TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

16 abr 2009

Certame de fotografía VIAXANDO 2009

Dende a OMIX do Rosal que dirixe Silvia Baquero Pereira infórmannos que xa están dispostas as bases do Certame de fotografía VIAXANDO deste ano 2009. Lembramos que está organizado polas oficinas de información xuvenil de Tomiño, Salceda de Caselas, A Guarda, O Rosal, Porriño, Baiona, Gondomar e a Casa de Xuventude de Tui. Poderán participar mozos e mozas de entre 12 e 35 anos. A temática responderá ao título do Certame VIAXANDO. As fotografías poden ser en branco e negro ou a cor, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 18 a 20x24 a 25 e pegadas sobre unha cartolina negra de tamaño DIN A4. Cada participante pode presentar unha única fotografía que terá que ser orixinal e inédita. A fotografía entregarase en sobre pechado coa indicación VIAXANDO no exterior da mesma. Cada fotografía levará no dorso o pseudónimo do autor/a e, de ser o caso, o título da dita fotografía. Acompañaranse con outro sobre pechado no que figurará novamente o pseudónimo do autor/a recollendo no interior o nome e apelidos, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI. As fotos poderán presentarse nas instalacións de calquera das entidades organizadoras ata o mércores 30 de setembro de 2009. Con todas as fotografías presentadas realizarase unha exposición itinerante que percorrerá os concellos organizadores, inaugurándose oficialmente na OMIX de Tomiño o venres 16 de outubro de 2009 ás 20 horas. O xurado estará integrado por membros da organización ou persoas nas que deleguen. O fallo do xurado farase público o 9 de outubro de 2009. Difundirase o fallo nos medios de comunicación así como por teléfono á persoa premiada. O xurado poderá declarar deserto o premio. Concederase un único premio consistente nunha CÁMARA DIXITAL. A participación no Certame implica a aceptación das bases e das decisións adoptadas polo xurado.

0 comentarios:

Publicar un comentario