmente a Escola Deportiva de Fútbol iniciará o curso tamén en outubro para nenos e nenas de 5 a 8 anos. Para falar co profesor, as persoas interesadas poden facelo os luns e xoves ás 18 horas na Canosa (San Miguel de Tabagón).
IMPRESIONANTE "VUELTA A ESPAÑA" DE SERAFÍN
20.9.10
Comentar
Serafín subiu ao podium da Vuelta ata en seis ocasións
O ciclista profesional rosaleiro, Serafín Martínez Acevedo, pertencente ao equipo Xacobeo Galicia que dirixe Álvaro Pino, vén de realizar unha sensacional Vuelta a España 2010.
Serafín, que estivo durante 6 etapas como líder da Xeral da Montaña, rematou finalmente en segundo lugar tras unha dura loita co especialista francés do Cofidis, David Moncoutie, que se fixo coa súa terceira vitoria consecutiva nesta clasificación da Vuelta.
O rosaleiro, ademais, chegou a ser líder da Combinada e estivo a puntiño de gañar varias etapas tras meterse en multitude de escapadas, facendo un meritísimo 2º posto en Xorret de Catí, por detrás do propio Moncoutie.
Sen esquecernos da formidable actuación do líder do Xacobeo, Ezequiel Mosquera, segundo da Xeral, velaquí vos deixamos como quedou Serafín nas distintas clasificacións desta 75 edición da Vuelta a España:
XERAL: 63º posto, a 2h 00' 50'' do gañador Vincenzo Nibali.
PUNTOS: 39º posto, con 21 puntos (gañador, Mark Cavendish)
MONTAÑA: 2º posto, con 43 puntos, a 8 de Moncoutie (53)
COMBINADA: 18º posto, con 104 puntos (gañador, Nibali)
19 sept 2010
Conferencia sobre "As fosas de San Xián"
19.9.10
Comentar
Este venres, 24 de setembro ás 20:00 horas, terá lugar na Escola de San Xián unha charla-conferencia impartida por Carlos Méixome Quinteiro, director do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) que levará por título: "As Fosas de San Xián". Organizan este acto o propio IEM e a Comisión de Festas de San Xián.
17 sept 2010
OS CAMPELOS ACTUARÁN O VENRES NO LUAR (TVG)
17.9.10
Comentar
O dúo humorístico rosaleiro "Os Campelos" (Francisco Rodríguez Fernández e Roberto Fernández Rodríguez) actuarán o venres 24 de setembro no Luar, veterano programa da Televisión de Galicia que presenta Xosé Ramón Gayoso e que comezou a emitirse en setembro de 1992.
Polo tanto, os nosos coñecidos rosaleiros terán unha breve intervención nesta 18ª temporada, aínda que desta vez non actuarán como parella, pero si xuntos, con dúas persoas máis, contando chistes.
16 sept 2010
Entrega de medallas e trofeos dos Xogos 2010
16.9.10
Comentar
O domingo 1 de agosto procedeuse na Praza do Calvario á entrega de medallas e trofeos aos participantes e gañadores das diferentes modalidades deportivas dos XII Xogos Populares do Rosal, 2010.
O acto estivo presentado polo mestre Rafael Martínez e contou -entre outros- coa presenza do alcalde rosaleiro, Jesús Mª Fernández Portela, o responsable local de Deportes, Ángel Martínez Villa e o concelleiro Eladio Fernández Portela.
15 sept 2010
Curso de atención a maiores no domicilio
15.9.10
Comentar
Cruz Roja Española dende a súa "Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño", convoca dentro das súas accións formativas de interese socio-sanitario, un curso de ATENCIÓN A MAIORES NO DOMICILIO dirixido a persoas de máis de 16 anos que estean interesadas en adquirir habilidades e coñecementos relacionados coa asistencia domiciliaria.
Velaquí vos deixamos íntegro o seu comunicado:
"El objetivo es dar a conocer de manera sencilla habilidades y herramientas básicas que lleven a proporcionar un cuidado óptimo de las personas mayores. Además de facilitar la adquisición de conocimientos, así como un nivel adecuado de formación sobre contenidos sobre la tercera edad, mejorar las actuaciones en el ámbito del servicio de ayuda a domicilio y capacitar a los alumnos para conseguir unas pautas de actuación correctas ante los usuarios.
