4 ene 2013
CURSO DE CRUZ ROJA JUVENTUD PARA CAPTAR NOVOS VOLUNTARIOS PARA UN DOS SEUS INTERESANTES PROXECTOS
Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño
Cruz Roja Juventud en Vigo, Ponteareas y
Baixo Miño abre el plazo para la inscripción en el próximo curso de mediadoras/es
en prevención de conductas violentas que comenzará el próximo 14 de enero y
hasta el 25 de enero, con
el objetivo de formar un nuevo grupo de voluntariado para participar en las
actividades del programa Sen Violencia Convivencia.
Los
destinatarios de estas acciones formativas son jóvenes de entre 18 y 30 años
interesados en realizar actividad voluntaria en el proyecto de Prevención de
Conductas Violentas en adolescentes.
El
curso es gratuito con el compromiso de realizar actividad voluntaria y se
desarrollará en las instalaciones de la sede de Cruz Roja en Vigo.
Mediadores
en prevención de conductas violentas que se celebrará en la sede de Cruz Roja en
Pontevedra, diploma de 50 horas, repartidas
en diez bloques temáticos que incluyen sesiones de:
-
Fundamentos
básicos del proyecto de PCV
-
Violencia
(Acoso Escolar, Violencia de género, Agresividad frente a violencia…)
-
Derechos
humanos y Coeducación
-
Resolución
de conflictos y Habilidades Sociales
-
Psicología
evolutiva
-
El
papel de la persona mediadora y Manejo de grupos
-
Planificación
de talleres
Del 14 al 25 de enero en horario de 09:00h a 14:00h
Esta formación está enmarcada entre las
acciones que el programa de Prevención de Conductas Violentas “Sen
Violencia-Convivencia” viene desarrollando desde el 2003. Entre las acciones desarrolladas
destacan los talleres “Sen Violencia-Convivencia” de secundaria, los talleres
“Veteri” de primaria, la intervención en resolución de conflictos en los
centros de menores, charlas para familias y docentes…
Para más
información e inscripción las personas interesadas podrán dirigirse a:
Comité Provincial de Cruz Roja en Pontevedra
C/ Cruz Roja 26,
36002, Pontevedra
Fax:
986 863386, Telf. 986 852115 Ext: 34-36
Más información en los teléfonos 986 61 46 09 / 606 348 471 o en nuestra sede: c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 bajo. A Guarda.
2 ene 2013
MAXI COELLO TRIUNFA EN CONCURSOS CANINOS CON YOCO E KIRA, OS SEUS CANS DE RAZA BULLDOG FRANCÉS
2.1.13
Comentar
O rosaleiro Maxi Coello González (ex-porteiro do Atlético Novás de balonmán), residente dende hai uns anos en Canarias, participa e triunfa cos seus cans de raza bulldog francés en diferentes exposicións caninas a nivel nacional e internacional.
Guiados por Maxi, tanto Yoco (cor marrón) e Kira (cor branca) veñen de gañar sendos concursos ademais de conseguir subir ao podium en Altavista así como en Arrecife (Lanzarote).
RAMÓN MARTÍNEZ FERNÁNDEZ, CAPITÁN DO NOVÁS, CONVOCADO POLA SELECCIÓN GALEGA DE BALONMÁN
Segundo informa o Mecalia Atlético Novás, o seu capitán, o rosaleiro Ramón Martínez Fernández, foi convocado novamente pola Selección Galega de balonmán que dirixe Fran Teixeira para disputar un partido contra a selección de Australia o vindeiro 6 de xaneiro.
¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa!!
XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE, HISTORIADOR ROSALEIRO, PRESENTA EN TUI A REVISTA "CASTELLUM TYDE", XA NO SEU 3º TOMO
Juan Ramón Martínez Barbosa / I. Estudios Tudenses
O pasado 28 de decembro de 2012, tal e como tiñamos anunciado, tivo lugar no Edificio da Área Panorámica de Tui a presentación do número 3 da revista-boletín-libro do Instituto de Estudios Tudenses.
Deu a benvida ao acto o propio presidente do Instituto, o historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe, quen estivo acompañado na mesa principal polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, a vicepresidenta do Instituto, Marta Cendón Fernández e o membro de número, Xabier Añoveros y Trías de Bes.
Máis que unha revista, como afirmou Tamuxe, trátase dun verdadeiro tomo histórico e de investigación da comarca do Baixo Miño (centrada neste número en Tui), pois consta de 308 páxinas con doce interesantísimas colaboracións realizadas por diferentes membros do Instituto de Estudios Tudenses.
Entre os asistentes ao acto e que desta vez non publicaron artigo, puidemos ver tamén aos historiadores Domingo Luis González Lopo, Rafael Sánchez Bargiela e Juan Ramón Martínez Barbosa, todos eles membros do IET.
