FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

9 jul 2012

MANUEL GONZÁLEZ, CAMPIÓN DE GALICIA DE BTT. OS SEUS COMPAÑEIROS TOÑI PORTELA E RAÚL FERNÁNDEZ, BRONCE.



Segundo podemos ler na entusiasta e activa web do Club Ciclista O Rosal "Despois destes días tristes polo falecemento do Vicepresidente José Luís Martínez, a alegría voltou no día de onte ao Club Ciclista O Rosal da man dos seus ciclistas no Campionato de Galicia de BTT en forma dunha medalla de ouro e dúas de bronce.

En Cadetes representábanos Raúl Fernández que nunha gran actuación se facía coa Medalla de Bronce nunha especialidade da que non é habitual.
 
Na categoría Júnior, Antonio Portela tamén se facía coa Medalla de Bronce e para rematar era Manuel González o que subía ao máis alto do "caixón" para proclamarse Campión de Galicia de BTT Júnior e así traer para as nosas terras esa Medalla de Ouro.

Sen dúbida outro éxito dos integrantes do Club Ciclista O Rosal que voltan a comandar no ciclismo galego".
 
¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa!!

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "MAR DE RECUERDOS" QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN XUVENIL ACTÍVATE


A exposición estará aberta ao público a partir do día 9 de xullo e ata o 3 de agosto, no local da Asociación Érguete Baixo-Miño, en horario de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h. e os mércores e domingos de 16:00 a 20:00 h.

Está organizada pola Asociación Xuvenil "ACTÍVATE", que preside Jorge Rodríguez Bahamonde, na que colabora o Concello de A Guarda, o Clube da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda, e as entidades ÉRGUETE BAIXO MIÑO, MULLER CAMIÑA CON NÓS e INFOMAXE.

Levarán a cabo esta exposición de fotografías titulada "MAR DE RECUERDOS", no que cada semana irán trocando as imaxes co fin de realizar unha campaña de identificación das persoas que alí aparecen, xa que a maioría desas imaxes proceden do arquivo fotográfíco do que dispón INFOMAXE, da sección de traballos de José Gardeazábal Rivas (Pepe Rivas).

A intención desta agrupación é identificar o maior número de persoas: nosos pais, irmáns, avós e veciños/as, para crear un ficheiro local.

ESTE VENRES 13 DE XULLO CELÉBRASE O II CAMPUS DE BALONMÁN ATL. NOVÁS



Informa: Aurora Lomba Álvarez / Atlético Novás
Fotografías: Noticias O Rosal

Este venres 13 de xullo, dende as 10 da mañá ás 6 da tarde, terá lugar o II Campus de Balonmán Atlético Novás, que se celebrará no Pavillón Municipal do Rosal.


Este campus-campamento está destinado a nenos de entre 10 e 15 anos, "onde darán os primeiros pasos para iniciarse no deporte do balonmán".


A inscrición é de 3 euros (entregar na entrada do pavillón). Podes anotarte, aínda quedan prazas.


Cada neno terá un bocadillo e auga ao mediodía. Así mesmo entregaráselle a cada participante unha camiseta de recordo deste evento.

Podes solicitar o impreso da inscrición na seguinte dirección de correo electrónico:
baseatlnovas@hotmail.com


Para máis información, podes contactar coa Organización tamén no teléfono 627 790 435.

Nas imaxes, monitores e participantes na primeira edición de 2011.

8 jul 2012

LEMBRAMOS O I TORNEO DE TAEKWONDO BASE CONCELLO DO ROSAL 2012



Lete Lasa, na entrega de premios, xunto a Claudia Marcelli

Fotografías: José Cid / Ximnasio Excalibur (O Rosal)

O pasado sábado 30 de xuño, tivo lugar no pavillón municipal o I Torneo de Taekwondo Base Concello do Rosal. Un rotundo éxito de participación con 160 nenos/as e, por suposto, de asistencia de público.
 
Claudia Marcelli, Miguel Otero e Brayan Barbosa conseguiron sendas medallas de ouro. Pola súa banda Gabriel Pazó, acadou unha de bronce. O conxunto Área-Excalibur obtivo a vitoria xeral por equipos nas tres categorías.
 
O evento estivo organizado polo Ximnasio Excalibur (co seu director Víctor Valderrama e o adestrador Santiago Pazos Méndez ao fronte) e por Aréa Complexo Deportivo (representado por José Loren Rodríguez).


Contou coa colaboración da Deputación de Pontevedra (asistiu Pablo Baquero), Deporte Galego (co secretario xeral, José Ramón Lete Lasa) e o Concello do Rosal (coa asistencia -entre outros- do alcalde Jesús Mª Fernández Portela e do concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz).
 
