28 may 2013
JOSÉ PÉREZ, CONSEGUE PASAR DE FASE E CANTARÁ "LA FELICIDAD" EN RECANTOS (LUAR-TVG) O VENRES 7 DE XUÑO
Na imaxe, coa coñecida actriz, cantante e presentadora galega, Teté Delgado
O cantante rosaleiro José Pérez, que representa ao Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta), xa está entre os oito mellores do concurso Recantos, que se emite todos os venres no coñecido programa LUAR da TVG (Televisión de Galicia).
Finalmente, despois de semanas, o pasado venres 24 o xurado e o público dende as súas casas, decidiron que tiñan que abandonar Recantos, a representante de Lemosterra (Iria Cid) e máis a de Terras de Lugo (Eviña).
Polo tanto, José Pérez consegue pasar aos cuartos de final, tendo a súa nova actuación o vindeiro 7 de xuño, interpretando unha versión -como sempre en galego- ("É fenomenal") da canción "La Felicidad", de Palito Ortega.
¡¡Dende Noticias O Rosal, como sempre, noraboa e moita sorte José!!
27 may 2013
ANTONIO PORTELA VENCE EN CARBALLO (A CORUÑA), CON SEGUNDOS POSTOS DE RAÚL FERNÁNDEZ E YASIR MARTÍNEZ
27.5.13
Antonio Portela (ciclista), Club Ciclista O Rosal, Raúl Fernández (ciclista), Yasir Martínez (ciclista)
Comentar
Información e fotografías: Club Ciclista O Rosal.
Segundo se pode ler na web do Club Ciclista O Rosal, o sábado 25 de maio disputouse en Carballo (A Coruña) o trofeo patrocinado polo concello da localidade, onde en categoría Junior a vitoria foi para Antonio Portela, que tamén se fixo co premio das Metas Voantes.
O seu compañeiro Raúl Fernández conseguía o segundo posto tras "un apretado sprint con Ángel Diz (C.C. Spol)".
Destacar tamén a presenza no podio na categoría Principiantes, de novo, de Yasir Martínez, que rematou en segunda posición.
22 may 2013
ESTEBAN PEDROSA PENA, PORTEIRO DO MECALIA ATLÉTICO NOVÁS, CONFIRMA A SÚA RETIRADA DO BALONMÁN
O porteiro do Mecalia Atlético Novás de O Rosal, Esteban Pedrosa Pena, confirma a súa retirada do balonmán.
Tal e como anuncia o club baixomiñoto: "Ya era un secreto a voces, pero el mejor portero de la historia del Novás anuncia su retirada. Después de 14 años defendiendo la camiseta de nuestro club, parece que esta vez será la definitiva".
O comunicado vía facebook continúa dicindo: "solo hay palabras de agradecimiento para él, gran portero y mejor persona" e lémbralle que "... ya sabes, si quieres escaquearte de la pretemporada como el año pasado, encantados. GRANDE ESTIVI".
21 may 2013
ESTA FIN DE SEMANA (25 E 26 DE MAIO), ESPECTÁCULO DA ASOCIACIÓN STUDIO 88 NO AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL
Informa: María Dora Domínguez Lago
Este sábado 25 de maio ás 22:00 horas, o Auditorio Municipal do Rosal acollerá a actuación de Studio 88 Profesional, -dirixido artisticamente por Josué Álvarez- e que presenta o seu espectáculo "Cuerpo".
Así mesmo, o domingo 26 de maio a partir das 19:00 horas, tamén no Auditorio, o Ballet Studio 88 da Asociación Studio 88 de A Guarda ofrecerá o espectáculo "Solos".
A entrada a ambos espectáculos é gratuíta.
20 may 2013
A WEB HOMECLARO.COM PUBLICA DÚAS ENTREVISTAS AOS DEPORTISTAS ROSALEIROS JAVI DÍAZ E ÓSCAR VICENTE
O pasado venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, nacía en Internet a web Homeclaro.com. Tal e como se pode ler na súa mensaxe principal de benvida "animámonos a darlle vida -en forma desta web- a un proxecto sociocultural, deportivo e de lecer, que tiñamos en corazón e mente dende xa hai algúns anos".
Entre os seus contidos podemos ler as primeiras entrevistas, realizadas a dous deportistas rosaleiros do máis alto nivel: a do porteiro do BM. Villa de Aranda, Javi Díaz, da Liga Asobal e a do campión de España de Triatlón Élite, Óscar Vicente.
