TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

3 jun 2015

U.D. Ribera vs Real Club Celta de Vigo na final de Copa benxamín


Informa: U.D. Ribera

Este xoves 4 de xuño ás 19:00 horas no Estadio Municipal de A Mata, terá lugar a Final da Copa, categoría benxamín- entre a U.D. Ribera e o R.C. Celta de Vigo.

O equipo local, os benxamíns do Ribera, veñen de facer unha magnífica campaña na máxima categoría, quedando 5º clasificado e aventaxando en máis de 10 puntos a equipos de prestixio en deporte de base, como Val Miñor, Areosa, Coruxo ou Colegio Hogar. 

Conseguían o ascenso a pasada campaña e chegaron á final de Copa tras derrotar nas semifinais ao subcampión de Liga, o Santa Mariña. O Celta, pola súa parte, derrotou ao Colegio Hogar.

¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte rapaces!

0 comentarios:

Publicar un comentario