FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

15 oct 2011

A Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón organiza o I Rally do Tamuxe de Scalextric




Informa: Jorge Cardoso Mariño / S.R.C. San Miguel

A Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón celebra o día 15 de outubro a primeira edición do Rally do Tamuxe na modalidade scalextric. Abrirase a participación de toda a persoa que o desexe nas categorías de menores de 13 anos e maiores de 14 anos cunha inscrición de 3 e 5 euros.

O evento comeza o sábado pola mañá con adestramentos libres a partir das 10.30 horas ata as 13 horas. Se realizará nas tres pistas/percorridos instalados no Salón Multiusos, que dispón a asociación no seu local social en San Miguel de Tabagón (Pontevedra) para logo pasar á comida no Restaurante As Brasas ás 14.00 horas, pedindo confirmación no teléfono 672085534.

No caso de que algún participante non teña un coche de competición, a organización ten a disposición coches para participar.

Retomarase a partir das 16.00 horas para comezar a competición oficial con adestramentos e as carreiras nas que se coñecerán os gañadores. Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán trofeo e premios en metálico.

Tamén no mesmo local se fará un baile de Halloween o día 31 de outubro a partir das 23.00 horas, con sorteos e agasallos durante toda a noite.

Esta entidade aproveita a oportunidade de saír publicamente para dar as grazas e o apoio que tivo na Festa da Vendima das adegas da Subzona do Rosal: Aforado, Aldea de Abaixo, S.A.T., Altos de Torona, Adegas Tollodouro, Adegas Terras Gauda, Adegas Valmiñor, Adegas Lagar de Cervera, Adega Quinta de Couselo e Adegas Santiago Ruiz, a cal tivo unha parte moi importante por ser a adega da parroquia onde está situada a nosa entidade. Grazas tamén ao Restaurante As Brasas pola súa labor desenrolada na cata con maridaxe dos produtos do Baixo Miño, pero non sen esquecernos das casas comerciais como A Rosaleira, Cooperativa Porta do Río Miño e organizacións como Asociación de Pescadores do Río Miño e ORPAGU (Organización de Palangreiros Guardeses), que participaron desinteresadamente, proporcionando os seus caldos e os seus produtos para que a festa fora un éxito en todas a xornadas durante a semana que durou a Festa da Vendima.

Así mesmo pedir perdón polos erros cometidos, se tivemos algún, tanto aos participantes como aos socios. Intentaremos solventalos o ano que ven coa segunda edición.

O proxecto "1 euro por km S.O.S. Cuerno de África" crece día a día




Informa: Armando Verde

A iniciativa solidaria que pretende completar a volta a España recadando 1 euro por km percorrido, xa ten apadrinados 270 km.

A falta duns días para a saída do km 0 xa se cumpriu case a totalidade do primeiro obxectivo, A Guarda-Verín, 286'7 km, recadando 1 euro por km entre corredores e colaboradores.

A saída para a primeira etapa de 15'9 km entre A Guarda e Tomiño, está prevista para o próximo domingo 16 de outubro ás 11 horas. O lugar de saída, a Alameda da Guarda, onde se montará un stand para que todo aquel que desexe informació sobre o proxecto ou como apadrinar quilómetros ao longo de calquera das nove etapas restantes poida facelo, tanto como corredor ou colaborador.

A hora estimada de chegada á praza do Concello de Tomiño será sobre as 12:30, onde serán recibidos os 15 corredores que participan nesta primeira etapa e dende onde partirá a segunda etapa Tomiño-Tui, o luns 17 de outubro ás 11 horas.

Máis información no teléfono
626 593 237.

I Mercadiño sustentábel na Guarda organizado por A Velha na Horta




Informa: A Velha na Horta

Esta fin de semana A Velha na Horta organiza un mercadiño de artigos de 2ª man na praza de San Bieito da Guarda. Ámbolos dous días abriremos as 16:00 h. e pecharemos as 21:00 h.

Esta iniciativa pretende ser unha alternativa orixinal e claramente anticonsumista, na que a compra ou o troca das cousas que teñamos por casa sen usar den prioridade a ir a mercar a un centro comercial ou a última tenda de moda.

A maiores do mercadiño contaremos o sábado cunha charla a cargo da organización BDS, que nos informará sobre a súa campaña de boicot, desinvestimentos e sancións contra Israel; e con música tradicional, e o domingo coa actuación de Cé Orquestra Pantasma. Os dous días contaremos con música e barra con comida e bebida.