ÁNIMOS DENDE O ROSAL PARA OS XOGADORES DO NOVÁS, MARCOS COLORADO E JAVI CANDELEDA
Fonte: Mecalia Atlético Novás (facebook).
Fotografías: Juan Ramón O Rosal / Atl. Novás.
Segundo comunica o Mecalia Atlético Novás no seu perfil oficial da rede social Facebook, o xogador Marcos Colorado pasará hoxe, 20 de maio por quirófano, sendo operado ao redor do mediodía no hospital Perpetuo Socorro de Vigo "por el Dr. Díaz Ferreirós. Mucho ánimo para él, que seguro que en nada está otra vez en las pistas".
Igualmente o Novás tamén se fai eco da lesión de Javi Candeleda: "golpe duro... El pivote natal de Plasencia se fracturaba el peroné la semana pasada. ¡Muchas fuerzas desde O Rosal!"
16 may 2013
O ART CAFÉ DE A GUARDA ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN DE PINTURA DE MARY VARELA
Información: Charo Trigo / A Guarda
A pintora Mary Varela (María del Carmen Varela Velasco) expón na vila da Guarda, en concreto no Art Café, parte da súa obra, baixo o título "Pensando en Baiona".
Lembramos que Mary Varela é natural de Sober pero reside dende hai uns anos en Couselo (O Rosal).
Tal e como publicamos recentemente, vén de participar nunha mostra na Casa do Turismo de Vila Nova de Cerveira (Portugal).
A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL ORGANIZA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013 NA PRAZA DO CALVARIO
Un ano máis, a Agrupación Musical do Rosal que preside Iván Diego Martínez, organiza este venres 17 de maio as actividades que se celebrarán na Praza do Calvario, con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano se dedica a Roberto Vidal Bolaño.
Tal e como reza o cartel haberá durante todo o día tapas (polbo á feira, zorza, tortillas, empanadas, filloas e postres caseiros regados cos afamados viños do Rosal).
Igualmente terán lugar obradoiros, haberá kiricreques e xoguetes antigos para disfrute de pequenos e maiores.
Como non podía ser menos, contarase coas actuacións musicais de Grupo de Gaitas, Banda Infantil, Grupos de Cámara, Coro Infantil e Adultos, Pandeiretas Ás 9 alí, Pandeiretas Orballo e O Trebón dos Xidos.
15 may 2013
OS DÍAS 18 E 19 DE MAIO CELÉBRANSE NO ROSAL AS FESTAS DE SAN ISIDRO 2013
15.5.13
Comentar
O sábado 18 e o domingo 19 de maio celébranse no Rosal as Festas na honra de San Isidro, patrón dos agricultores.
O sábado 18 ás 21:00 horas, verbena coa orquestra Costa Blanca e o Grupo Son de Vigo, que se prolongará ata a madrugada.
Xa o domingo 19, ás 10 da mañá, fará a súa entrada na Praza do Calvario a Agrupación Musical do Rosal.
Ás 12 horas, Misa Solemne con Sermón e Procesión. Xa de tarde, ás 19:00 horas, presentación da Orquestra Xacobeo.
A partir das 20:00 horas, Gran Subasta de produtos típicos da terra. Seguidamente, gran verbena a cargo da orquestra Xacobeo.
A organización informa de que o recinto estará cuberto.
MANUEL ÁNGEL POMBAL DIEGO "PEQUE" SERÁ HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS POLA A. CULTURAL GUARDESA
15.5.13
Comentar
O vindeiro venres 24 de maio ás 21:00 horas, a Agrupación Cultural Guardesa, que preside Julia Sobrino, homenaxeará este ano a Manuel Ángel Pombal Diego "Peque", con motivo do Día das Letras Galegas 2013.
Tal e como reflicten os nosos compañeiros de Infogauda, Manuel Ángel Pombal Diego é veciño de Pedornes (Oia), doutor en Bioloxía e profesor e investigador na Área de Bioloxía Celular da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. Así mesmo, é autor de numerosos artigos de investigación, poñente en congresos e membro de distintas asociacións -entre outras- ten o cargo de vicepresidente de ANABAM dende 2008.
Falará sobre o homenaxeado, o tamén mestre e xornalista guardés, Antón Ferreira Lorenzo, correspondente de Atlántico Diario e coordinador da web Galicia Suroeste.
Actuarán o grupo de pandeiretas da Agrupación Cultural Guardesa, que dirixe Berta Castro González; o grupo Antorcha, dirixido por Mª José Baz e a Banda da Escola de Música de Mougás, que dirixe Luis Giráldez.