En su estructura incluye los siguientes módulos:
- Los servicios sociales: marco en el que se encuadra el servicio de ayuda a domicilio. Normativa y regulación.
- El servicio de ayuda a domicilio; una intervención multidisciplinar: funciones, coordinación, supervisión y evaluación.
- Colectivo al que se dirige la ayuda a domicilio; perfil y características.
- Conceptos básicos sobre personas mayores y el proceso de envejecimiento: aspectos psicológicos y enfermedades comunes.
- La salud en las personas mayores: alimentación y nutrición, higiene individual y personal, movilización.
Esta formación tiene una duración de 40 horas que previsiblemente serán impartidas los sábados de octubre en horario de 10.00 a 14:00 y de 16:00 a 20:00 h.
Todas las personas interesadas pueden solicitar más información o inscribirse en la oficina de Cruz Roja Baixo Miño:
C/Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo (al lado de la iglesia parroquial de A Guarda). Teléfonos: 986 61 46 09 / 606 34 84 71".
Obradoiro de emprego do móbil para maiores
15.9.10
Comentar
A "Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño" retoma os obradoiros para aprender o correcto emprego do teléfono móbil dirixido a maiores de 65 anos. Transcribimos literalmente o comunicado que recibimos na nosa Redacción:
"Muchas personas mayores tienen un móvil o les gustaría tenerlo, pero no saben utilizarlo o tienen dudas en el momento de realizar alguna función (escribir mensajes, guardar números de teléfono en la agenda...) Es por este motivo, que se vio la necesidad de hacer cursos para que las personas mayores aprendan a utilizar los teléfonos móviles y se familiaricen con las nuevas tecnologías.
El pasado 23 de febrero en la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño retomamos la actividad, iniciada en el 2006, de utilización del teléfono móvil. Hoy, 15 de septiembre se abrirá el plazo de inscripción para la realización de nuevos talleres.
En próximas fechas l@s voluntarios de la Asamblea trabajarán de nuevo esta importante temática con otro grupo de personas mayores de 65 años. El taller se desarrollará en horario de 15.30 a 18.30 en la sede de Cruz Roja en A Guarda.
Los objetivos de esta actividad son
Acercar las nuevas tecnologías a las personas mayores.
El uso de los móviles como medio de comunicación.
El uso de dispositivos tecnológicos con aplicaciones sociales y sanitarias de emergencia y urgencia (Teleasistencia).
Formar en cursos de 3 horas de duración a las personas mayores para que aprendan a utilizar las funciones más básicas del móvil.
Favorecer las relaciones intergeneracionales gracias a la relación entre los formadores jóvenes y las personas usuarias de más edad.
Estos cursos están dirigidos básicamente a personas mayores con dificultades en el uso del teléfono móvil. Se puede ofrecer también a otros colectivos que tengan interés en aprender su uso.
LA ACTIVIDAD ES TOTALMENTE GRATUITA.
Para más información o inscribirse en próximos talleres: Oficina de Cruz Roja Baixo Miño situada en la C/Agustín Nandín Lomba, nº1 Bajo (al lado de la iglesia parroquial de A Guarda) de lunes a jueves, horario de 8:30 a 14:00 y de 16:00 a 18:30. Los viernes de 8:00 a 15:00 horas o llamando a los teléfonos 986 61 46 09 / 606 34 84 71".
Carreira de cross. Clausura dos Xogos
15.9.10
Comentar
Coas imaxes da carreira de cross do día 1 de agosto, que serviu de clausura dos Xogos Populares deste ano 2010, comezamos a publicación de todas as nosas reportaxes pendentes.
En breve tamén daremos a coñecer as fotografías da entrega de medallas e trofeos de todas as modalidades deportivas, inmediata á finalización da dita carreira.
En breve tamén daremos a coñecer as fotografías da entrega de medallas e trofeos de todas as modalidades deportivas, inmediata á finalización da dita carreira.
9 sept 2010
RUMBA DE TOMIÑO, DA AUTORÍA DE BERTA CASTRO
9.9.10
Comentar
Estamos en tempos das Festas do Alivio (as festas grandes de Tomiño), e eu aínda que son rosaleira de nacemento, levo 8 anos sendo tomiñesa de adopción. Gustaríame adicar a esta terra unhas letras que escribín formando un canto de desafío para as que tomei como base as notas musicais da tan coñecida "rumba de Tomiño".
