FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

6 ago 2008

En el Punto de A Guarda, unha novidosa revista de caracter turístico, xa na rúa

Recentemente acaba de saír do prelo o primeiro número da revista "En el Punto de A Guarda". Trátase dunha publicación que consta de 56 páxinas a toda cor, de periodicidade anual e gratuita que promociona o turismo de A Guarda e os seus arredores. A súa directora é Delia Brandón e está producido e editado por éxfico art.dis. Ten as colaboracións literarias das xornalistas Cecilia Albarenga e Eva González, Saman-
tha Konopczyk, Ana Saá, o historiador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez e os escritores rosaleses Xoán Martínez Tamuxe e Juan Ramón Martínez Barbosa. Tamuxe titulou o seu artigo "El mirabel, postre típico de Galicia". Pola súa banda, Juan Ramón fálanos de "Los Molinos de Folón y Picón en la Villa de O Rosal. Su ruta, su historia". Segundo os editores de En el Punto de A Guarda: "Con esta nueva revista turística comienza una nueva andadura hacia la promoción de A Guarda. Con este primer número pretendemos animar a todo aquel que nos visite que no se vaya de A Guarda sin antes conocer el centro de la villa. Sus monumentos, su gastronomía, su comercio, sus lugares de copas, así como también los alrededores no dejarán indiferente al visitante. En la comarca del Baixo Miño podrá encontrar rutas de senderismo, ocio, rutas por las bodegas más importantes de la zona y paseos fluviales. No podemos olvidarnos de la proximidad con Portugal, a través del puente internacional de Tomiño o el ferry de A Guarda, que unen la comarca con el norte del país vecino. Queremos darle la bienvenida e invitarle a disfrutar de un viaje por la belleza paisajística y los encantos culturales". Esta revista de carácter turístico está enteiramente escrita en castelán para ser difundida por toda España.

4 ago 2008

Ruta polos Muíños do Folón e do Picón da Asociación Cultural A Xanela (Tomiño)

Foto de grupo da Asociación A Xanela ao pé da Carreira de Martín, acompañados de dous turistas (á esquerda) que se uniron á ruta

O domingo 3 de agosto a Asociación Cultural A Xanela, previo contacto coa concellaría de Turismo que preside Mª de los Ángeles Vicente Manzano, realizou unha ruta polos Muíños do Folón e do Picón. As explicacións, como de costume, correron a cargo do guía do Concello do Rosal. Lembrar que o artífice da celebración desta ruta foi o activo tesoureiro da asociación, José María Fernández Carrera "Pepito". Entre os asistentes a este percorrido polos Muíños, estaban por suposto, o presidente de A Xanela, Serafín Rodríguez Barreiro, a secretaria, Mª Esther Ruzo Domínguez, o concelleiro de Sanidade de Tomiño, Pablo Baquero ou o tenente de alcalde tomiñés e concelleiro de Cultura, Jesús Castiñeira. O bo humor, o compañeirismo e a cordialidade reinaron nesta ruta de sendeirismo, que rematou cuns "pinchiños" preto do muíño das Laxes, no Folón. Velaquí deixamos un pequeno vídeo desta xornada: http://es.youtube.com/watch?v=9ySq77lZKPo

3 ago 2008

A Asociación de Veciños Río Folón celebrou a súa tradicional churrascada-sardiñada

Por segundo ano consecutivo a Asociación de Veciños Río Folón, celebrou a súa anual xuntanza na praza de Fornelos. O sábado 2 de agosto púidose degustar un menú a base de sardiñas e churrasco. Dita asociación foi creada no ano 2006 e ven organizando distintas actividades culturais e de recreo. Neste momento existe unha exposición permanente de fotografía antiga e moderna do Rosal nas súas instalacións. Amenizaron esta festa popular diferentes grupos musicais, tales como Airiños do Folón, Amigos da Concertina de Vilanova de Cerveira, Ariños do Tamuxe (Refoxos), Grupo de San Fins de Rebordáns (Tui), o grupo Ir e Vir, Lirolai e o Coro da Asociación de Veciños Río Folón, que facía a súa presentación oficial. Temos que subliñar que a maioría dos compoñentes dos grupos musicais da localidade son membros desta asociación. Para ver a nosa reportaxe facede click en: http://es.youtube.com/watch?v=JL00DA_4dA4

31 jul 2008

A Biblioteca Municipal, pechada ata o 18 de agosto

Comunícannos que a Biblioteca Municipal do Rosal permanecerá pechada ata o 18 de agosto por vacacións do seu persoal. Para máis información, no Concello ou nos seus teléfonos: 986 62 50 00 e 986 62 50 17.

