Informa: Acanor Atlético Novás
Esta fin de semana comeza a segunda volta, na que o Novás, terceiro, recibe ao colista da competición, que aínda non estreou o seu taboeiro de puntos.
Con todo o plantel ao 100%, agárdase que os pupilos de Jota e Jimy sumen dous novos puntos despois da importante e complicada vitoria da xornada pasada ante o Embutidos Lalinense (26-24).
Con toda a segunda volta por xogarse, actualmente o Acanor Atlético Novás que preside Andrés Senra, atópase a 2 puntos de Construcciones Castro Chapela, que é segundo, e a 4 do sólido líder Calvo Xiria.
Para esta cita, a directiva obsequiará a cada socio cunha entrada gratis, que se canxeará o mesmo día na entrada. Cabe lembrar que a hora de inicio será ás 18:00 horas, posto que o Mecalia Guardés xogará o seu compromiso ás 20:00 horas.
Antes do encontro de Primeira Nacional, xogarán os filiais de Acanor Novás e Construcciones Castro (16:00 horas). Os de Manolo Armán, que acumulan case dous meses sen coñecer a derrota, non contarán con Adrián Dorna, que o sábado en Coia disputou o seu último partido e abandonará o club por motivos laborales. O seu lugar o ocupará Jorge Teixeira, que podería debutar o sábado se os papeles se preparan a tempo.
0 comentarios:
Publicar un comentario