14 may 2013
O VENRES 17 CELÉBRASE NA MATA O III TORNEO DE FÚTBOL 8 ALEVÍN E BENXAMÍN U.D.RIBERA - CONCELLO DO ROSAL 2013
O vindeiro venres 17 de maio se celebra o III Torneo de Fútbol 8 Alevín e Benxamín U.D. Ribera - Concello do Rosal, Memorial Iago Ameal Pereira, no campo de fútbol de A Mata.
Comezará ás 9:30 horas e participarán máis de douscentos nenos con idades comprendidas entre os oito e os once anos.
A organización preparou unha comida para todos os equipos no polideportivo do CPI Manuel Suárez Marquier.
Información: http://www.torneosfutbolbase.org/
Por terceiro ano consecutivo o campo de fútbol de A Mata acollerá o Torneo de Fútbol 8 Alevín e Benxamín U.D. Ribera - Concello do Rosal, Memorial Iago Ameal Pereira.
Participarán equipos da zona como son o Alameda, San Cayetano, A Guía, Oiense, Goián, Tyde, Gondomar ou o Ribera.
Será o segundo ano no que se lembre a figura do que foi porteiro alevín do Ribera, Iago Ameal Pereira.
A organización espera un ambiente festivo, animado e que sexa unha auténtica experiencia deportiva para os nenos. Tamén agarda que predomine a deportividade entre os equipos, pais e afeccionados.
A organización dispón dunha páxina web para consultar normas, calendario, resultados dos partidos, grupos, fotos, etc.
Para que este evento se poida realizar é importante a colaboración da U.D. Ribera, empresas e casas comerciais e institucións como Deporte Galego, Deputación e Concello do Rosal.
O EQUIPO CADETE DA U.D. RIBERA DE FÚTBOL CONSEGUE UN BRILLANTE ASCENSO A PRIMEIRA PROVINCIAL
Información e fotografías: U.D. Ribera (O Rosal)
O equipo cadete da U.D. Ribera de fútbol conseguiu o ascenso á Primeira categoría Provincial por vez primeira. Para isto tivo que xogar unha liguilla de ascenso contra o Porriño B e o Coruxo B.
O ascenso foi brillante, porque derrotou ao Porriño en A Mata por 3-1 (goles de Fabio, Fer e máis Erik) e venceu ao Coruxo, a domicilio, por 1-3 (Fabio, Erik e Alex). O Ribera foi superior, non só no marcador, senón en xogo, dominio e posesión.
O equipo está dirixido por Manolo como adestrador. Como xogadores: Jorge e Esteban (porteiros); Adrián Ferreira, Mateo, Pablo, Óscar Gándara, Germán, Adrián Santomé e Kevin (defensas); Óscar Vicente, Rodrigo, Fabio Villa, Álex, Blas e Borja (mediocampistas); Erik, Fer, Jesús, Alfonso e Josué (dianteiros).
A Xunta Directiva quere felicitalos e desearlles sorte a próxima tempada.
9 may 2013
MOSTRA PICTÓRICA DE JESÚS VÁZQUEZ E CARMEN PRADO NA VILA DO ROSAL
Este sábado 11 de maio ás 12 da mañá inaugúrase na Sala de Exposicións do Concello do Rosal a Mostra Pictórica de Jesús Vázquez e Carmen Prado, que estará aberta dende o luns 13 ata o domingo 19 de maio, en horario de mañá (11-13 h.) e de tarde (18-20 h.).
7 may 2013
O ROSALEIRO XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE PARTICIPA ESTE VENRES NO SEMINARIO INTERNACIONAL "O MIÑO QUE NOS UNE"
O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe foi convidado a intervir no Seminario Internacional "O Minho que nos une" que se celebrará na vila da Guarda este venres 10 de maio.
Tamuxe participará a partir das 16:00 horas na Casa dos Alonsos (Praza do Reló) no Grupo de Traballo 2: "Recursos e estratexias para coñecer e divulgar o Patrimonio", coordinado por Aurora Rego, catedrática historiadora, coñecedora da relación Caminha-A Guarda.
Velaquí vos deixamos íntegra a nota de prensa remitida por Rosalía Verde á nosa Redacción dende a concellaría de Turismo guardesa que dirixe Montserrat Magallanes:
"O Alcalde de A Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas, e o Vicepresidente de Caminha, D. Flamiano Martins, presentaron o SEMINARIO INTERNACIONAL “O MINHO QUE NOS UNE” o día 7 de maio nun marco significativo como é o ferry que une as dúas beiras do Miño.
