FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

26 oct 2012

HOXE, BINGO MUSICAL NO C.S. FUSCALHO


Hoxe, venres ás 22:30 horas celebrarase no  Centro Social Fuscalho de A Guarda un novo "Bingo Musical".

Este é a descrición do evento, publicada no seu perfil de facebook:ç

Esta sexta (venres), 16, teremos o segundo bingo musical no Fuscalho. Depois de que o primeiro tivera umha boa acolhida procuraremos fazer um a finais de cada mês. Assim que já sabes se queres passar um bó rato e escuitar boa música alá nos vemos”.


17 oct 2012

O 28 DE OUTUBRO CELEBRARASE A 4ª MARCHA BTT SERRA DA GROBA



O vindeiro domingo 28 de outubro terá lugar a cuarta edición da Marcha BTT Serra da Groba, organizada polos concellos de A Guarda, O Rosal e Oia, e no que colaboran entre outros, o Club Ciclista Guardés e o Club Ciclista O Rosal.


Esta IV Marcha constará dunha distancia de 40 km, grao de dificultade media e cun tempo estimado de realización de 3 horas e media.


CONCERTO DE CORAIS NO AUDITORIO CON MOTIVO DO 8º ANIVERSARIO DA CORAL DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL



Informa: Monserrat Domínguez Otero / A.Musical do Rosal
Con motivo do 8º aniversario da Coral da Agrupación Musical do Rosal, terá lugar este sábado 20 de outubro ás 20,00 h., no Auditorio do Rosal, un concerto no cual participarán o Grupo Coral Magister de Mealhada (Portugal), a Coral Polifónica de Berres (A Estrada) e a Coral da Agrupación Musical do Rosal.


O GRUPO DE TEATRO ANKARELLOS PRESENTA ESTE DOMINGO NO AUDITORIO DO ROSAL A OBRA "ESPERMATOZOIDES"


Este domingo, 21 de outubro, ás 19:30 horas, no Auditorio Municipal do Rosal, terá lugar a actuación do grupo de teatro Ankarellos (Xinzo-Ponteareas), que presentará a obra "Espermatozoides".

HOXE PROXECTARASE NO FUSCALHO O DOCUMENTAL "THE FILTH AND THE FURY"




Informa: Centro Social Fuscalho

Hoxe, mércores 17 de outubro, ás 20:00 horas, no Centro Social Fuscalho, proxectarase o documental-musical de Juliem Temple, " The Filth and the Fury", do ano 2000. 

Trata sobre a banda de punk-rock dos Sex Pistols e o seu xurdimento no contexto social da Gran Bretaña dos anos 70, a través de imaxes de arquivo da época, e na que se conta a versión dos feitos polos propios membros da banda. 

II POESÍA COMPARTIDA. PRESENTACIÓN DE "LETRAS DE AMOR E GUERRA". ESTE VENRES NO CENTRO SOCIAL FUSCALHO



O Centro Social Fuscalho acolle este venres 19 de outubro ás 20:30 horas, a presentación de "Letras de amor e guerra" de Ramiro Vidal Alvarinho, editado polo colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar, na súa colección Q de Vian Cadernos.


O CLUB DEPORTIVO ANDATUI ORGANIZA O SÁBADO 20 DE OUTUBRO UN PERCORRIDO POLO ROTEIRO DO ALOIA (PRG-2)




Información e imaxe: Club Deportivo Andatui - Regodapedra

O vindeiro sábado día 20 de outubro, faremos un fermosísimo percorrido polo Roteiro do Aloia - Galiñeiro - Aloia (Sendeiro PRG-2)no Parque Natural do  Monte Aloia.
É un sendeiro de 18 km (ida e volta). Tempo estimado: 5.30 h e de dificultade, Media. Saída: 9.00 h. Capela San Xián

Toda información en http://www.andatui.es/

9 oct 2012

SAN MIGUEL DE TABAGÓN ACOLLE OS VINDEIROS MESES UN CAMPIONATO SCALEXTRIC DE VELOCIDADE



Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal proximamente comezará en San Miguel de Tabagón un Campionato de Scalextric de Velocidade.