O rosalés Iván Fernández Correa, a piques de cumprir dous anos ao fronte de Guess Music

Con motivo das Festas do Monte de Santa Trega 2008, Guess Music, o disco-pub do rosalés de Marzán, Iván Fernán-
dez Correa, ten programado unha axenda repleta de ocio, regalos e sorpresas. Guess Music abrirá tódolos días da Semana do Monte, de luns a luns (do 4 ao 11 de agosto). Haberá sorteo de entradas para o concerto do grupo El Canto del Loco, que actuará en Vigo o día 23 de agosto. O pub de Iván, que en novembro cumpre dous anos ao seu fronte, está na rúa Ourense nº 10, na vila da Guarda, con música latina, house, dance... Como eles mesmos din, o Guess "é o local de moda, lugar ideal para atoparse cos amigos e comezar a noite, moi boa música, festas e un montón de sorpresas que non te podes perder". Para máis información facede click na súa páxina: http://www.guessmusic.es/

Festa do Campo e Floral 2008 en San Miguel de Tabagón

A Sociedade Recreativa e Cultural Centro San Miguel organiza estes días dous concursos, un floral e outro de produtos do campo. No Concurso Floral os traballos deben reali-
zarse na Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel o día 1 de agosto ás 20:00 horas. Non optarán ao premio os ramos ou centros que xa veñan feitos da casa. As flores -din- "deben ser do voso xardín". En canto ao Concurso Produtos do Campo os traballos débense entregar na Sociedade a partir do día 29 de xullo ata o 1 de agosto, podéndose empregar só productos da "vosa horta ou xardín". A entrega de premios será o domingo 3 de agosto ás 17:00 horas.

30 jul 2008

O sábado 2 de agosto, "Cine na Rúa"

A concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo infórmanos que este sábado, ás 22:30 horas na Praza do Calvario (en caso de choiva no Auditorio) proxectarase a película "The Holiday" (Vacacións). A súa sinopse é a seguinte: Amanda (Cameron Díaz), unha muller americana con problemas cos homes, e Iris (Kate Winslet), unha británica de Londres cos mesmos problemas, se intercambian as súas respectivas residencias durante o Nadal para saír da súa cidade e probar novos ambientes (FILMAFFINITY).
"Una película primorosamente escrita alrededor de asuntos intemporales (...) Con unos diálogos muy creíbles, un exquisito gusto por la réplica afilada y hasta trascendente, y una realización muy elegante" (Javier Ocaña: Diario El País)

Nace unha nova revista: Cultura Baixomiñota

Saíu á luz este mes de xullo o primeiro número da revista Cultura Baixomiñota. Toda a axenda do Baixo Miño: Cultura, Ocio, Turismo. Trátase dunha publicación mensual, dirixida e coordinada por Enrique Álvarez. A súa redacción corre a cargo de Beti Rey e está editada pola Asociación Terras do Baixo Miño. Nas súas propias palabras esta revista "nace co desexo de cubrir a necesidade dunha axenda diaria de cultura e ocio, tanto dos concellos coma das distintas asociacións integradas na comarca do Baixo Miño".
Cultura Baixomiñota está redactada tanto en castelán como en galego, con fotos a toda cor e cun deseño atractivo. Neste nº 1 atopamos seccións de gastronomía, reportaxes dedicadas ás praias fluviais, onde non podía faltar a das Eiras, ou por exemplo unha "escapada" ao Monte Aloia (Tui).

28 jul 2008

David Gómez estará nos Xogos Olímpicos de Pekín

O rosalés David Gómez conseguiu esta fin de semana o billete para os Xogos Olímpicos de Pekín tras proclamarse Campión de España de Decathlon en Tenerife cunha marca de 7736 puntos, conseguindo a tan ansiada mínima B requerida. Esta será a segunda Olimpíada para David, pois participou fai catro anos en Atenas. Un novo éxito na súa carreira xa que fora Campión de España Absoluto de Decathlon (2004 e 2007) ou Subcampión do Mundo Junior no ano 2000, entre outros moitos títulos. A nosa noraboa! Máis información na súa páxina: http://davidgomez.interatletismo.es/

Descendentes de emigrantes galegos, de ruta polos Muíños do Folón e do Picón

O domingo 27 de xullo, previo contacto coa concellaría de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano, realizouse unha ruta polos Muíños do Folón e do Picón. Acompañados polo guía do Concello, Juan Ramón Martínez Barbosa, quen se encargou das pertinentes explicacións, máis de 40 rapaces de Arxentina, Uruguay, Venezuela, México e Chile, coordinados por Rogelio Rivas, fixeron o percorrido dos Muíños dentro do programa da Dirección Xeral de Xuventude, no que colabora Emigración, chamado "Rutas coñece Galicia". Este programa está aberto a descendentes de galegos entre os 14 e os 20 anos, que vivan en países con gran presencia da emigración galega, fundamental-
mente, América Latina.

