Informa: Agrupación Musical do Rosal
Con motivo da celebración de Santa
Icía enviamos o cartel dos actos que terán o vindeiro sábado día 7
de decembro.
Os actos comezarán ás 17,30 h. cunha misa na
honra da patroa dos músicos na Igrexa Parroquial de Santa Mariña do Rosal, que
estará acompañada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal, dirixida por Toñi
Santos Vaquero.
Ás 20,00 h. no auditorio municipal
terá lugar o concerto a cargo da banda Agrupación Musical do
Rosal baixo a batuta de Marcel van Bree. Durante o
concerto presentaranse os novos músicos que se incorporan á banda,
acompañaremos o quinteto de vento Rubato, formado por cinco grandes músicos
galegos e estrearemos a obra Theseus, do compositor goianés Andrés Álvarez.
A banda interpretará o seguinte
programa:
- Marta Agustín,
pasodobre de Pere Sanz Alcover
- Songs
from the Catskills de Johan de Meij
- Concerto
for woodwind & wind ensemble quintet, de David R. Gillingham (Banda
e Quinteto de Vento RUBATO)
- Theseus
de Andrés Álvarez (ESTREA)
- Estampes Simfóniques de
Joaquin Serra, arr. Douglas McLain
Esperamos que estes actos sexan do voso agrado e pasedes con nós unha boa tarde de música.
0 comentarios:
Publicar un comentario