Para máis información podedes enviar un correo a racingsrc@hotmail.com, chamar aos teléfonos: 986 61 38 69 / 650 742 571 ou ben entrando nas contas de facebook e twitter de Racingsrc San Miguel.

GERA E YEYA PROCLÁMANSE CAMPIÓNS DO IV CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS. CONCELLO DO ROSAL 2012




O sábado 6 de outubro celebrouse no Salón de Exposicións Municipal, na Praza do Calvario, o IV Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2012, con motivo do XXV Aniversario da Festa do Cabaqueiro.


Foron finalmente 26 xogadores (entre eles 6 rapazas) os que competiron neste xa tradicional torneo de futbolín. Por ser unha efeméride especial (a 25 edición da Festa na honra dos mestres telleiros) os participantes inscribíronse individualmente, elixíndose os equipos mediante sorteo. Precisamente, este foi un dos momentos máis emocionantes e divertidos da xornada.



O destino quixo que se xuntara a parella formada por Gerardo González Gómez (Gera) e Sergio Casal Fernández (Yeya), que nunha fantástica final gañaron a José Ángel Fernández Martínez (Quesy) e Álex Casal Iglesias, proclamándose desta maneira, campións deste IV Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros.

O terceiro posto foi para Gustavo Jurado Fernández e Andrés Martínez Rocha (Pipu) que venceron no partido de consolación a Jorge Díaz Rocha (Tuka) e Adrián Maquieira Pereira.



A Organización quere agradecer a Daniel Rodríguez Martínez, Rubén Santos Paz (Delio) e ao Bar Troya a cesión dos seus futbolíns para que se puidese celebrar este torneo. Igualmente a Nina López por coordinar e apuntar as partidas na mesa de control, así como a todas aquelas persoas que fan posible este evento lúdico, ano tras ano.

O vindeiro venres 12 de outubro ás 16:30 horas na Praza do Calvario, intres antes do comezo da lectura do pregón e da demostración cabaqueira de “taxicar cabacas e toupos a joucha”, procederase á entrega de premios e trofeos deste IV Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros.

Esta foi a clasificación final do torneo:

1º: CHIN CHAN CHUN (Gerardo González González e Sergio Casal Fernández).
2º: LASQUEA LASQUEA (José Ángel Fernández Martínez e Álex Casal Iglesias).
3º: LOS PEYOTES (Gustavo Jurado Fernández e Andrés Martínez Rocha).
4º: NEW TEAM (Jorge Díaz Rocha e Adrián Maquieira Pereira).
5º: DIEVA (Diego Martínez Alonso e Eva Fernández Vicente).
6º: HOME CLARO (Juan Ramón Martínez e Vanesa Sánchez Fernández).
7º: LOS INDECISOS (Carlos Díaz Pereira e Ruth Martínez Barbosa).
8º: GAARA (Sergio Rodríguez Rodríguez e Kevin Carrera Martínez).
9º: PARECE QUE CHOVE (Ignacio Moure Pérez e Conchi Barbosa González).
10º: TRAYEITOR (Jorge Silva Álvarez e Rubén Díaz Rocha).
11º: SR. Y SRA. SMITH (Herbert Fuertes Ebol e Usue Urruela del Piño).
12º: OS AMOCELOS (Santiago González Correa e José Alonso Álvarez).
13º: OS PECOS (Pedro Fernández Carrera e Rebeca Rodríguez Rodríguez).



8 oct 2012

CINEMA NO FUSCALHO. MÉRCORES (20 H.)


O Centro Social Fuscalho, situado na Rúa Colón (A Guarda) ofrece sesións de cinema, todos os mércores ás 20:00 horas.

Entre os films que se proxectarán están: "La Revolta Permanent", o 10 de outubro; The Filth and The Fury, o 17 de outubro; "Voces Inocentes", o 24 de outubro; e "La Doctrina del Shock", o 30 de outubro.