Nunha entrevista realizada hoxe mércores 2 de xaneiro de 2013 por José Font, director e fundador da Radio Municipal de Tui ao rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe, descubrimos un pouco máis deste Instituto que se fundou en 1991.
Velaquí vos deixamos a relación de colaboracións deste número 3 de "Castellum Tyde".
Máis que unha revista, como afirmou Tamuxe, trátase dun verdadeiro tomo histórico e de investigación da comarca do Baixo Miño (centrada neste número en Tui), pois consta de 308 páxinas con doce interesantísimas colaboracións realizadas por diferentes membros do Instituto de Estudios Tudenses.
Entre os asistentes ao acto e que desta vez non publicaron artigo, puidemos ver tamén aos historiadores Domingo Luis González Lopo, Rafael Sánchez Bargiela e Juan Ramón Martínez Barbosa, todos eles membros do IET.
Nunha entrevista realizada hoxe mércores 2 de xaneiro de 2013 por José Font, director e fundador da Radio Municipal de Tui ao rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe, descubrimos un pouco máis deste Instituto que se fundou en 1991.
Velaquí vos deixamos a relación de colaboracións deste número 3 de "Castellum Tyde".
"Don
Jesús Gómez Sobrino en el recuerdo”
Ernesto
Iglesias Almeida
“Escavacación
arqueolóxica para a rehabilitación dunha vivenda na rúa Tide, nº 10 de Tui”
Soledad
Prieto Robles
Juan
José Perles Fontao
“Nuevas
aportaciones arqueológicas sobre el Val do Fragoso y Miñor (Pontevedra)”
José
Manuel Hidalgo Cuñarro
“Las
murallas del Monte Aloia. A la búsqueda de sus orígenes”
Jaime
Garrido Rodríguez
“O
territorio do bispado de Tui na ‘Descripción y cosmografía de España’ de
Hernando Colón (1517.1523)”
“A
familia Caldas Pereira de Castro de Tui e o padroado da Igreja de Santa Eulália
de Cerdal en Valença do Minho”
“Aportación
ao estudo histórico do Santo Oficio no Baixo Miño: A Inquisición no Concello da
Guarda (I)”
Xoán
Martínez Tamuxe
“La
custodia franciscana de San Simón: la instalación franciscana en el émbito
tudense”
Juan
M. Buján García
“A
Corredoira tudense e a súa evolución urbana”
Suso
Vila
“La
Dolorosa de la Capilla de la Misericordia de Tuy”
Xabier
Añoveros y Trías de Bés
“La
Cámara de Comercio, Industria y Navegación de Tui: más de cien años de
historia”
Ernesto
Iglesias Almeida
“Celebración
del milenario del martirio de San Pelayo en Tui (925-1925)”
Avelino
Bouzón Gallego
28 dic 2012
HOXE PRESÉNTASE EN TUI O Nº 3 DE "CASTELLUM TYDE", REVISTA DO INSTITUTO DE ESTUDIOS TUDENSES
O Edificio da Área Panorámica de Tui acolle hoxe, venres 28 de decembro, a partir das 19:30 horas a presentación do nº 3 de "Castellum Tyde", libro-revista do Instituto de Estudios Tudenses.
O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez e as intervencións -entre outras- do presidente do Instituto, o rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe e os membros do mesmo, Marta Cendón Fernández e Jaime Garrido Rodríguez.
27 dic 2012
A XOGADORA ROSALEIRA SARA ALONSO BARBOSA, CONVOCADA POLA SELECCIÓN GALEGA INFANTIL DE BALONMÁN
Na imaxe, de esquerda a dereita, Sara, Marta e Lara
Informa: Manuel Ángel Pombal Diego
Tres
xogadoras do Atl. Guardés infantil feminino participan coa selección galega no “I
Torneo de Navidad” de Seleccións Autonómicas Infantil de Balonmán que se
celebra esta fin de semana en Santander.
As xogadoras Sara Alonso Barbosa (O Rosal; lateral), Marta
Pombal Martínez (Oia; lateral) e Lara Silva Pérez (A Guarda; pivote) do Atl.
Guardés da División de Honra Infantil Feminina foron seleccionadas para participar
coa selección galega da súa categoría no “I Torneo de Navidad” de Seleccións Autonómicas Infantil de Balonmán, que se celebra do 28 ao 30 de decembro na localidade cántabra
de Santander.
Unha vez suspendido, por mor da crise, o Campionato de España Infantil que este ano tiña que organizar a nosa Comunidade Autónoma, varias
federacións autonómicas comezaron a buscar alternativas para os xogadores e
xogadoras que levan varios meses adestrando pensando nesa cita.
