Informa: Monserrat Domínguez Otero /
A.Musical
Despois das vacacións de Semana
Santa e aínda co bo sabor de boca que nos deixou o concerto do grupo de
percusión ODAIKO "espectaculares", informámosvos dos
actos que a Agrupación Musical do Rosal ten organizados para esta fin de semana.
Sábado
6 de abril, 22 h, Auditorio do Rosal. Noite de humor con CARLOS BLANCO
Actor cunha ampla traxectoria teatral, tamén como
actor, director, guionista. É un dos actores galegos de televisión máis
coñecidos. Durante dez anos foi presentador da Radio Galega e traballou en
multitude de programas e series de televisión galegas e nacionais,
como Mareas Vivas, Luar, Lobos...
A súa estrea no mundo do cine veu da man
de Antón Reixa "O lápis do carpinteiro", Patricia Ferreira "O
alquimista impaciente" e un dos seus últimos traballos foi unha pequena
colaboración en "Volver" de Pedro Almodóvar.
Foi finalista dos monólogos do Club da
Comedia e con espectáculos deste xénero leva recorrido con enorme éxito toda a
xeografía galega.
Entrada anticipada: 5 € , entrada en taquilla: 6 €
Domingo
7 de abril, 18,30 h. Auditorio do Rosal. Concerto da banda
Agrupación Musical do Rosal baixo a dirección
de Marcel van Bree, que interpretará un programa con obras de diferentes
estilos como Music for a festival, Mexican Pictures, La leyenda
del beso, An Irish Rhapsody ou Palindromía Flamenca.
Entrada
de balde, ata completar aforo.
Esperamos que estes actos sexan do voso agrado e
nos acompañedes.
0 comentarios:
Publicar un comentario