Lembramos así mesmo, que estiveron os sete principais clubs da provincia e celebrouse unha espectacular exhibición do Ximnasio Tao de Vigo, campión de España e de Europa da disciplina.








5 jul 2012

SUSPENDIDA A OBRA DE TEATRO "ROSIÑA SOLTEIRA" QUE SE ÍA CELEBRAR ESTE SÁBADO NO AUDITORIO DO ROSAL



Segundo nos veñen de comunicar dende a Organización, mantense a programación teatral de hoxe sábado, á mesma hora, coa peza de PIC-NIC do grupo de teatro Osiris de Salceda de Caselas, asesorados nesta montaxe por Xerpo Cultural.

Así mesmo "por causas de forza maior (enfermidade)" suspéndese a función da obra Rosiña Solteira, que interpretada polos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Teatro da Guarda se ía celebrar este sábado 7 de xullo no Auditorio Municipal do Rosal.

Agardamos non sexa nada e poidamos en datas vindeiras pasar un rato agradable disfrutando da escenificación dunha obra, cuxa orixinal é Doña Rosita, La Soltera o el Lenguaje de las Flores, comedia da autoría de Federico García Lorca, ambientada en Granada e que se estreou en decembro de 1935 en Barcelona.

HOMENAXE E RECOÑECEMENTO AO PINTOR E DEBUXANTE ROSALEIRO FLORINDO ÁLVAREZ MARTÍNEZ


 

O sábado 7 de xullo, o Concello do Rosal renderá unha homenaxe ao pintor e debuxante Florindo Álvarez Martínez, segundo foi aprobado na sesión plenaria do pasado mes de marzo, data que coincide co 66 aniversario do seu nacemento.

Lembramos que Florindo, "Floro de Pancenteo", faleceu o 26 de febreiro deste ano. Precisamente o acto terá lugar na Praza do Xogo, en Pancenteo, ás 11 da mañá e estará aberto a todos os veciños e veciñas que desexen asistir.

O grupo de gaitas Airiños do Folón actuará neste evento onde se descubrirán as placas da rúa que levará o nome do homenaxeado.

4 jul 2012

ESTE VENRES 6 DE XULLO, TERÁ LUGAR UN CONCERTO DE CORAIS NO AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL



Informa: Montserrat Domínguez Otero / Agrupación Musical do Rosal

Dende a Agrupación Musical do Rosal queremos convidarvos ao concerto que terá lugar este venres día 6 de xullo, ás 20:00 horas no Auditorio, no que participará o Coro Infantil, a Coral da Agrupación Musical do Rosal e tamén contaremos coa participación dunha coral invitada chegada dende Chile, a Coral Cantares de España, de Punta Arenas.


A CORAL CANTARES DE ESPAÑA (PUNTA ARENAS-CHILE) ACTUARÁ ESTE VENRES NO AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL



Información e imaxe: Agrupación Musical / Noticias O Rosal / La Prensa Austral / Radio Polar

Segundo nos informan dende a Agrupación Musical da vila que preside Iván Diego Martínez, este venres 6 de xullo, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Rosal, terá lugar un concerto da coral Cantares de España, dependente do comité cultural da Sociedade Española de Punta Arenas (Chile).

Este grupo coral foi creado o 6 de outubro de 1999 na Casa de España (na imaxe, celebrando o 10º aniversario) e realiza dende onte, martes 3 de xullo, unha xira musical de dúas semanas por Galicia e Asturias (Vigo, Oviedo, Santuario da Virxe de Covadonga, Mieres, etc).

O grupo o integran 16 cantantes dirixidos polo profesor de música Gonzalo Fernández Muñoz. O seu repertorio está composto por obras españolas, especialmente cancións galegas e asturianas, así como obras do folclore nacional, repertorio rexional, cancións modernas e temas da Misa da Alegría (misa española).

3 jul 2012

O TOUR DO PATO LOLO VISITA A GUARDA PARA SUMAR NOVAS PERSOAS AO PROGRAMA DE FAMILIAS ACOLLEDORAS




Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño
  
Pertenece a una campaña de Cruz Roja para sumar nuevas personas al programa de familias acogedoras. (Foto: Cruz Roja)
 
• Se necesitan familias de acogida para proporcionarles un hogar temporal a menores que atraviesan una situación de dificultad en Galicia.

Este sábado 7 de julio, en el puerto (zona de la carpa de A Langosta) será el escenario de las actuaciones del tour del Pato Lolo que visita A Guarda.