Dende O Centro Social Fuscalho ofrécese a posibilidade de proxectar films ou documentais.

PRAZAS VACANTES EN PILATES NO ROSAL





Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, hai prazas vacantes en PILATES NO ROSAL na quenda de MAÑÁN. Os MARTES E XOVES de 9.30 a 10.30 no Centro Social. Se te interesa, chámanos. Comezamos o día 16 de outubro. PREZO 28.50 EUROS.

Máis información:
Centro Social Polivalente
R/Cabaqueiros nº 4 - 36770
Teléfono: 986 609450
informacionxuvenil@concellodorosal.es
www.concellodorosal.es


ESTE SÁBADO 13 DE OUTUBRO, SERÁN NA PRAZA DO CALVARIO ORGANIZADO POLA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL





Segundo comunica a Agrupación Musical da vila "Un ano máis celebramos no Rosal un novo serán que terá lugar na fermosa praza do Calvario.
Animamos a toda a xente a pasar unha noite de música tradicional con nós e con tódolos grupos que desexen participar.
Como é costume haberá chourizos e viño de balde, e para rematar a festa, chocolate".

IMPRESIONANTE ACTUACIÓN DE TIM RIPPER OWENS EN GALICIA





Fotografías: Jorge Alonso e Belén Domínguez

El concierto se realizó el pasado Sábado día 6 de Octubre de 2012 con la actuación de Tim Ripper Owens(ex-vocalista de Judas Priest), Sandstone, Lord Volture y Asegún.

La Sala La Hacienda de O Rosal-Pontevedra fue el lugar elegido para la única cita de Tim Ripper Owens en Galicia el pasado Sábado 6 de Octubre de 2012.

Tim Ripper Owens demostró una vez más que es sin duda uno de los vocalistas de metal más importantes de los últimos 10 años.

La Sala La Hacienda de O Rosal retomó su actividad el pasado sábado día 6 de octubre con el único concierto en Galicia del ex-vocalista de Judas Priest “Tim Ripper Owens” que estuvo acompañado de la banda Sandstone de Irlanda, Lord Volture de Holanda y Asegún de A Guarda, en una noche que estuvo cargada de buen heavy-rock en un escenario perfecto.



La noche comenzaba con algo de retraso sobre el horario previsto y sobre las 10:00h el grupo local Asegún hacía su puesta en escena con desgarradores y pesados riffs de guitarra y una voz al más puro estilo de ultratumba.

De seguido subían al escenario de Sala La Hacienda los holandeses Lord Volture, que supieron entregar el mejor heavy metal europeo de la vieja escuela, manteniendo los valores del metal tradicional en una actuación llena de energía conectando en todo momento con el público presente.



La siguiente banda en subir a las tablas de Sala La Hacienda fueron los irlandeses Sandstone, quienes identificados bajo el género metal/rock progresivo, combinaron rápidos elementos melódicos del Power Metal, con espectaculares líneas de guitarra y una impresionante voz con letras sensibles.



La noche estaba llegando a su fin y tocaba el turno al esperado y carismático Tim Ripper Owens, exvocalista del grupo Judas Priest, nacido en Ohio-USA.

Nada más salir al escenario conectó con el público, que no despegó la mirada  del estadounidense hasta finalizar la actuación. Sin duda alguna se nota la experiencia musical de este vocalista, con una amplia trayectoria musical.

Tim Ripper Owens se encuentra actualmente en la gira Messiah European Tour, junto a “Sandstone” y “Lord Volture” en la que recorrerán un total de 16 países en un frenético Tour de conciertos de 33 intensos días de duración.


Esta fue la primera vez que Owens se enmarca en una gira europea en solitario, queriendo dar a todos sus fans lo que ellos se merecen: “lo mejor!” En este concierto se pudieron escuchar temas de “Winters Bane”, “Judas Priest”, “Iced Earth” y “Beyond Fear”, además de clásicos del metal y canciones de su excelente disco en solitario “Play my game”.

La próxima cita en Sala La Hacienda será el jueves 25 de octubre con la actuación de los finlandeses The Flaming Sideburns y los guardeses The Pretty Shirts.