Agardámoste!

13 oct 2011

GALIS E SERGIO, VENCEDORES DO III CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS. CONCELLO DO ROSAL 2011


Esta fin de semana (8 e 9 de outubro) celebrouse na Praza do Calvario o III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2011.

A organización deste evento correu a cargo da Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín e o propio concello rosaleiro, que dende 2009 vén celebrando este torneo como unha actividade máis dentro da Festa do Cabaqueiro, este ano xa na súa XXIV edición.

Aínda que houbo moitas ausencias significativas -e irremediables- por compromisos adquiridos previamente, un total de catorce parellas participaron no Campionato na honra e lembranza dos mestres telleiros do Baixo Miño.


Braulio Álvarez González (Galis) e Sergio Rodríguez Álvarez, que formaban o equipo “OS ARGINAS” proclamáronse campións tras gañar na final a “OS ESNORZADOS”, Carlos Alberto Álvarez e Sergio Rodríguez Rodríguez “Trinta”.

O terceiro posto, por decisión da Organización, será compartido por dous equipos, “OS EMBUCHADOS" (Sergio e Diego) e "BRASIL NO SUCÁ" (Alfonso e Juan), xa que por motivos laborais non foi posible celebrar o partido que outorgaría este posto de privilexio.

4 oct 2011

O III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2011 celebrarase o 8 e 9 de outubro




A Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín e o Concello do Rosal organizarán o 8 e 9 de outubro o III Campionato OS CABAQUEIROS 2011.

Este torneo -ao igual que a Asociación- creouse para promover a Cultura e a Festa do Cabaqueiro, fomentar o desenrolo cultural do Baixo Miño, así como promocionar o xogo do futbolín e crear un ambiente de festexo entre todos os veciños e veciñas da Comarca.

Estas son as bases, programa e inscricións:

10 € persoa (20 € a parella). Pódense recoller as follas de inscrición nos locais con futbolín, colaboradores: Bar Floro, Bar Troya e Bar D’Bute (O Rosal).

Máis información no blog:
(http://www.asociacioncabaqueiros.blogspot.com/)
Na dirección de correo:
asociacioncabaqueiros@hotmail.com 
No teléfono:
637 311 007.

Poden apuntarse todas as persoas que pertenzan ao BAIXO MIÑO (O Rosal, A Guarda, Oia, Tomiño e Tui) como máximo ata o venres 7 de outubro ás 21:00 horas, na propia PRESENTACIÓN DO CAMPIONATO, que se celebrará no Centro Social Polivalente do Rosal (rúa Cabaqueiros, nº 4).

MODALIDADE: PARADO

Ao igual que o ano pasado os NOMES DOS EQUIPOS participantes deberán ser palabras, frases ou expresións da fala ou “verbo” do CABAQUEIRO (agás equipos patrocinados).

INAUGURACIÓN E FASE DE GRUPOS: Sábado 8, das 16:00 ás 20:00 horas.

FASE FINAL: Domingo 9, de 11 a 14 horas e de 15:30 ás 20:00 horas.

O mércores 12 de outubro terá lugar ás 16:30 horas a PRESENTACIÓN OFICIAL DA ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL OS CABAQUEIROS DO FUTBOLÍN e a entrega de premios do III Campionato.

Ás 17:00 horas, a artista e cantante EREA CASTRO (LUAR-TVG) lerá o pregón da XXIV Festa do Cabaqueiro, para inmediatamente despois da súa intervención, os mestres telleiros iniciar a súa demostración anual de “taxicar cabacas e toupos a ghoucha” (facer tellas e ladrillos a man).

PREMIOS

1º : 200 € + Trofeos + Medalla + Diploma + Premio Especial

2º: 100 € + Trofeos +Medalla+ Diploma + Premio Especial

3º: 50 € + Trofeos + Medalla + Diploma + Premio Especial

4º: 25 € + Trofeos + Medalla + Premio Especial

A Asociación OS CABAQUEIROS outorgará tamén DÚAS CEAS para CATRO PERSOAS no RESTAURANTE JUAN (O Rosal) e na MARISQUERÍA O ROXO (A Guarda), ademais dunha noite na CASA CABAQUEIROS (Casa Rural. O Rosal)

Todos os participantes levarán fantásticos premios conmemorativos do III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2011.

