Foto: Club Ciclista O Rosal
O sábado 29 de marzo presentouse no Auditorio Municipal do Rosal a plantilla do Club Ciclista da vila para este ano 2014.
Deu a benvida aos asistentes o presidente, Gerardo Álvarez Martínez, quen deu paso a Juan Ramón Villa, quen se encargou de ir presentando un por un a todos os integrantes deste novo proxecto deportivo.
O Club Ciclista O Rosal homenaxeou neste acto a Toñi Portela, quen abandonou o club para fichar polo Super Froiz. Igualmente, Raúl Fernández tamén foi obsequiado cun recordo pola súa excelente campaña, na que se proclamou campión de España de ciclocross ou mesmo participou no Mundial de Holanda.
0 comentarios:
Publicar un comentario