O ciclista rosaleiro Raúl Fernández Lorenzo comeza con forza este mes de outubro e a tempada de Ciclocrós a nivel nacional, xa que o pasado día 6 en Oviedo conseguía o terceiro posto na MMR CXperience, puntuable para a Copa Federación (antiga Copa de España).
Xa o fin de semana do 19 e 20 de outubro, Raúl colleitaba outro gran terceiro posto no X Ciclocróss Ciudad Medina de Pomar (Burgos) e tras quedar 4º en Villarcayo, facíase co terceiro posto final no Circuito Diputación de Burgos de Ciclocrós.
Así mesmo, este domingo 27 de outubro, Raúl Fernández proclamábase vencedor -tal e como se pode ler na web do Club Ciclista O Rosal-, "nada máis nin nada menos que no feudo do ciclocróss nacional como é o País Vasco e desta volta era no XXI Ciclocróss de Karrantza e polo que a falta da confirmación da RFEC, Raúl vaise posicionar como líder do ranking nacional".
¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa, Raúl!!
0 comentarios:
Publicar un comentario