Informa: Alma María Pérez Aguiño / REDIC
Repartíronse un total de 5.000 boletos
de participación e se repartirán 20 premios de 100€ e tres de 150€. Os
agraciados poderán gastalos nos 30 comercios participantes durante os 6
próximos meses.
O venres 7 de decembro
ás 20:00h na sala de exposicións da Casa do Concello do Rosal, o Alcalde, D. Jesús
Mª Fernández Portela, o Deputado provincial D. Pablo Baquero Álvarez, o concelleiro de Comercio, D. Ángel Martínez Villa e o
Presidente de ACOR, D. Pepe Martínez González (Asociación de Comerciantes de O Rosal, na imaxe),
repartirán 23 vales de compra por importe de 2.450€ entre os clientes do
comercio local do Rosal dentro do marco da campaña de dinamización comercial
“Merca na Rúa”.
Antes de comezar
co sorteo, os cativos poderán disfrutar tamén de diferentes actividades especialmente
pensadas para eles desde as 19:00h.
“Merca na Rúa” é
unha actividade coa que se pretende
fomentar as ventas e incentivar o consumo no pequeno comercio; a
visualización do comercio de proximidade; fomentar o asociacionismo; e animar
as rúas comerciais das vilas da provincia de Pontevedra.
Se está
desenvolvendo en 5 vilas da provincia de Pontevedra sorteando en cada unha
delas 2.450€ euros en vales de compra (20 vales de 100€ e 3 de 150€) para gastar nos comercios locais.
É o cuarto ano
que a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra se unen para poñer en
marcha esta actividade de dinamización comercial e grazas á que desde o ano
2009 percorréronse xa 20 vilas da provincia de Pontevedra repartindo un total
de 60.000€ en vales de compra entre 520 persoas agraciadas.
0 comentarios:
Publicar un comentario