O pasado martes 3 de febreiro celebrouse no Centro Social Polivalente do Rosal unha Charla informativa sobre trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) que reuniu a preto dun centenar de profesores, educadores e interesados en xeral neste síndrome conductual. Esta xornada estivo organizada polo Gabinete de Logopedia Rosana, o Gabinete de Psicopedagoxía Ana e a ANPA do Colexio Manuel Suárez Marquier. Contou así mesmo coa colaboración do Concello do Rosal e ANHIDA (Asociación de Niños con Hiperactividad y/o Déficit de Atención de Vigo). Presentou o acto Rosana Coímbra Piñeiro, logopeda e especialista en atención temperá, quen deu paso ás intervencións de Pedro (pai dun neno con TDAH e Vicepresidente da Asociación de Pais con fillos con Hiperactividade) e Ana María Montes Santomé, psicopedagoga e logopeda. Pola súa parte, a psicóloga especializada en psicodiagnóstico de TDAH, María Estela Portillo e a logopeda Eva López Domínguez, ambas da mencionada asociación ANHIDA (http://www.anhida.org/), ofreceron aos asistentes unha pequena charla sobre este tipo de trastorno. En palabras de Rosana Coímbra "con estas charlas preténdese informar deste trastorno, de como se debe proceder a un correcto diagnóstico unindo o campo da mediciña e a psicoloxía, e non dar un diagnóstico á lixeira, xa que hai que ter coidado de non confundilo con outros trastornos cos que si en ocasións aparece ligado, e, sobre todo, da importancia dun traballo multidisciplinar para obter uns resultados positivos nos nenos con dificultades, ben porque presentan o TDAH ou non". Facede click no seguinte enlace para acceder á nosa reportaxe fotográfica:
0 comentarios:
Publicar un comentario