TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

19 nov 2010

Presentouse o novidoso proxecto "Repoblar"




O mércores 17 de novembro tivo lugar no Auditorio Municipal da vila a presentación da Rede Pontevedra Banda Larga Rural "Repoblar". Trátase da rede sen fíos que a Deputación de Pontevedra está a despregar na provincia, a través do proxecto Wimax Rural Pontevedra, cofinanciado nun 70% por fondos FEDER dentro do eixo 5 "Desenvolvemento local e urbano sostible" do P.O. FEDER.


Deu a benvida aos asistentes o alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, quen estivo acompañado na mesa presidencial pola concelleira de Educación, Mabel Franco Pérez, ademais de Charo Tabales Perozo, Ángeles Vicente Manzano e Mª Carmen Alonso Alonso, responsables respectivamente dos departamentos de Cultura, Turismo e Servizos Sociais.





O acto contou coa presenza e apoio de José Collazo, informático municipal, diferentes traballadores, técnicos e funcionarios do Concello, así como do presidente da Asociación de Comerciantes do Rosal, José Martínez González, o presidente da Agrupación Musical, Jesús González Álvarez e o presidente do Grupo Filatélico e Numismático Val do Rosal, Alfonso Dorado Senra.
 

O Xefe do Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra, Amancio Varela García foi o encargado de presentar esta rede de última xeración “que pretende rachar coa brecha dixital na provincia de Pontevedra, supoñendo un antes e un despois na nosa provincia e nas súas comarcas, dándolle novos atractivos ao rural e ofrecéndolles aos seus cidadáns as mesmas oportunidades”.

Varela García afirmou que “os veciños do concello do Rosal, vivades onde vivades, ides poder ter nas vosas casas acceso a Internet de Banda Larga antes de rematar o ano 2010 por só 17 €”.

A Deputación adxudicoulle a Iberbanda o despregue desta rede, a cal, a través da súa marca tngo comercializa os distintos servizos, tanto de Internet como de telefonía.

Repoblar ofrece tarifa plana, sen compromiso de permanencia e coa instalación incluída na cota de alta (59 €). Sen necesidade de liña tradicional e ata 300 minutos de chamadas a teléfonos fixos nacionais por 6 euros ao mes.

Lembrou Amancio Varela que para poder gozar de conexión sen fíos de banda larga a Internet con esta rede de Repoblar é necesario seguir un sinxelo proceso: mediante contratación telefónica, chamando de xeito gratuíto ao 1632 ou por contratación online, a través da web de repoblar (www.repoblar.depo.es) ou da web de tngo (www.tngo.es)  

0 comentarios:

Publicar un comentario