O Centro Social Polivalente do Rosal acolle este xoves 27 de marzo ás 19:00 horas, o obradoiro "Coñece a túa factura eléctrica e aprende a reducila".
Organizados por ADICAE e coa colaboración do Instituto Galego de Consumo, este tipo de obradoiros son totalmente gratuítos, para ofrecer "formación, divulgación e sensibilización en materia de consumo de subministro eléctrico para informar aos consumidores e usuarios da importancia e dos beneficios dun consumo crítico e responsable".
0 comentarios:
Publicar un comentario