FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

7 mar 2014

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DESTE 2014



Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, este luns 10 de marzo comeza o prazo de inscrición para as probas de acceso a ciclos de grao superior.

Pódese consultar o borrador da Orde do 5 de marzo de 2014 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014 nesta ligazón.

XORNADA SOBRE A POSTA EN VALOR DOS ESPAZOS AGRARIOS E FORESTAIS



Informa: AEDL Concello do Rosal

O vindeiro xoves 20 de marzo (19:00 horas) o Salón de Exposicións do Concello do Rosal acolle unha xornada sobre "Novas expectativas agroforestais: A experiencia dos froitos do bosque noutros territorios".

A organización corre a cargo do Grupo de Desenvolvemento Rural Maiv-Baixo Miño, en colaboración co Concello do Rosal.

Aínda que a presenza á charla é libre e de balde, prégase confirmación de asistencia no teléfono 986 44 30 30 ou a través do enderezo electrónico info@agdr18.org 


6 mar 2014

ANDAINAS O ROSAL COÑECE O TEU CONCELLO 2014, PARA MARZO E ABRIL



Segundo se pode ler no boletín de marzo-abril do Concello do Rosal, vólvese a poñer en marcha neste 2014 o programa de andainas O Rosal. Coñece o teu concello, "unha serie de rutas a pé que permiten aos participantes non só realizar actividade física, senón tamén descubrir os enclaves culturais e naturais da vila".

A XIII Andaina celebrarase o vindeiro sábado 15 de marzo, con saída ás 15:30 horas para coñecer o tramo do vial que discorre polo noso concello.

A XIV Andaina terá lugar o sábado 26 de abril, con saída tamén ás 15:30 horas.

Estase pendente de confirmar o punto de saída da andaina de marzo e do percorrido que se realizará na segunda, de abril. "Así, pois, quen desexe anotarse nesta actividade gratuíta pode facelo chamando ao teléfono 986 62 50 00 deixando o seu nome e número de contacto, por se houbese algún cambio na programación ou mesmo aprazamento debido a condicións meteorolóxicas".

Para estas andainas recoméndase levar roupa cómoda e calzado axeitado, así como gorra, protección solar e auga.

O ROSAL HOMENAXEA AOS SEUS DEPORTISTAS O VINDEIRO 12 DE ABRIL



Segundo se informa dende o Concello, o vindeiro sábado 12 de abril ás 20:00 horas, celebrarase no Auditorio Municipal o II Recoñecemento ao Mérito Deportivo, co que O Rosal homenaxeará aos seus deportistas máis destacados.


Hai que lembrar que a I edición deste acto tivo lugar o 20 de febreiro do pasado 2011. O estudo e presentación correu a cargo de Juan Ramón Martínez Barbosa, daquela membro do Departamento de Cultura, "quen realizou un exhaustivo percorrido profundizando na historia de cada club, así como repasando o currículum persoal dos deportistas máis destacados dende mediados do século XX ata a actualidade".


Dende o Concello do Rosal faise un chamamento "para que todos os clubs e os deportistas fagan chegar o seu currículum ao email deportes@concellodorosal.es para ter así toda a información de primeira man".

5 mar 2014

PROGRAMA DA FEIRA DE SAN GREGORIO (8 E 9 DE MARZO) EN PÍAS - O ROSAL



A Feira de San Gregorio 2014 (Pías-San Miguel de Tabagón) celébrase esta fin de semana (sábado 8 e domingo 9 de marzo) co seguinte programa de festas.


ACTOS RELIXIOSOS NA CAPELA DE SAN GREGORIO

Sábado 8 de marzo, ás 20:15 horas, Misa rezada.

Domingo 9 de marzo, ás 10:00 horas, Misa rezada.

Domingo 9 de marzo, ás 12:00 horas, Misa Solemne con Sermón e Procesión acompañada polo grupo de gaitas A BOALLEIRA, que percorrerá tanto sábado como domingo as rúas do pobo.



SÁBADO 8 DE MARZO. INAUGURACIÓN DA FEIRA

Ás 17:00 horas, Inauguración da Feira e apertura da Cantina "coa degustación de viños de adegas do Val do Rosal, acompañados polas mellores viandas: queixo, chourizos, tortillas... e como non, a tradicional rosca de roxóns".


Este ano 2014 terá lugar a XVII edición da Rosca de Roxóns, amenizando a Feira a charanga Grupo de Amigos OS DA ORDE.

A partir das 18:00 horas, actuación para todos os públicos, co espectáculo de maxia e animación de MAGO MARCO POMBO E CÍA. Así mesmo, está confirmada a presentación e intervención de MICKAEL e DIAMOND, dous mozos magos da Comarca, que "se colarán facendo trucos entre o público".

