TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

15 abr 2010

Disputouse o derbi entre o Ribera e o Guardés

O pasado domingo 11 de abril disputouse no Campo Municipal da Mata -e ante uns 450 espectadores- o derbi comarcal de fútbol entre a U.D. Ribera e o Sporting Guardés. Antes de iniciar o encontro se lle fixo unha pequena homenaxe ao equipo de Benxamíns por ter finalizado a Liga como segundos clasificados do seu grupo no primeiro ano de participación. Os seus compañeiros do equipo "grande" fixéronlles en recoñecemento o coñecido "pasillo". Así mesmo gardouse un minuto de silencio en memoria do socio Domingo Rodríguez, falecido recentemente.
U.D. RIBERA 0 – SPORTING GUARDÉS 0 O partido resultou intenso dada a gran rivalidade existente entre ambos equipos e estivo disputado de poder a poder, aínda que con poucas ocasións de gol. Iso si, as dúas escuadras desplegaron un fútbol que fixo vibrar ás súas aficións.
Estas foron as alineacións presentadas neste "clásico". RIBERA 1 Yago 2 Raúl 3 Alejandro 4 Josiño 5 Valderrama 6 Álex Estévez 7 Nico 8 Álex Tebra 9 Juli 10 Torroña 11 Anselmo Suplentes 12 Marcos 13 David 14 Jorge 15 Miguelito 16 Alberto GUARDÉS
1 Tafe 2 Max 3 Joca 4 Fidel 5 Marcos 6 Sergio 7 Matori 8 Isidro 9 Manu 10 Mariano 11 Álex Suplentes 12 Nico 14 Miguelito 15 Élder 16 Miguel A. 17 Berto O árbitro designado foi o Sr. Freitas. Amonestou por parte do Ribera a Josiño, Jorge e Valderrama. Por parte do Guardés a Mariano, Sergi e Majoni. ·Substitucións na U.D. Ribera: Min. 46 (Jorge, por Torroña); Min. 80 (Alberto, por Nico). ·Substitucións no Sporting Guardés: Min. 59 (Nico, por Matori); Min. 83 (Berto, por Álex).
Dende Noticias O Rosal queremos agradecer a información facilitada por Manuel Iglesias para a elaboración desta reportaxe.

0 comentarios:

Publicar un comentario