CURSOS NO CENTRO SOCIAL FUSCALHO



O Centro Social Fuscalho ven de remitirnos os diferentes cursos que alí se ofertan, entre eles: modelado en barro, francés, pandeireta, gaita, risoterapia, teatro, etc.

Podes pasarte polo seu local ou ben enviarlles un correo electrónico á seguinte dirección: csfuscalho@gmail.com

4 oct 2012

TIM RIPPER OWENS (EX-VOCALISTA DE JUDAS PRIEST) ENCABEZA O CARTEL DOS CONCERTOS EN SALA LA HACIENDA






TIM RIPPER OWENS, SANDSTONE, LORD VOLTURE, THE FLAMING SIDEBURNS, THE PRETTY SHIRTS Y ASEGÚN, ENTRE LOS GRUPOS MUSICALES QUE PASARÁN POR SALA LA HACIENDA EN OCTUBRE

-  El primero de los conciertos se realizará el Sábado día 6 de Octubre de 2012 con la actuación de Tim Ripper Owens(ex-vocalista de Judas Priest), Sandstone, Lord Volture y Asegún.
- 
  La Sala La Hacienda de O Rosal-Pontevedra será el lugar elegido para la única cita de Tim Ripper Owens en Galicia el Sábado 6 de Octubre de 2012.
-  
  Las entradas para los conciertos se podrán adquirir en modo anticipado a través de www.breakpoint.es
  - Tim Ripper Owens es sin duda uno de los vocalistas de metal más importantes de los últimos 10 años 
- - Los finlandeses The Flaming Sideburns actuarán el Jueves 25 de Octubre junto a los guardeses The Pretty Shirts

La Sala La Hacienda de O Rosal retoma su actividad con un mes de octubre cargado de buena música en la que el público podrá disfrutar del único concierto en Galicia del ex-vocalista de JudasPriest “Tim Ripper Owens” el Sábado día 6 de Octubre de 2012.

En esta primera cita, Tim Ripper Owens estará acompañado de la banda Sandstone de Irlanda, Lord Volture de Holanda y Asegún de A Guarda, en una noche que comenzará a las 21:00 con la apertura del recinto.

Tim Ripper Owens se encuentra actualmente en la gira Messiah European Tour, que lo llevará junto a “Sandstone” y “Lord Volture” por más de 16 países en un frenético Tour de conciertos que durará 33 intensos días.



Esta será la primera vez que Owens se enmarca en una gira europea en solitario, queriendo dar a todos sus fans lo que ellos se merecen: “lo mejor!” En esta gira se podrán escuchar temas de “Winters Bane”, “Judas Priest”, “Iced Earth” y “Beyond Fear”, además de clásicos del metal y canciones de su excelente disco en solitario “Play my game”.

La segunda cita de octubre en Sala La Hacienda será el Jueves 25 de Octubre con la actuación del grupo finlandés “The Flaming Sideburns” junto a los guardeses “The Pretty Shirts” a partir de las 23:00h de la noche.



The Flaming Sideburns, una banda originaria de Helsinkin – Finlandia, nace en 1995 al juntarse el cantante argentino, Eduardo Martínez, y los finlandeses, The Punisher, Vilunki 3000, Ski Williamson y Jay Burnside.
Todos procedían de otras bandas, como Jack Meatbeat & the Underground Society, Isabel's Pain, Larry And The Lefthanded, Teenage Kicks o Lowdown Shakin' Chills.
Publicaron su primer sencillo,-Close to Disaste- en 1997, que les valió firmar con el sello discográfico danés Bad Afro. Publicaron un álbum recopilatorio, It's Time to Testify...Brothers And Sisters, en 1999 y su álbum de debut, Hallelujah Rock'n'Rollah, en el año 2001. Su segundo álbum, Sky Pilots, fue publicado por el sello Ranch en el año 2003. Ambos discos fueron publicados en Estados Unidos por el sello Jetset Records. Su tercer disco de estudio, Keys to the Highway, fue publicado el 31 de enero de 2007.
La Sala de espectáculos multifuncional La Hacienda está ubicada en la Calle Cunchada s/n de O Rosal y cuenta con un aforo de más de 600 personas, totalmente equipada con más de 7.500w de sonido y 18.000w de iluminacion.



