Informa: Asociación Érguete Baixo Miño
Este curso organizado pola Asociación Érguete
Baixo Miño está dirixido a persoas desempregadas e con perfil profesional
dentro do ámbito da hostalería e/ou restauración, comezou no mes de outubro
tendo unha duración de 350 h.
Nel participan 12 persoas da Comarca do Baixo Miño
e enmárcase dentro do Programa de Incorporación Social e Laboral que desenvolve
a Asociación Érguete Baixo Miño con carácter anual.
Durante os meses de decembro e xaneiro o alumnado
realiza as prácticas formativas en centros de traballo, imprescindibles para
obter o certificado acreditativo deste curso. Agradecemos especialmente a
colaboración das seguintes empresas da Comarca do Baixo Miño para levar a cabo
esta formación práctica:
Restaurante Area
Grande (A Guarda)
Art Café (A Guarda)
Bar-Tapería A Competencia (O Rosal)
Café-Bar Oasis (A Guarda)
Café-Bocatería Woody Pool (Tomiño)
Cafetería-Cervecería Pool Chaos (A Guarda)
Cafetería-Churrasquería Novo Arroio (Tomiño)
Casa Paco (Torroña-Oia)
Cervecería-Tapería The Celtic Harp (A Guarda),
Nova Casa Cuartel (Goián-Tomiño)
Restaurante Juan (O Rosal)
Restaurante Silabario / La Pizarra del
Silabario (Tui).
Esta acción realízase baixo o financiamento das
cotas dos/as socios/as da Asociación, a Consellería de Traballo e Benestar
–Secretaría Xeral de Política Social-, o Fondo Social Europeo, a Deputación de
Pontevedra e o Concello de O Rosal.
0 comentarios:
Publicar un comentario