*Estes premios están estipulados para un mínimo de 20 parellas.

29 sept 2011

A Romaría de San Francisco (Marzán) celébrase o 1 e 2 de outubro


A Romaría de San Francisco celebrarase a primeira fin de semana de outubro en Marzán. O sábado día 1, a partir das 18:00 horas GRAN CHURRASCADA e BACALLAU Á BRASA amenizada polo grupo de concertinas BARRIGAS DE GONDAREM, acompañado da iluminación e son de ELECTROSIL.

O domingo 2 de outubro, ás 11:30 horas terá lugar a MISA SOLEMNE con SERMÓN E PROCESIÓN en honor a San Francisco, acompañada do CORO ECOS DO FOLÓN e do grupo de gaitas OS PELOUROS.


A continuación, procederase á GRAN "SUBASTA" DE PRODUTOS TÍPICOS, finalizando as festas cunha tirada de fogos, que porán o broche á Romaría de San Francisco.

Dende a Organización lembran que o recinto estará cuberto.

28 sept 2011

Este sábado, a "Ruta dos Cruceiros" organizada polo Concello do Rosal

 

O Concello do Rosal retoma, despois do parón estival, o seu programa mensual de andainas turístico-culturais do ano 2011.

Nesta ocasión, o sábado 1 de outubro, os participantes percorrerán a “Ruta dos Cruceiros” para pasear, admirar e coñecer a historia e curiosidades dunha parte do rico e artístico patrimonio relixioso que ten a vila.

Para a realización desta andaina, se terá como base o completo e exhaustivo estudo sobre o tema, do recoñecido escritor e historiador local Xoán Martínez Tamuxe, plasmado no seu libro Cruceiros, Cruces e Almiñas do Baixo Miño. Concello do Rosal I, obra imprescindible para indagar sobre moitas das tradicións -e mesmo lendas- do municipio. (Na imaxe, o Cruceiro da Cancela de Furnos).

O punto de encontro, como é habitual, será a Praza do Calvario, estando a saída prevista para as 15:30 horas e a hora estimada de chegada, sobre as 18:00 horas.

O itinerario será o seguinte:

Praza do Calvario – Cemiterio – Furnos – Cruceiro Gordo – Martín – Fornelos (Praza e Escola) – Caselas – Convento das HH. Carmelitas – Cruceiro da Cruz de Ferro – A Feira – Praza do Calvario.

Quen desexe apuntarse (a actividade é gratuíta) pode facelo achegándose ata o Concello do Rosal ou ben chamando ao teléfono 986 62 50 00.

O domingo celebrarase a Romaría Popular de San Miguel de Tabagón



Informa: Jesús González Álvarez (Suso) / San Miguel de Tabagón

O domingo 2 de outubro terá lugar a Romaría Popular de San Miguel de Tabagón na honra de "O Anxo das Uvas". A misa celebrarase ás 12 da mañá.

Despois da misa e da procesión "xuntarémonos na Carballeira da Igrexa para xantar xuntos". "Lembrade traer comida e moitas ganas de festa".

26 sept 2011

Volven as sesións de contacontos á biblioteca municipal do Rosal



Tal e como se pode ler na web municipal, "o pasado sábado a concellería de Cultura do Concello do Rosal reiniciou as sesións de contacontos no Rincón do Conto da Biblioteca Municipal.


Despois do descanso do verán, volve esta actividade tan atractiva para os cativos. Nesta ocasión, a contadora Raquel Queizas destacou pola súa imaxinación, empatía cos nenos e pola súa capacidade de manter a atención dos nenos grazas ao protagonismo e participación deles nos propios contos. Esta actividade desenvólvese os últimos sábados de cada mes".

23 sept 2011

Festa da Vendima 2011 organizada pola Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón




Informa: Jorge Cardoso Mariño / Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón.

A Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón (O Rosal) presentou a Festa da Vendima 2011 no seu local social coa presenza do alcalde do Rosal Jesús María Fernández Portela e da concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo.
 
Destacou o Alcalde a labor por recuperar dita festa que se facía na Praza do Calvario hai 10 anos e que este ano o vai a levar a cabo a entidade da parroquia de San Miguel de Tabagón (O Rosal) nun concello cunha gran forza no sector vitivinícola.
 
