A partir de agora -por diferentes suxestións enviadas á nosa Redacción- publicaremos en Noticias O Rosal e de forma gratuíta, ofertas e demandas de emprego para axudar aos nosos veciños/as e lectores en xeral.
Cumpriremos por suposto, a Lei Orgánica de Protección de Datos e limitarémonos unicamente a ser a canle de unión e contacto entre a empresa e/ou o solicitante do emprego. Podes enviar o teu currículum (indicando que traballo te gustaría ou estarías disposto a realizar), a túa oferta ou demanda, á seguinte dirección de correo electrónico:
¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte e oxalá que este pequeno servizo que poñemos á vosa disposición sirva para que en breve atopedes un traballo! ¡Graciñas e saúdos!
0 comentarios:
Publicar un comentario