Tim Ripper Owens(ExJudas Priest) – USA + Sandstone – IRLANDA + Lord Volture – HOLANDA + Asegún – A GUARDA.
Sábado 6 de Octubre de 2012
21:00h
Entradas: 15€ Anticipada | 18€ Taquilla
Sala La Hacienda – O ROSAL - PONTEVEDRA

The Flamming Sideburns – FINLANDIA + The Pretty Shirts – A GUARDA.
Jueves 25 de Octubre de 2012
23:00h
Entradas: Pendiente de confirmación
Sala La Hacienda – O ROSAL - PONTEVEDRA

 

3 oct 2012

O ROSAL CELEBRA OS DÍAS 6, 11, 12, 13 E 14 DE OUTUBRO A XXV EDICIÓN DA FESTA EN HOMENAXE AO CABAQUEIRO




Segundo podemos ler na web da Asociación Os Cabaqueiros "Este 2012 conmemoramos o 25 Aniversario da Festa do Cabaqueiro, en lembranza e homenaxe aos vellos mestres telleiros do Baixo Miño.

O luns 1 de outubro celebrouse no Concello do Rosal a reunión cos cabaqueiros e a presentación da Festa (na imaxe). Presentou e dirixiu o acto a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, asistindo igualmente o alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, a tenente de alcalde, Mª Carmen Alonso e o concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz.

Interviron tamén por suposto, nesta xuntanza previa, os cabaqueiros Piedra, Benito, Campelo, Dino, Trintiña, Juanciño, Luis, Juan Vicente, Telis e Alfredo. Ademais o acto contou coa presenza do coordinador e cofundador da Festa do Cabaqueiro, Xoán Martínez Tamuxe, así como do presidente da Asociación Os Cabaqueiros, Juan Ramón Martínez Barbosa e do seu vicepresidente, Sergio Casal Fernández.

Anunciouse alí que os días 6, 11, 12, 13 e 14 de outubro terá lugar a "XXV Romancha do Cabaqueiro. Festas da Pilarica na Daordaria do Rosal". Este é o programa completo dos festexos.


PROGRAMA

DÍA 6

A partir das 15:00 horas, IV CAMPIONATO DE FUTBOLÍN “OS CABAQUEIROS”. 

DÍA 11

Ás 17:00 horas, OBRADOIROS DE TELLAS para NENOS/AS.

VERBENA a partir das 22:00 horas, coas ORQUESTRAS ILUSIÓN E ATENAS

DÍA 12

Ás 12:00 horas, MISA SOLEMNE, cantada polo CORO ECOS DO FOLÓN.

Ás 16:30 horas, entregaranse os trofeos do IV Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros.

A partir das 17:00 horas: XXV FESTA DE LEMBRANZA “OS CABAQUEIROS”  co pregoeiro D. ERMELINDO PORTELA SILVA, escritor e profesor guardés.

Tamén pola tarde, obradoiros para nenos/as:  teares de Claudia Méndez  e de cerámica de Leandro

A partir das 19:30 horas, actuarán as Pandeireteiras IR E VIR e a continuación aBANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL.

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS, PEZAS E FERRAMENTA DO CABAQUEIRO

DÍA 13

Pola tarde, obradoiro de teares para nenos/as.

A partir das 22:00 horas, SERÁN DE MÚSICA TRADICIONAL, organizado pola Agrupación Musical do Rosal

DÍA 14

Pola tarde, obradoiro de teares para nenos/as.

Ás 19:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL, concerto de ACORDEÓNS MASCARENHAS, coa actuación de TOÑI SANTOS.

DURANTE OS DÍAS 12, 13 e 14 CELEBRARASE A I FEIRA DE ARTESANÍANA PRAZA DO CALVARIO.