A Festa da Vendima 2011 iniciarase o domingo 25 de setembro na Alameda de San Miguel de Tabagón, a poucos metros da Adega Museo Santiago Ruiz, home fundamental na historia do sector no concello miñoto, palabras que expresaba o vicepresidente da Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel, Jorge Cardoso Mariño.

Así mesmo, o vicepresidente detallaba os actos vitivinícolas da Festa, co inicio con degustación de polbo á feira, carne ao caldeiro, tapas variadas, empanadas e roscas regadas polo viños das adegas da D.O. Rías Baixas da subzona do Rosal, acompañados igualmente por licores da zona, sen esquecerse dos grupos folclóricos que amenizarán ese día o rico maridaxe que se pode degustar no Baixo Miño.
 
O día 29, no local da entidade, celebrarase unha charla do profesor e historiador da USC D. Xabier Castro, quen falará sobre a historia da vendima en Galicia, unha charla que será acompañada dos viños que colaboran coa Festa de Vendima.
 
O venres día 30 terá lugar o prato forte da Festa cunha Cata de Viños Galegos con Maridaxe dos produtos da zona como grelos, pementos tipo “padrón”, peixe espada e solla do río Miño, dirixida por Mercedes González, presidenta de Asociación de Sumilliers “Galaecia”. Se catarán sete viños brancos e sete viños tintos. Para acceder á cata deberán de contactar no teléfono 672 085 534 e o seu prezo será de 25 €.
 
Para rematar a semana celebrarase o baile na honra de San Miguel, que será o día 1 de outubro no salón de actos do local social. Actuará o Trío Sensación a partires das 11 da noite para pasar ao día seguinte, co último acto, a Romaría de San Miguel, no parque da Carballeira, situado ao lado mesmo da igrexa parroquial (unha iniciativa veciñal que como explicaba Suso, coordinador da mesma, que no segundo ano pensa ter unha gran asistencia como o ano pasado, que rondou os 500 romeiros no día do patrón “O Anxo das Uvas”.
 
Para pechar o acto tomou a palabra o presidente da SRC San Miguel, quen pediu “perdón se en algo se falla porque é o primeiro ano e podemos ter erros, pero sí coas ganas de traballar por esta entidade e invitar a toda a xente de Baixo Miño e de outros lares a pasar por unha festa que a bo seguro ten moito futuro”.

Concerto da Banda-Escola de Música de Beade no Auditorio



A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL segue cos actos programados con motivo do seu 25 ANIVERSARIO e informan de que este SÁBADO 24 de setembro, ás 21:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL, terá lugar un concerto que ofrecerá A BANDA-ESCOLA DE MÚSICA DE BEADE baixo a batuta de Luis A. González Amosa.

20 sept 2011

Programa das Festas da Pilarica e da XXIV Festa do Cabaqueiro 2011



As FESTAS DA PILARICA e a "XXIV ROMANCHA DO CABAQUEIRO" celebraranse na Praza do Calvario do Rosal durante os días 8, 9, 11 e 12 de outubro.

Ao igual que os últimos anos, a Festa do Cabaqueiro 2011 ven cargada de atractivos eventos músico-culturais para nenos, mozos e adultos (verbena, festivais, actuación da Banda, III Campionato de Futbolín ou mesmo demostración de oficios, obradoiros e exposicións).


Este ano lerá o pregón da XXIV Festa do Cabaqueiro a artista e cantante Erea Castro Alfonso, que representou ao Baixo Miño, Condado e Paradanta na sección "Recantos" do programa Luar, da TVG. 


Así mesmo, Erea estuda na Universidade de Santiago de Compostela o seu cuarto ano de Historia da Arte, especializándose en Historia da Música e en Patrimonio.  


Velaquí vos deixamos o programa completo destas grandes festas:


DÍA 8: FESTIVAL DE MÚSICA FOLK: DEIXANDAR, MEIGALLO E LIROLAI ÁS 21:00 H.

DÍA 9: FESTIVAL DE PANDERETEIRAS: RÍO FOLÓN, ORBALLO E IR E VIR ÁS 20:30 H.

DÍA 11: OBRADOIRO DE TELLAS PARA NENOS/AS A PARTIR DAS 5 DA TARDE.

VERBENA: ORQUESTRAS ILUSIÓN E OS PLAYER’S.

DÍA 12: ÁS 12 H., MISA SOLEMNE, CANTADA POLA CORAL DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL.