Durante este acto presentouse o Seminario Internacional que terá lugar o próximo venres día 10 de maio no Concello da Guarda e que está organizado polos dous municipios. Este seminario ten como obxectivo abordar temas relacionados co río Miño e permitir a participación das institucións e veciños de Portugal e España. O seminario intégrase no proxecto para a promoción do río Miño promovido polos municipios de ámbolos lados da fronteira.
Os dous representantes definiron o programa que comprende un conxunto de conferencias onde se abordará a evolución e a historia do río Miño, o programa europeo transfronteirizo entre 2014 e 2020 e algúns casos de éxito noutros ríos de Portugal e España. Durante a tarde realizaranse tres grupos de traballo con representantes de diversas institucións e especialistas de ámbolos lados da fronteira, onde serán debatidos temas relacionados co desenvolvemento económico sustentábel da rexión, estratexias para a promoción do patrimonio e a preservación dos usos e da biodiversidade do río Miño. Tamén foi programada unha visita guiada polo Monte de Santa Trega.
Os moderadores dos grupos de traballo exporán as aportacións e acordos tomados como conclusións no acto de peche do seminario. Ó seminario poden asistir todos aqueles interesados ou entes vinculados o Miño".
Este é o programa completo do Seminario Internacional:
PROGRAMA:
10.30-10.45 APERTURA DO SEMINARIO
D. José Manuel Domínguez Freitas, Alcalde da Guarda.
D. Flamiano Martins,
Vicepresidente da Cámara Municipal de Caminha.
10.45-11.45 RELATORIO:
“O
MIÑO COMO ESCENARIO DA HISTORIA”
D. Ermelindo Portela Silva, Catedrático de
Historia Medieval na Universidade de Santiago.
11.45-12:00 PAUSA CAFÉ
12.00-13.00
RELATORIO:
“PROXECTOS
TRANSFRONTEIRIZOS: ESTRATEXIAS EUROPEAS 2020”
D. Juan Lirón, Director da GNP-AECT,
Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte
de Portugal.
16.00-17.00 VISITA GUIADA NO MONTE SANTA TREGA
16.00-18.30 GRUPOS DE TRABALLO
GRUPO DE TRABALLO 1:
“O MIÑO COMO RECURSO ECONÓMICO
SOSTIBLE”
Lugar: Centro Cultural
Coordina:
D. Jose Font, Director da Radio Municipal de Tui.
Participan:
·
D. Albino Prada, Profesor de Economía
Aplicada, Grupo de investigación ERENEA da Universidade de Vigo.
·
Dona Ruth González, Xefa de servizo de
Turismo Rías Baixas.
·
Dona Carmen García Braga, Presidenta da
Asociación de Comerciantes A Guarda ACIGU-CCA e o FEBAM, Federación de
Empresarios do Baixo Miño.
·
D. Francisco Pérez, Patrón Maior da
Confraría de Pescadores A Guarda.
·
D. Fernando Ferreira Rodríguez, Presidente da
Asociación de Pescadores do Río Miño.
·
D. Paulo Alexandre e Vitor Santos, Membros da
Associaçao de Pescadores do Río Minho.
·
D. Joâo Guterres, Confraría da Lampreia
do Río Minho.
·
D. António Capela da Silva, Representante
Iate Clube de Caminha.
·
D. Pedro Giestal, Técnico da Associaçao
empresarial CEVAL.
·
Dona Elsa Cepa, Membro do Comercio e
comunicación social de Caminha.
·
Representante Turismo do Porto Norte de
Portugal.
GRUPO DE TRABALLO 2:
“RECURSOS E ESTRATEXIAS PARA
COÑECER E DIVULGAR O PATRIMONIO”
Lugar: Casa dos
Alonsos (Praza do Reló)
Coordina:
Dona Aurora Rego, Catedrática Historiadora coñecedora da relación
Caminha-A Guarda.
Participan:
·
D. Anselmo López Carreira, Catedrático de
Historia e Profesor da UNED.
·
Dona
Lourdes Carita, Membro da Asociación galego portuguesa Ponte
nas Ondas.
·
D. Xoán Martínez Tamuxe, Cronista e
Historiador local.
·
Dona Silvia González Soutelo, Doutora en
Arqueoloxía e Investigadora do GEAAT, Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e
Territorio.
·
Dona Rebeca Blanco-Rotea, Membro do
Instituto de Ciencias do Patrimonio do Consello Superior de Investigacións
Científicas (Incipit-CSIC).
