A XXIII Feira do Viño do Rosal (17, 18 e 19 de xullo) acollerá a presentación do primeiro equipo de balonmán do Acanor Atlético Novás, que preside Andrés Senra.
En concreto, o acto celebrarase o sábado 18 ás 20:00 horas, presentado polo rosaleiro Juan Ramón Martínez Barbosa.
Iso si, segundo informa o Novás, xa "dende as 17:00 horas na Praza do Calvario haberá actividades e regalos para os máis pequenos, así como a oportunidade de fotografiarse cos xogadores do primeiro plantel".
Máis info aquí.
0 comentarios:
Publicar un comentario