Se trata de una campaña informativa y de sensibilización que Cruz Roja Galicia lanza sobre el programa de familias acogedoras que se desarrolla en colaboración con la Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia y que realizaremos en la provincia de Pontevedra.

Durante la jornada del sábado 7 de julio, a partir de las 11:30h, instalaremos un stand informativo en el puerto de A Guarda para dar a conocer el programa de familias acogedoras. Además se realizarán acciones de animación de calle en las que van a participar un equipo de voluntariado de Cruz Roja en Baixo Miño.

Dentro de estas actividades se tiene previsto desarrollar varias sesiones de cuentacuentos sobre el libro del “Pato Lolo”, en el que se cuentan las andanzas de un simpático parruliño que vive una situación similar a la que pasan los menores durante el período de acogimiento.

Las sesiones de cuentacuentos están previstas para las 13:00, 18:00h y 19:30h. Las actividades son abiertas a todos los públicos, por lo que animamos a participar en el cuentacuentos y conocer el funcionamiento del programa de acogida y su importancia para muchos menores de nuestra comunidad.

Los objetivos principales de la campaña son informar acerca de los detalles de este programa y animar a la población en general a formar parte del mismo, ya que es importante incrementar el número de familias acogedoras en Galicia, que puedan proporcionar un entorno familiar a los niños y niñas que atraviesan una situación de dificultad temporal que impide que estén con sus padres y madres.
 
Bajo el lema “Abre otra puerta en tu corazón”, la campaña se lleva desarrollando desde el mes de mayo y hasta noviembre en las cuatro provincias gallegas y pondrá en marcha actividades lúdicas informativas en 15 localidades. Uno de los elementos de la campaña es la edición de un cuento infantil, donde el protagonista es el pato Lolo, que vive una situación similar a la que pasan los menores durante el periodo de acogimiento.

En la provincia de Pontevedra la campaña comenzó en Vilagarcía el pasado 19 de mayo para a continuación pasar por las ciudades de Pontevedra el 16 de junio, A Guarda el 7 de julio y Vigo el 27 de octubre.

Programa de familias acogedoras

Es un programa de la Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia que gestiona Cruz Roja en Galicia desde 1995. El acogimiento es una medida alternativa al internamiento de menores y, además, es fundamental tener en cuenta que hay casos urgentes, generalmente de niños de 0 a 6 años, a los que hay que dar respuesta de manera inmediata. Actualmente en Galicia 177 niños ya han sido acogidos por 131 familias acogedoras durante el primer cuatrimestre del año.

Y en la provincia de Pontevedra contamos con 38 familias que ya han acogido a 50 menores durante este 2012.

El perfil de las familias acogedoras es muy variado, pueden ser matrimonios, parejas de hecho, personas solteras, con o sin hijos… siendo lo más importante el compromiso con el proyecto y tener claros una serie de requisitos, como que el acogimiento no tiene finalidad adoptiva o que es crucial que se respeten y acepten las características del menor y de su familia de origen.

Es esencial ampliar número de familias acogedoras, ya que no siempre es fácil dar con la familia acogedora idónea para cada niño y son muchos los factores que han de tenerse en cuenta.

O NOSO RECOÑECEMENTO PARA JOSÉ LUIS MARTÍNEZ COSTAS, VICEPRESIDENTE DO CLUB CICLISTA O ROSAL



A máis triste das noticias podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal:

"No día de hoxe (luns) faleceu o Vicepresidente do Club Ciclista O Rosal, José Luis Martínez Costas.

Pérdida irreparable para a familia, amigos e como non para este Clube, o que adicou tantos anos coa única contraprestación da satisfacción que lle producía o estar cos nenos e tratar de sacar o millor deles e do ciclismo.

Dende o Club Ciclista O Rosal queremos acompañar á familia nestes momentos tan duros.

¡¡¡¡Hasta sempre JOSÉ e GRACIAS pola tua adicación a este CLUBE!!!!"


Hoxe, martes 3 de xullo, ás 18:00 horas celebrarase o funeral pola súa alma na igrexa parroquial de Santa Mariña.

Dende Noticias O Rosal, igualmente o noso máis sentido pésame para a súa familia, amigos e para o Club Ciclista da vila. Sen dúbida vaise un dos grandes colaboradores e impulsores do ciclismo galego.
 
Descansa en paz, José Luis.






2 jul 2012

SARA ALONSO BARBOSA XOGARÁ COA SELECCIÓN GALEGA O XIX TORNEO NACIONAL INFANTIL DE BALONMÁN



Informa: Manuel Ángel Pombal

Tres xogadoras do Atl. Guardés infantil feminino foron seleccionadas para xogar coa selección galega o XIX Torneo Nacional Infantil de Balonmán.