26 jul 2008

Festas patronais do Concello do Rosal

Detalle da procesión dando a volta á Praza do Calvario

O venres 25 de xullo e ás 12 da mañá, celebrouse na igrexa parroquial de Santa Mariña a misa solemne cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal na honra de Santiago Apóstol e a Virxe do Pilar. Foi oficiada polo párroco D. Julio Ramos, asistido por D. Isaac Penela. Nesta misa recibiron a Primeira Comunión diferentes nenos da parroquia. Finalizada a mesma tivo lugar a procesión que fixo o itinerario de costume, sendo presidida pola clerecía e a Corporación Municipal, acompañadas da Banda de Música da Vila.

25 jul 2008

XV Encontro dos Pobos no Auditorio Municipal

O sábado día 26 de xullo e ás 22:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal o espectáculo "A Maxia do Cabaret de Anyo e Conchi". Xa o domingo 27 celebra-
rase tamén no Auditorio da Vila, ás 21:00 horas, o XV Encontro dos Pobos que contará coa actuación dos grupos Doina de Bucarest, Coros y Danzas Virgen de Finibusterre (Toledo) e o guardés Do Lusco ó Fusco:
(http://www.doluscoofusco.8m.com/index_files/page0004.htm). Na fotografía, facendo a entrada na Praza do Calvario no ano 2006.

22 jul 2008

Festas do Pilar

Dende a concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo infórmannos que o xoves día 24 a partir das 22:30 horas haberá unha gran verbena amenizada polas orquestras Magos de España e Pontevedra.
O venres 25 ás 11 da mañá haberá un pasarrúas a cargo da Banda de Música da Agrupación M. do Rosal. A misa solemne das 12 será cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal.
Xa pola noite e ás 21:00 horas, terá lugar un concerto da citada Banda do Rosal na Praza do Calvario.
O broche final a estas festas o poñerá a orquestra Ilusión.

21 jul 2008

Resumo da XVI Feira do Viño do Rosal 2008

Degustando viños e tapiñas nunha "terraza" na Praza do Calvario
Velaquí vos deixamos unha pequena reportaxe, a modo de resumo, desta XVI Feira do Viño do Rosal 2008. Nela incluímos as fotografías da inauguración, coas diferentes intervencións que se produciron, tanto do alcalde Sr. Fernández Portela, do pregoeiro Ánxo Vázquez e do presidente da Deputación, Sr. Louzán. Así mesmo tamén reflectimos diferentes detalles das exposicións que houbo no Concello e da degustación dos exquisitos viños rosaleses. Click no seguinte enlace: http://es.youtube.com/watch?v=_cfpVlPhNb8

Exposición dos pintores Waldo Álvarez Álvarez e María del Carmen Varela Velasco

Como xa tiñamos anunciado, a oferta cultural dentro desta edición da Feira do Viño foi múltiple e variada. Achegámonos ata as instalacións da "Cámara Agraria" onde expuñan a súa obra os pintores autodidactas Waldo Álvarez Álvarez e Mª del Carmen Varela Velasco. O primeiro é natural do Rosal, residindo na actualidade na parroquia de San Xoán de Tabagón. O seu estilo é figurativo, empregando como técnica o óleo sobre lenzo, con temas tan variados que van dende certas paisaxes mariñas ata retratos. Waldo tamén realiza fermosos mosaicos con gres esmaltado e azulexo.
María del Carmen Varela Velasco (Mary Varela) é natural de Sober (Lugo) e vive dende fai tres anos no Rosal, concretamente en Couselo. Preguntándolle sobre os motivos da súa obra coméntanos que "son unha namorada da natureza, pero coas miñas cores. O que quero reflexar tenme que emocionar. Gústame xogar coa realidade e poñerlle un pouquiño da miña fantasía". Esta é a segunda exposición de Mary Varela no Rosal, pois a súa obra tamén estivo cara ao público co gallo da Festa do Cabaqueiro do ano 2005. (Facede click nas fotografías para aumentalas)

20 jul 2008

Inauguración da XVI Feira do Viño do Rosal 2008

Anxo Vázquez foi o encargado de dar lectura ao pregón deste ano
O venres 18 de xullo inaugurouse oficialmente a XVI Feira do Viño do Rosal 2008. O acto tivo lugar diante da balconada do Concello, cunha primeira intervención do alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, presentando de seguido ao pregoeiro deste ano, Anxo Vázquez, director do programa da TVG "O Agro" quen realizou numerosas loubanzas dos nosos viños. En último lugar -e como xa advertíramos- o encargado de dar luz verde ao comezo desta Feira anual rosalesa foi o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. Velaquí vos deixamos precisamente en forma de vídeo o momento da inauguración desta XVI Feira do Viño 2008. Facede click no seguinte enlace:http://es.youtube.com/watch?v=UPWLF6k-nxE