Hoxe, luns 20 de xaneiro, celebrouse na capela de Medas (Novás) a tradicional festividade na honra de San Sebastián, soldado romano e mártir.
Oficiou a misa o abade de Santa Mariña do Rosal, D. Julio Ramos Rodríguez, sendo cantada a mesma polo coro parroquial.
Dende o ano 2009 a capela conta cun interesante folleto coa súa historia, autoría do escritor da vila, Xoán Martínez Tamuxe, quen di que "as primeiras referencias á ermida atópanse no Libro I de Haciendas y Rentas de la Abadía del Rosal (1530)".
0 comentarios:
Publicar un comentario