TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

9 dic 2009

A Agrupación Musical do Rosal recibe un novo premio

Este 9 de decembro tivo lugar na Casa do Concello a entrega do primeiro premio de 4.200 euros outorgado á Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal correspondente á súa formidable vitoria na sección especial do IX Certame de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra celebrado a comezos do mes de outubro. O encargado de realizar a dita entrega foi José Juan Durán, vicepresidente e deputado delegado de Cultura da entidade provincial, quen estivo acompañado neste acto polo alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela e a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo.
Representando á Agrupación Musical do Rosal atopábanse nesta xuntanza o seu presidente Jesús González Álvarez, o director da Banda Diego J. Lorente López así como Olalla Álvarez González e Iván Diego Martínez, dous dos seus activos compoñentes. O vicepresidente da Deputación lembrou a boa actuación da banda rosalesa nese IX Certame, recoñecía a súa calidade e tradición dentro do “panorama galego musical” á vez que a felicitaba e lle auguraba moitos máis éxitos para o inminente futuro.

0 comentarios:

Publicar un comentario