Este sábado 20 de setembro celebrarase unha Andaina pola Senda de Pescadores Río Miño-Tamuxe PR-G 112, "para coñecer a ampliación da senda orixinal e a nova sinalización sobre a flora e fauna da zona. Ten unha lonxitude de 7'5 km, é de doado percorrido e a saída será as 16 horas dende o Muíño das Aceñas".
Esta andaina é gratuíta e, en caso de choiva, se aprazará para outro día. Co fin de organizar a volta, os interesados deberán anotarse no Concello, chamando ao número 986 62 50 00.
0 comentarios:
Publicar un comentario