Segundo acabamos de comprobar no Ranking do Movistar Real Challenge*, o deportista rosaleiro Diego Álvarez Fernández, estivo a piques de conseguir o seu soño, xa que rematou finalmente na posición 22ª (de ¡3094 participantes!)
Iso si, Diego entra -polo momento- nos xogadores suplentes. En declaracións a Noticias O Rosal hai uns intres, dende Madrid confesábanos que "non contaba con quedar tan ben. Estou moi contento. Aínda que non entrei entre os 16 primeiros, quero agradecer a todos os/as que me votaron, pois é un gran posto"
¡Noraboa Diego, non desistas e a polo próximo reto!
*Trátase dun desafío, organizado por Telefónica Móviles, no que Diego competía por conseguir unha das 16 prazas que dará dereito a entrenar no Santiago Bernabéu e xogar posteriormente un partido no céspede do mesmo estadio. Está confirmada a participación de oito xogadores da primeira plantilla do Real Madrid.
Felicidades Diego .. muita sorte e sigue asii unha aperta maquinaa =)
ResponderEliminar