Seguindo coa sesión de cine que ten programada a concellaría de Cultura do Rosal que preside Charo Tabales Perozo o sábado 18 de abril ás 20:00 horas proxectarase a película O lapis do carpinteiro, basado nunha das novelas de maior éxito do escritor galego Manuel Rivas. Na súa versión cinematográfica está dirixida por Antón Reixa e protagonizada por Tristán Ulloa, María Adánez e Luis Tosar. O seu argumento é o seguinte: No cárcere de Santiago de Compostela, en plena Guerra Civil, un pintor debuxa o Pórtico da Gloria cun lapis de carpinteiro, reflectindo os rostros e a desesperación dos seus compañeiros de presidio. O gardián Herbal, o seu futuro asasino, obsérvao todo. A partir desta escena, o Lápis de Manuel Rivas conta unha historia onde o amor entre o médico republicano Daniel da Barca e Marisa Mallo logra gañar á desesperación. (Fonte e foto: Wikipedia / Cultura Galega).
0 comentarios:
Publicar un comentario