DOMINGO 9 DE MARZO. CLAUSURA DA FEIRA

Como é tradicional, haberá polbo á feira durante todo o día, coa actuación, de mañá do grupo A BOALLEIRA.



A partir das 19:00 horas, actuará o grupo folk de Baiona, ABÓBRIGA.


EXPOSICIÓNS DA FEIRA DE SAN GREGORIO

Exposición de escultura: GENARO ALONSO.

Exposición de pintura: MARY CARMEN VARELA.

Exposición de encaixe de palillos e palillada.

Exposición e venda de antigüidades.

Comercio Xusto e Mostra Cestería

IX Feira de Artesanía

I Mercadillo de 2ª Man e Troco.





TODOS OS VÍDEOS DA SUBIDA DO MAIO NOS ENTROIDOS DE NOVÁS 2014



Velaquí vos deixamos os enlaces aos catro vídeos da Subida do Maio en Novás, que se celebrou o domingo 2 de marzo, despois de case 50 anos.

As gravacións son da autoría e xentileza de Anselmo Martínez Pena, con publicación en Youtube.




ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO DE FORNELOS 2014



O sábado 1 de marzo achegámonos un ratiño ata a Praza de Fornelos para ver en directo a animada actuación do grupo musical ADREDDE e realizar algunhas fotografías do fantástico ambiente de entroido que se respirou pola noite durante esta fin de semana na nosa vila rosaleira.







Lembrade que este domingo 9 de marzo, e se o tempo o permite, celebrarase na Praza do Calvario o tradicional Concurso-Desfile.

1 mar 2014

O DESFILE DE ENTROIDO DO ROSAL APRÁZASE AO DOMINGO 9 DE MARZO



Segundo se informa dende o Concello do Rosal, "o desfile previsto para o domingo 2 de marzo suspenderase polo mal tempo", quedando aprazado para o "vindeiro 9 de marzo á mesma hora (11:30 h.)".

27 feb 2014

CELEBRACIÓN AO GRANDE DO EQUIPO BENXAMÍN "B" DA U.D.RIBERA



Onte, mércores 26 de febreiro, o Bodegón-Tapería Os Seixiños. "O Bar do Trinta" acolleu unha celebración por todo o alto do equipo benxamín "B" da U.D. Ribera de fútbol (O Rosal).


Convidados polo seu adestrador, "Sevi", que un día antes estivera de aniversario, os futbolistas do Ribera disfrutaron ao grande dunha merenda-cea, con tapas e churrasco, cantando consignas de ánimo, xogando ao futbolín ou a playstation, mentres tamén vían o partido da Champions entre o Schalke 04 e o Real Madrid.



Finalmente, logo da "murcideira", xogadores e pais tributaron unha pequena homenaxe ao míster, con sendos agasallos.


¡Dende Noticias  O Rosal, a nosa noraboa por esta xuntanza!

PRIMEIRO TORNEO DE FUTBOLÍN DAS FUTURAS PROMESAS DO BAIXO MIÑO



O Bodegón-Os Seixiños situado na Gándara (A Guarda), co seu xerente, o rosaleiro Sergio Rodríguez Rodríguez "Trinta" acollerá este domingo 2 de marzo a partir das 15:30 horas, o I Torneo de Futbolín Infantil-Juvenil do Baixo Miño, no que se poderán apuntar rapaces e rapazas de entre 10 e 18 anos "ambos inclusive" para disfrutar deste xogo tradicional galego.


Para inscribirse ou para máis información podedes enviar un correo a obardotrinta@gmail.com ou ben visitar os perfís do local nas redes sociais e o seu blog:
http://obardotrinta.blogspot.com.es/

¿QUE É O MAIO DE NOVÁS? CASE 50 ANOS DESPOIS VERASE NO ENTROIDO


Tras recibir varias preguntas dos nosos lectores, despois da publicación da nosa última entrada do blog con respecto a en que consistía a recuperación do "Maio de Novás", investigamos un pouquiño sobre esta celebración.

Quizais levántanse os maios en lembranza da diosa da mitoloxía romana "Maya", coincidindo coa inmimente chegada da primavera.

Con respecto ao Maio de Novás, e segundo afirmaba Eduardo Martínez González "O Paxoro" no seu boletín nº 55 de La Voz de mi Conciencia (decembro, 1994): "O Domingo Gordo, que no es otro que el anterior al de Carnaval... empezaba esa, digamos "onírica" catarsis colectiva anual alrededor del símbolo fálico que O MAYO representó".

E segue dicindo "Catarsis regenerativa social que, aquí en Novás, no "giraba" solo alrededor de la Primavera floreciente sino que, cogiendo a la CREACIÓN  por sus "partes", en un lúcido y sincero considerar el sano vivir sexualmente, lo celebraban simbólicamente a partir del DOMINGO GORDO y tras el acto de "penetrar" a la madre Tierra con el erecto MAYO engendrador".

