TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

9 sept 2011

O II Campionato Feminino de Futbolín celebrarase o 29 e 30 de outubro




O ROSAL ACOLLERÁ O II CAMPIONATO FEMININO DE FUTBOLÍN PARA AS RAPAZAS DO BAIXO MIÑO. AS TRES PRIMEIRAS PARELLAS CLASIFICADAS DISPUTARÁN O CAMPIONATO DE ESPAÑA.

A Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín organizará o sábado 29 e o domingo 30 de outubro o II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal, que convoca por segundo ano consecutivo esta web cultural baixomiñota.

Poderán participar todas aquelas rapazas que pertenzan á comarca do Baixo Miño (O Rosal, A Guarda, Tomiño, Tui e Oia), recibindo todas elas un agasallo conmemorativo e obtendo as tres primeiras parellas clasificadas, entre outros premios, invitacións para participar gratuitamente no “Campeonato de España Femenino de Futbolín” que se celebrará a principios de decembro deste ano en Galicia.


Os locais con futbolín que colaboran para a celebración do II Campionato Feminino Noticias O Rosal amplíanse nesta edición a tres (Bar Troya, Bar Floro e Bar D’Bute), que serán as sedes do Torneo, cos seguintes horarios:

SÁBADO 29

De 16 a 19 horas: Inauguración-Fase de Grupos. BAR FLORO.

De 19’30 a 22’30 horas: Fase de Grupos. BAR D’BUTE.

DOMINGO 30

Ás 19 horas: Fase Final. BAR TROYA


A inscrición, cun prezo moi popular -5 euros persoa (10 euros a parella)- se formalizará en calquera destes tres locais. O último día de prazo para apuntarse será o venres 28 de outubro na Presentación oficial que se celebrará ás 21:00 horas no Centro Social Polivalente do Rosal.

A modalidade de xogo: Parado (pódese facer cambios na dianteira).

Se algún local, institución, empresa ou particular do Baixo Miño quere colaborar aínda na organización deste e outros eventos coa Asociación Os Cabaqueiros, ou mesmo participar nos torneos, pode solicitar información das seguintes formas:


Correo electrónico: asociacioncabaqueiros@hotmail.com

Teléfono: 637 311 007 (Juan Ramón Martínez)

0 comentarios:

Publicar un comentario