TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

19 mar 2013

O AUDITORIO DO ROSAL ACOLLE ESTE SÁBADO 23 DE MARZO UN CONCERTO DO GRUPO DE PERCUSIÓN ODAIKO




Informa: Monserrat Domínguez Otero / Agrupación Musical.


O grupo de percusión ODAIKO ofrecerá este sábado 23 de marzo ás 21.00 horas un concerto no auditorio do Rosal no que os instrumentos de percusión serán os protagonistas. Conectando sempre coa música de raíz, Odaiko é unha mestura de boa música cun toque de humor que conecta co público para mostrar de forma entretida e emocionante todo o que se pode crear cos instrumentos de percusión.

O seu espectáculo Galician on board é unha viaxe musical-percusiva a través das diferentes culturas, dende a oriental, africana, latinoamericana ata a percusión tradicional galega.

Con xa dez anos dende os seus inicios, Odaiko participou en numerosos festivais en diferentes países, colabora con diferentes artistas e conta con dous traballos discográficos do seu espectáculo, cd e dvd. O grupo está formado na actualidade por Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Francisco Troncoso, todos eles percusionistas galegos cunha variada formación estilística e experiencia en diferentes formacións instrumentais, e estarán acompañados pola voz de Xiana Lastra.

Este acto está organizado pola Agrupación Musical do Rosal que a pesar de atoparse nuns momentos complicados continúa loitando por fomentar a cultura musical do noso pobo, e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Concello do Rosal e Comunidade de Montes de Santa Mariña.

Nos vos perdades este fantástico espectáculo!! Esperámosvos.

NOTA. - Informar ó público que habitualmente asiste os nosos actos, que o concerto da banda que estaba previsto para este domingo día 24 queda aprazado para o domingo 7 de abril ás 18,30 h.



0 comentarios:

Publicar un comentario