Desta forma,
Galicia participará cos seus equipos masculino e feminino, xunto coas Comunidades
de Navarra, Euskadi, Cantabria, e Castela-León, no torneo organizado pola
Federación Cántabra de Balonmán.
Como preparación para este torneo, as dúas
seleccións participaron a pasada fin de semana no Torneo Internacional Base
Azul, que se celebrou os días 21, 22 e 23 de decembro na cidade de Pontevedra. No torneo de Pontevedra participaron varios equipos galegos e portugueses,
así como as seleccións galegas infantil masculina e feminina, e a cadete
feminina, pero xogando estas nunha categoría superior, para así nivelar as
forzas. No caso concreto da selección galega infantil feminina, ésta
enfrontouse aos equipos cadetes da S.D. Teucro de Pontevedra, Lavadores de Vigo
e Maia Stars de Portugal.
En
Santander xogarán un total de catro partidos, un o venres pola tarde, dous o
sábado (un pola mañá e outro pola tarde), e outro o domingo pola mañá.
Agardemos,
pois, que as dúas seleccións fagan un bo papel en Cantabria, tendo como
horizonte aprender todo o que se poida, pasalo ben e non mancarse, ao mesmo
tempo que lle desexamos todo o mellor ás nosas representantes.
O PUNTO DE INFORMACIÓN DE CRUZ ROJA BAIXO MIÑO CONTINÚA ABERTO
Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño
Recordamos que continúa abierto el Punto
de Información Laboral que Cruz Roja Baixo Miño tiene en funcionamiento desde
el 2010. Pueden acercarse a este punto en horario de lunes a viernes de 08.00 a 15.00.
En este punto además de realizar el
currículum, las personas que se acerquen recibirán nociones sobre la búsqueda a
través de las nuevas tecnologías, así como podrán consultar de forma
actualizada las ofertas semanales en la provincia de Pontevedra.
Si fuese necesario contamos con la
posibilidad de realizar copias de currículums de forma gratuita.
Desde Cruz Roja, como entidad de carácter social se
realiza una intensa labor con los colectivos más desfavorecidos, entre ellos los
desempleados. Por todo tenemos en marcha las siguientes líneas de actuación:
·
Facilitar el
acceso a las nuevas tecnologías.
·
Ofrecer
asesoramento para la búsqueda de empleo.
·
Fomentar
hábitos constantes de búsqueda activa de empleo.
Para más información pueden dirigirse a:
Cruz Roja Baixo Miño
C/ Agustín nandín Lomba, nº 1 Bajo.
Teléfono: 986614609/606348471
laguardia@cruzroja.es
O CANTANTE ROSALEIRO JOSÉ PÉREZ ACTÚA EN LUAR O VENRES 4 DE XANEIRO
Como xa tiñamos anunciado, o cantante rosaleiro José Pérez actuará o vindeiro venres 4 de xaneiro de 2013 na segunda fase do concurso "Recantos" do coñecido programa Luar (TVG) coa canción "Libre" de Nino Bravo.
Dende Noticias O Rosal ¡¡moita sorte José!!
26 dic 2012
O CLUB CICLISTA O ROSAL DESEXA A TODOS/AS UN BO NADAL E FELIZ ANO 2013
Velaquí vos deixamos o enlace á web e felicitación do Club Ciclista O Rosal para estas festas de Nadal e Aninovo, onde non se esquecen dos seus ciclistas, socios e simpatizantes.
Anuncian así mesmo que o vindeiro domingo 30 de decembro "péchase o calendario galego coa disputa do Campionato Galego de Ciclocross en Domaio (Moaña), carreira na que Raúl, Toñi e Zaida teñen moitas posibilidades de podio".
FELICITACIÓN DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL NESTAS FESTAS DE NADAL
Monserrat Domínguez Otero / A.Musical do Rosal
Dende a Agrupación Musical do Rosal queremos desexarvos un bo Nadal e que o vindeiro ano 2013 esté cheo de ilusión, novos proxectos e esperemos que menos recortes para todos...
Felices Festas!!
19 dic 2012
O NOVÁS XOGA ESTE SÁBADO NO ROSAL CO BM ZAMORA, LÍDER DA CATEGORÍA
Tal e como se pode ler no evento creado no facebook polo club Atlético Novás de balonmán, este sábado 22 de decembro ás 19:00 horas no Pavillón Municipal do Rosal celebrarase o partido correspondente á "XIV
Xornada de Liga entre os equipos Mecalia Atlético Novás e MMT Seguros Zamora BM".
Velaquí vos deixamos a crónica do encontro: "Comienza
la segunda vuelta y con la misma, el último partido del año. Pero menudo
partido, un Novás en estado de gracia recibe al líder de la categoría, al BM
Zamora, equipo con el que cayó derrotado en la primera vuelta.