·
D. Gilberto Carlos, Profesor da Escola
Gallaecia de Vilanova de Cerveira.
·
D. Miguel Matos, Membro do CIM Alto
Minho, Comunidade Intermunicipal do Minho-Lima.
GRUPO DE TRABALLO 3:
“O MIÑO PAISAXE CULTURAL: INTERACCIÓN
DA NATUREZA E DO HOME”
Lugar: Museo Arqueolóxico Santa Trega
Coordina:
Mario Crecente, Coordinador da redacción do Plan Director do Monte Santa
Trega.
Participan:
·
D. Xabier Simón Fernández. Doutor en
Economía pola Universidade de Vigo e coordinador do proxecto DeltaNet no que se
inclúe o Esteiro do Miño.
·
D. Agustín Ferreira Lorenzo, Presidente da
Asociación Naturalista do Baixo Miño, ANABAM.
·
Dona Isabel Pardo, Profesora de Ecoloxía
da Universidade de Vigo.
·
Dona Elena de Uña Álvarez, Profesora titular
de Xeografía da Facultade de Historia da Universidade de Vigo, Campus de
Ourense.
·
D. Carlos Antunes, Director Aqua Museu de
Cerveira.
·
Dona Ana Paula Xavier, Membro de ADRIMINHO,
Asociación de Desenvolvemento Rexional.
·
D. Carlos Venade, Experto en biodiversidade,
fauna e flora.
·
D. Custódio Oliveira, Patrimonio da
Humanidade da Unesco.
17.30 -19.00 OUTROS RÍOS, OUTRAS REALIDADES
Lugar: Centro Cultural
·
TURISMO FLUVIAL NO DOURO: D. David Salvador Velasco (Cruzeiros
ambientais no Douro) e D. Ilidio Santos (Unidouro-Vinho Douro).
·
O RÍO SIL NA RIBEIRA SACRA: Representante
do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra (Ourense-Lugo).
·
TURISMO ACTIVO NO RÍO SELLA: Dona
Rosario Fernández, Alcaldesa e
delegada de turismo e medio ambiente do municipio de Ribadesella (Asturias).
19.00-19.30 CONCLUSIÓNS E CLAUSURA
Lugar: Centro Cultural
6 may 2013
O MECALIA ATLÉTICO NOVÁS CONFIRMA A RENOVACIÓN DE MODESTO AUGUSTO COMO TÉCNICO DO PRIMEIRO EQUIPO
Segundo se informa no perfil oficial de facebook do Mecalia Atlético Novás de balonmán, Modesto Augusto "continuará como técnico del primer equipo".
O club rosaleiro ven de comunicar que "el experimentado entrenador del Mecalia Atlético Novás seguirá al frente de la plantilla por segunda temporada. El cangués ha aceptado la oferta de renovación planteada y tratará de mejorar los resultados logrados esta temporada".
Ademais lémbrase que "desde ya se procederá a la confección de la plantilla".
O SÁBADO 11 DE MAIO CELÉBRASE A XI ANDAINA "O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO, 2013" POR EIRAS E TABAGÓN
(Foto: Xoán Martínez Tamuxe)
O vindeiro sábado 11 de maio terá lugar unha nova andaina
deportivo-cultural organizada polo Concello do Rosal.
O punto de encontro será ás 16:00 horas no aparcadoiro de
Adegas Val Miñor, na Portela (San Xoán de Tabagón).
Esta andaina, como as dez anteriores, estará guiada polo
emprendedor sociocultural rosaleiro Juan Ramón Martínez Barbosa, quen ao longo
do percorrido ofrecerá diferentes explicacións históricas descoñecidas dos importantes
elementos patrimoniais civís e relixiosos das parroquias de San Xoán de Tabagón
e San Bartolomeu das Eiras.
Os participantes poderán visitar –entre outros lugares- a propia adega rosaleira, o
contorno da capela da Magdalena e a igrexa parroquial das Eiras, para logo
baixar ata a praia fluvial. Unha das novidades desta ruta será admirar e
coñecer a última descuberta de arte rupestre en Eiras (un conxunto de
petróglifos de época prehistórica, cando menos
da Idade do Bronce Final, 1200-1100 a 700-600 antes de Cristo).
Para apuntarse a esta XI Andaina –inscrición gratuíta- e para
máis información, poden achegarse ata o Concello ou chamar ao teléfono 986 62
50 00.















.jpg)








.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)