Igualmente afirma que "la fiesta de O Mayo no era una ceremonia iniciática, sin embargo el folklore que de él nos llegó duró hasta los pasados años sesenta, totalmente ajeno a ese su significado primigénico".

"O Paxoro" relata que "no existió ni existe irreverencia alguna ante algo o alguien por parte de las gentes de Novás cuando de esta forma tan natural celebran lo natural, sino que se limitaban -nos limitamos- a obedecer ciegamente a Dios".



Fai pois case 20 anos que Eduardo Martínez González reclamaba que "recupere mi pueblo esta olvidada fiesta de O Domingo Gordo y la celebre como antaño".

En que consistía "O Maio" segundo "O Paxoro": "Pues el MAYO era un enorme tronco de pino desramado y limpio de corteza, al que manos amorosas lo ungían y adornaban con flores y frutas sobre un manto de ramas de "buxo" (boj), "manto" que al tronco rodeaba, sujeto él con lazos de mimbre. Una vez limpio y adornado este enorme tronco de pino, lo izaban y hacían que vigoroso penetrase en la Tierra, donde quedaba erecto y majestuoso tal cual era propio de su razón de ser".

Este domingo 2 de marzo a partir das 16:30 horas, volveremos, pois, a disfrutar en Novás da Subida do Maio.



25 feb 2014

AS FESTAS DE ENTROIDO EN NOVÁS DAN COMEZO ESTE DOMINGO 2 DE MARZO


Foto: Luisa Fernández

Este domingo 2 de marzo, a partir das 16:30 horas, dan comezo as Festas de Entroido en Novás coa SUBIDA DO MAIO (recuperación de tradición centenaria que leva 46 anos ausente nesta xuradía).

Ademais celebraranse XOGOS POPULARES, haberá chocolate quente e rosca.

O luns 3 de marzo, ás 16:30 horas, GRAN CORRIDA DO GALO.

Para finalizar, o martes 4 de marzo, a partir das 18:00 horas, tradicional FRIXIDELA para todos. Música a cargo do trío ADREDDE.

A Comisión de Festas comunica que haberá carpa.

CONCERTO DE DEIXANDAR NA III FESTA DE ENTROIDO "DA-LHE CO SACHO"


Deixandar, grupo rosaleiro de música tradicional galega, actuará este venres 28 de febreiro (22:00 horas) xunto con O Son da Triga, do Condado, na terceira edición da festa de Entroido, "Da-lhe co Sacho", organizada polo Centro Social Fuscalho (A Guarda).

Tale  como reza o cartel, a partir das 19:00 horas, haberá xogos populares (zancos, lanzamento de boina...), premio ao mellor disfraz, etc.

Máis información: http://fuscalho.blogspot.com.es/



CONVÓCANSE OS CURSOS CELGA 2014 NAS ESCOLAS DE IDIOMAS


Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, "a Consellería de Educación convoca os cursos preparatorios dos CELGA dos niveis 1, 2, 3 e 4 para o ano 2014. 

Os cursos impartiranse entre marzo e maio.

O prazo de presentación será ata o 7 de marzo".

Máis información: 986 62 50 00.

21 feb 2014

TAPERÍA DE A GUARDA OFRECE TRABALLO A COCIÑEIRO/A CON EXPERIENCIA

Publicamos agora, a oferta inaugural de traballo no Baixo Miño. 

Tapería de A Guarda (Pontevedra) precisa de cociñeiro/a con experiencia, para incorporación inmediata. 

Valoraranse de forma positiva os coñecementos do candidato/a na elaboración de menús e tapas, así como en repostería. 

Envía, pois, o teu currículum a emprego@noticiasorosal.es co asunto COCIÑEIRO/A TAPERÍA e faremos chegar a túa mensaxe canto antes á dita empresa. 

PUBLICACIÓNS GRATUÍTAS DE OFERTAS E DEMANDAS DE EMPREGO

A partir de agora -por diferentes suxestións enviadas á nosa Redacción- publicaremos en Noticias O Rosal e de forma gratuíta, ofertas e demandas de emprego para axudar aos nosos veciños/as e lectores en xeral.

Cumpriremos por suposto, a Lei Orgánica de Protección de Datos e limitarémonos unicamente a ser a canle de unión e contacto entre a empresa e/ou o solicitante do emprego. Podes enviar o teu currículum (indicando que traballo te gustaría ou estarías disposto a realizar), a túa oferta ou demanda, á seguinte dirección de correo electrónico:


¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte e oxalá que este pequeno servizo que poñemos á vosa disposición sirva para que en breve atopedes un traballo! ¡Graciñas e saúdos!