Este domingo 19 de abril o rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) proclamouse en Teruel e por terceiro ano consecutivo campión de España júnior de Duatlón. Lembramos que Óscar é o actual campión de Europa da categoría, terceiro do mundo individual e campión mundial por equipos con Mario Mola e Alberto Moreno. Nunha proba con gran nivel Óscar, que recentemente regresou a Galicia tras pasar un mes concentrado en Sudáfrica xunto a Javier Gómez Noya, mostrouse practicamente inalcalzable para os seus rivais (especialmente en ciclismo) e superou ao mallorquín Mario Mola (Bimont Champion-System), o seu gran rival e amigo, en case un minuto. O terceiro posto foi para o toledano Fernando Alarza (C.D. Tritalavera). Con razón o rosaleiro vén de ser elixido en febreiro “mellor deportista promesa provincial” na Gala do Deporte da Deputación de Pontevedra.
0 comentarios:
Publicar un comentario