É Tomiño unha terra musicalmente coñecida polas súas treboadas, quizais por atoparse preto do Norte de Portugal ou por motivos diversos que están facendo que investigadores musicais veñan ata esta terra (e en concreto ata a parroquia na que vivo, Estás) para informarse da súa orixe, aprender técnicas para tocar os bombos con dúas mazas, recoller ritmos propios da zona...), e que os rapaces e rapazas tomiñesas se incorporen en novas agrupacións deste tipo para recuperar algo propio, facendo que aínda hoxe en día en calquera festa tomiñesa sexa habitual escoitar unha treboada percorrendo as rúas interpretando un amplio repertorio propio da zona... entre a que se atopa A RUMBA DE TOMIÑO.
Rumba de Tomiño
Letra: Berta Castro GonzálezMúsica: Tradicional das treboadas tomiñesas
(canto de desafío)
HOMES:
Eu quero que ti me queiras
eu quero o teu querer
eu quero que ti me queiras
i eu quérote a ti muller.
MULLERES:
Pois eu aínda estou pensando
se che dar o meu amor
porque aghora todo é ledo
e logho xa ven o peor.
TODOS:
Pois así é o amor,
moi difícil de entender
aínda hoxe te namoro,
e mañán non te quero ver. (Todo bis)
8 sept 2010
Óscar Vicente triunfa en Edimburgo (Escocia)
8.9.10
Comentar
Óscar, coa súa medalla, flanqueado polas concelleiras de Cultura e de Servizos Sociais
O rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez, que foi recibido onte no Concello, vén de conseguir no seu primeiro ano na categoría sub 23 unha sensacional medalla de bronce no Campionato do Mundo de Duatlón celebrado en Edimburgo (Escocia) o domingo 5 de setembro.
Óscar, que dende esta temporada conta con novo adestrador (Luis Piña, seleccionador galego de Triatlón) formou -ademais- parte do equipo do Cidade de Lugo Fluvial que alcanzou a vitoria o pasado 8 de agosto na “Copa del Rey de Triatlón por Clubes”. Os seus compoñentes: Miguel Ángel Acosta, Jesús Gomar, David Castro, Adrián Vázquez, Javier Gómez Noya e o propio Óscar.
O vindeiro 18 de setembro este xove deportista competirá no “Campeonato de España de Triatlón por Selecciones Autonómicas” que este ano se celebrará en Cangas do Morrazo.
1 sept 2010
Carta aberta a todos os nosos lectores/as
1.9.10
Comentar
O Rosal, 1 de setembro de 2010.
Estimados lectores e lectoras:
Debido ás nosas últimas e distintas ocupacións, non nos é posible actualizar Noticias O Rosal coa asiduidade á que vos tíñamos acostumados. Sentímolo moito, pero estamos desbordados de traballo, así que intentaremos ir publicando pouco a pouco, en canto poidamos, as múltiples reportaxes que aínda hai pendentes...
Iso si, non vos preocupedes que non nos esquecemos, e sexa cando sexa, saírán á luz.
Dende que comezamos con esta "historia" de Noticias O Rosal -hai case dous anos e medio- consideramos que o realmente importante de ter un blog ou unha páxina na rede destas características (cultural, turística, galega... e que aínda así chega a tanta xente en todo o mundo) é precisamente recoñecer os méritos dos nosos veciños, os seus éxitos, o seu traballo, que non se esquezan certas actividades e acontecementos que ocorren ou ocorreron ao noso redor.
Queremos -e non nos cansaremos de repetilo- simplemente aportar un gran de area máis á cultura, á sociedade rosaleira e do Baixo Miño.
Podemos dicir orgullosos e abertamente que non recibimos "un duro" de ningunha entidade, non temos intereses económicos ou "ocultos", nin dependemos de ningún organismo, oficial ou non.
Somos simplemente un equipo de libres "tol@s entusiastas" que sinten un intenso amor pola vila que (na súa maioría) os viu nacer.
Graciñas a todos e todas, lectores e lectoras da web, porque sen vós "isto" non tería sentido.
E como sempre lembramos... calquera aclaración, comentario, idea, envío de información, notas de prensa, ou relativo a fotografías ou colaboracións... o que sexa... comunicádevos inmediatamente sen problema con nós nestes correos e teléfono:
637 311 007
¡Saúdos!
Atentamente,
A Dirección
Noticias O Rosal
Noticias O Rosal



