As xogadoras Sara Alonso Barbosa (O Rosal), Marta Pombal Martínez (Oia) e Lara Silva Pérez (A Guarda) do Atl. Guardés da división de honra infantil feminina, foron seleccionadas para participar coa selección galega da súa categoría no XIX Torneo Nacional Infantil de Seleccións Autonómicas de Balonmán (XIII Memorial Juan José Arribas), que se celebra do 4 ao 8 de xullo na localidade asturiana de Cangas del Narcea.

Este ano participan no torneo  seis seleccións infantís femininas e outras seis masculinas, xogando todas contra todas a un partido en cada unha das categorías.

A última hora do sábado xogaranse os partidos para os postos quinto e sexto, mentres que o domingo xóganse os que completarán a clasificación dos catro primeiros postos.

Trátase, pois, dun importante torneo que se ven celebrando en Cangas del Narcea dende o ano 1993.

A relación completa das 14 xogadoras seleccionadas é a seguinte:

Atl. Bueu: Ana Piñeiro Santaclara.

SD. Carballal: Paula Barciela Álvarez e Xiana Fernández.

Atl. Guardés: Sara Alonso Barbosa, Marta Pombal Martínez e Lara Silva Pérez.

UB. Lavadores: Xulia Pereira Martínez, Uxía López González, e Ainhoa da Rocha Duarte.

BM. Rasoeiro: Natalia Pérez Castro.

Seis do Nadal: Carmen Prelchi Gallego.

BM. Cangas: Laura Álvarez Priego.

BM. Lalín: Elvira Fe Nercellas Rodríguez.

BM. Chapela: Carmen Pereira Millos.

Estas xogadoras defenderán á selección galega nos seis partidos que a enfrontará ás seleccións de Asturias, A Rioxa, Madrid, Canarias e Extremadura no Polideportivo Municipal de Cangas del Narcea.

O equipo técnico que acompaña á selección está formado por: Emilio Barciela Iglesias (Adestrador), Jennifer Alonso Cerqueira (Axudante), e Rubén Porto Douro (Masaxista).

30 jun 2012

MODESTO AUGUSTO, NOVO TÉCNICO DO MECALIA ATLÉTICO NOVÁS


(Foto: Mónica Ferreirós / La Voz de Galicia)

No activo perfil do Mecalia Atlético Novás de facebook podemos ler a seguinte noticia con respecto ao cambio de adestrador no conxunto rosaleiro:

"Rápido se ha movido la directiva del Atletico Novás para encontrar sustituto de Viktor Tchikovlaev. El candidato escogido, por su experiencia y conocimientos tanto de la liga como buen conocedor de nuestra plantilla es Modesto Augusto, ex técnico de Teucro, Cangas y Porriño y uno de los más populares del balonmano gallego.

Ha sido fácil llegar a un acuerdo ya que el entrenador nacido en Cangas "se encontraba en deuda con el Novás". Está muy ilusionado con este nuevo proyecto que echará a rodar en agosto.
Bienvenido Modesto!!"


O ADESTRADOR VIKTOR TCHIKOULAEV DESPÍDESE DO MECALIA ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN E DA SÚA AFECCIÓN



Segundo se pode ler no perfil de facebook do Mecalia Atlético Novás, estas son as palabras de despedida de Viktor Tchikoulaev, xa ex-técnico do equipo de balonmán rosaleiro.

"Caros amigos,


Gostaria de deixar pessoalmente o meu agradecimento à direcção, aos jogadores e equipa técnica e aos sócios, adeptos e apoiantes deste fantástico clube de andebol.

À Direcção, especialmente para o Sr. Presidente, um obrigado pela relação profissional e pela amizade que foi possível construir durante este curto tempo em que trabalhamos juntos. Obrigado também pela compreensão e apoio demonstrado neste momento de mudança de rumo, que foi tão inesperada para o clube como foi para mim.

Aos Jogadores e equipa técnica, foi um prazer trabalhar com todos, ganhar, aprender e crescer diariamente na modalidade do andebol.

Aos Sócios e adeptos, um obrigado pelo vosso apoio e força, nos bons momentos e nos menos bons. É maravilhoso encontrar em Rosal uma paixão tão grande pelo andebol.

Por razões profissionais, na próxima temporada vou ser treinador noutra geografia. Saio do Mecalia Novás com um sentimento que havia mais para fazer. Desejo muita sorte e sucesso ao clube!

Com todo o respeito, despeço-me com um Até breve."