Ahora mismo la
diferencia es de 4 puntos después de las tres victorias consecutivas
encadenadas por los nuestros y la derrota sufrida hace 15 días del líder.
Son
un muy buen equipo, que tan sólo ha cedido 4 puntos hasta ahora, y en el que
sus jugadores más destacados son el central Octavio Magadán, que es el máximo goleador
de todas las categorías del balonmano nacional, con una media de más de 10
goles por partido, y el portero Alberto Miranda, que tras muchos años en la
división de Plata se unió este verano al equipo zamorano.
De ganar las cosas se apretarían todavía más y nos
permitirían pasar unas navidades relajadas".
18 dic 2012
CURSO EN O ROSAL DE INTERVENCIÓN PSICOPEDAGÓXICA EN NENOS/AS CON DIFICULTADES NA APRENDIZAXE
18.12.12
Comentar
Informa: Rosana Coímbra Piñeiro
O vindeiro sábado 2 de febreiro, de (9:00 a 20:00 h.) celebrarase no Restaurante Juan de O Rosal o "Curso de Intervención Pedagógica en niños/as con dificultades en el aprendizaje".
"Este Curso será impartido por Luis
Antonio Sousa González de APAE centro Especializado en ATENCIÓN
TEMPRANA, LOGOPÉDICA Y PSICOPEDAGÓGICA. Centro asociado al grupo ALBOR COHS
como centro de Investigación y Tratamiento de los Déficit de Atención y Otros
Problemas de Conducta (CIT-TDA). Centro perteneciente a CLARIDAD, Asociación
Internacional para la Prevención del Fracaso Escolar.
El Curso está organizado por el Centro
Multidisciplinar Rosana Coímbra: Logopedia, Psicopedagogía, Atención Temprana y
Psicomotricidad y el Gabinete Espacio Psicología y Logopedia.
Más información o inscripciones:
Por teléfono:
- 651 94 86 49 (Rosana)
- 627 891 696 (Irene)
Por correo electrónico:
rcp.log@gmail.com
irenelabrador@gmail.com
O SÁBADO 29 CELÉBRASE NO ROSAL O II TORNEO DE BALONMÁN ATLÉTICO NOVÁS BENXAMÍN, ALEVÍN, INFANTIL E CADETE
Informa: Aurora Lomba Álvarez / Atlético Novás
O vindeiro sábado 29 de decembro celebrarase no Pavillón Municipal do Rosal o II Torneo de Balonmán Atlético Novás en categoría benxamín, alevín, infantil e cadete.
O campionato terá lugar dende as 12 da mañá ata as 19:00 horas e terá como invitados ao Club Balonmán Tui e ao Mecalia Atlético Guardés.
O CANTANTE JOSÉ PÉREZ ACTÚA NO AUDITORIO MUNICIPAL CON MOTIVO DO CONCERTO DE NADAL DO MARQUIER
José Pérez na compaña do veterano cantante Manolo Escobar
O cantante rosaleiro José Pérez, representante da zona do Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta) no concurso Recantos do programa Luar (TVG), actuará este mércores 19 de decembro no Auditorio Municipal.
A cita será a partir das 20:00 horas con motivo do concerto de Nadal dos alumnos e alumnas do CPI Manuel Suárez Marquier que estará coordinado polo profesorado de música.
O rosaleiro coa coñecida actriz e cantante Sara Montiel
Así mesmo, as cámaras da Televisión de Galicia volverán ese mesmo día, pero de mañá, a O Rosal para gravar a José Pérez, quen terá a súa actuación no escenario de Luar o vindeiro venres 4 de xaneiro interpretando a canción "Libre" de Nino Bravo.
16 dic 2012
O COLECTIVO CARBALLAS ORGANIZA NO ROSAL A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE LAURA LAGO, "BOLBORETAS"
Segundo informa o Colectivo Carballas, o vindeiro xoves 20 de decembro terá lugar na Casa da Agraria do Rosal a inauguración da exposición fotográfica de Laura Lago, "Bolboretas".
A mostra estará aberta ao público ata o luns 31 de decembro. O seu horario é o seguinte: de luns a venres de 19 a 21 h. Sábados e domingos, de 12 a 14 h.
O AUDITORIO ACOLLE O MÉRCORES 19 UN CONCERTO DE NADAL DO ALUMNADO DO CPI MANUEL SUÁREZ MARQUIER
Informa: CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal
Dende o CPI Manuel Suárez Marquier queremos convidalos ao noso concerto
de Nadal a cargo do alumnado do centro, coordinados polo profesorado de música.
Tratarase dun acto sinxelo que terá lugar o vindeiro
mércores 19 de decembro no Auditorio de O Rosal ás 20:00 horas.
Bo Nadal e feliz ano 2013!















.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)