29 jun 2012

ESTE SÁBADO CELÉBRASE NO PAVILLÓN MUNICIPAL O I TORNEO DE TAEKWONDO BASE CONCELLO DO ROSAL 2012



O sábado 30 de xuño, a partir das 9:45 horas da mañá, no pavillón municipal, terá lugar o I Torneo de Taekwondo Base Concello do Rosal.

O evento está organizado polo Ximnasio Excalibur (co seu director Víctor Valderrama e o adestrador Santiago Pazos Méndez ao fronte) e por Aréa Complexo Deportivo (representado por José Loren Rodríguez) coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Deporte Galego e o Concello do Rosal.

Este torneo contará cos sete principais clubs da provincia (máis de 150 participantes en categoría base (anos 1998-2001). Haberá, ademais, unha espectacular exhibición do Ximnasio Tao de Vigo, campión de España e de Europa da disciplina.

Na imaxe, algúns dos alumnos/as de taekwondo do Ximnasio Excalibur do Rosal co seu mestre, Santiago Pazos.

28 jun 2012

A ROSALEIRA RUTH MARTÍNEZ RECIBE O PREMIO FIN DE CARREIRA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA 2011



A rosaleira Ruth María Martínez Barbosa* ven de conseguir o Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia 2011 "en recoñecemento á excelencia académica nos estudos conducentes ao título universitario oficial de Licenciada en Psicoloxía, rematados no ano 2011, na Universidade de Santiago de Compostela".


O acto celebrouse o mércores 27 de xuño na Cidade da Cultura e estivo presidido por Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia e polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, entre outras autoridades.


Ruth, que fai catro meses acadara tamén o Premio Extraordinario de Fin de Carreira en Psicoloxía (USC) do ano 2012, recibiu este novo galardón tras ter o mellor expediente na súa disciplina en toda Galicia.

*Ruth María Martínez Barbosa (O Rosal). Premio Extraordinario de Fin de Carreira na titulación de Filoloxía Hispánica, curso 2001-2002 (Universidade de Vigo). Obtén o Diploma de Estudos Avanzados (DEA, en Lingüística Xeral, U.S.C., 04-05), e traballa durante a Etapa de Tese na Facultade de Filoloxía da USC como investigadora dentro desa mesma área. Compaxina esta labor investigadora cos estudos de Xornalismo, licenciándose en 2005, así como cos de Psicoloxía, acadando a Licenciatura en 2011, en ambos casos na Universidade de Santiago de Compostela. Recentemente ven de conseguir unha praza de formación sanitaria especializada no ámbito da Psicoloxía (PIR, Psicólogo Interno Residente).


27 jun 2012

ÉRGUETE BAIXO MIÑO PON EN MARCHA O PROGRAMA "CAMBIO DE SENTIDO"



Informa: Natalia González / Érguete Baixo Miño

Un ano máis, co comezo do verán, a Asociación Érguete Baixo Miño pon en marcha a campaña de información ás autoescolas sobre o Programa de prevención do consumo de alcohol e outras drogas na condución de vehículos, co fin de lograr a súa implicación e poder impartir o programa nas súas aulas.

Trátase dunha actuación preventiva denominada CAMBIO DE SENTIDO que pretende mellorar a información dos/as alumnos/as das autoescolas, principalmente mozas e mozos de entre 18 a 25 anos, en relación cos riscos asociados á condución de vehículos baixo os efectos do consumo de alcohol e outras drogas, promovendo actitudes e condutas máis seguras e responsables no respecto das taxas de alcoholemia, e outras condutas de risco.

Para a realización desta actuación contamos co fundamental apoio destas autoescolas agradecendo de antemán a súa disposición e colaboración para a realización da actividade. As sesións son impartidas polas técnicas de prevención da Asociación, durante os meses de xullo, agosto e setembro utilizando recursos audiovisuais e unha metodoloxía participativa.

Esta actividade está promovida pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública –Consellería de Sanidade- e se enmarca dentro das actuacións do Plan de Trastornos Aditivos de Galicia 2011-2016, para reducir o número de accidentes nas nosas carreteiras. Como a campaña “Tolerancia Cero” co consumo de drogas ao volante que a DXT porá en marcha a partir do próximo 9 de xullo. Para elo, realizará miles de controles aleatorios "en todas as vías, horas e días da semana".

Equipo Técnico de Prevención
Contacta:
Rúa Colón, 20 - 36780 A Guarda (Pontevedra)
Tfno.:/Fax: 986 61 44 07
Séguenos en:
facebook.com/erguetebm
@ErgueteBM