A PARTIR DAS 5 DA TARDE: XXIV FESTA DE LEMBRANZA “OS CABAQUEIROS” COA PREGOEIRA EREA CASTRO ALFONSO, ARTISTA E CANTANTE.

OFICIOS ARTESÁNS E OBRADOIROS PARA NENOS: CERÁMICA DE LEANDRO, TEARES DE CLAUDIA MÉNDEZ E PINTURAS DAS TELLAS.

CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL ÁS 20:30 H.

EXPOSICIÓNS CULTURAIS: FOTOGRAFÍAS, PEZAS E FERRAMENTA DO CABAQUEIRO, MANUALIDADES EN PUNTO DE CRUZ DE Mª CARMEN GONZÁLEZ E PINTURA DE SANTIAGO RIERA.

III CAMPIONATO DE FUTBOLÍN “OS CABAQUEIROS”. CONCELLO DO ROSAL 2011.

DÍA 7: PRESENTACIÓN E SORTEO DOS EQUIPOS NO CENTRO SOCIAL POLIVALENTE ÁS 21:00 H.
DÍA 8: INAUGURACIÓN E FASE DE GRUPOS DO CAMPIONATO ÁS 16:00 H.
DÍA 9: CLAUSURA E FASE FINAL.
DÍA 12: PRESENTACIÓN OFICIAL DA ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL OS CABAQUEIROS DO FUTBOLÍN E ENTREGA DE PREMIOS DO III CAMPIONATO ÁS 16:30 H.



15 sept 2011

Roteiros para a xuventude do Rosal, A Guarda e Tomiño


Estes "roteiros" están convoca-dos pola Dirección Xeral de Xuventude. Trátase de estadías de fin de semana multiaventura para mozas e mozos galegos de entre 18 e 35 anos, desta vez no Albergue Xuvenil de Pontemaril-Forcarei.

Haberá escalada en rocódromo, rutas BTT, xeocaching, taid cultural (fotográfico, orientación e rastrexamento), así como veladas nocturnas.

As actividades desenrolaranse durante os días 11, 12 e 13 de novembro.

A cota de inscrición é de 80 € (sendo de 60€ para quen posúa o Carné Xove). Podedes anotarvos na OMIX do Rosal, situada no Centro Social Polivalente ou mesmo chamar ao teléfono 986 60 94 50. (Foto: M. Míguez)

O Rosal abre o prazo para inscribirse nas Escolas Deportivas



Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural da vila, está aberto o prazo para inscribirse nas escolas deportivas que a Deputación de Pontevedra e o Concello do Rosal organizan para este curso 2011/2012.

Patinaxe: inscricións no Centro Social Polivalente, ata o día 30 de setembro, de 9 a 13 horas (nenos de 5 a 15 anos).

Fútbol: inscricións no Estadio Municipal da Mata, de luns a venres a partir das 18:30 horas.

Balonmán: inscricións no Pavillón Municipal os martes de 17:30 a 19:30 horas e os venres de 18 a 19 horas.

O Curso de Movilización de Persoas Dependentes, para finais de mes



Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño

Esta é a nota íntegra e en castelán recibida na nosa Redacción:

"Desde la Asamblea de Cruz Roja Baixo Miño se amplía el plazo de inscripción para el curso de 20 horas de duración y se retrasa el inicio del mismo, para los días 24 de septiembre, 1 y 8 de octubre.

El curso de Movilización de personas dependientes está enmarcado dentro de las acciones formativas de interés socio-sanitario de Cruz Roja y está dirigido a personas mayores de 16 años que estén interesadas en adquirir las habilidades y conocimientos necesarios para la movilización y cuidados especiales que requieren las personas dependientes.

El objetivo principal de esta formación es formar a familiares, cuidadores y/o trabajadores sobre el modo de realizar los cambios posturales que favorezcan la movilidad de la persona dependiente. Además, con esto, se pretende mejorar la calidad de vida de la persona dependiente y del familiar cuidador, potenciando la integración de la persona mayor en su medio habitual mejorando las relaciones intergeneracionales.

En la estructura del curso se incluyen los siguientes módulos:

- Enfermedades físicas relacionadas con la inmovilización: úlceras, EPOC, parálisis, etc.

- Ayudas técnicas.

- Técnicas de movilización e inmovilización.

- Riesgos y complicaciones de una inadecuada manipulación.

El coste del curso es de 60 €.

Todas las personas interesadas en obtener más información o en realizar la preinscripción pueden dirigirse a:

Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño
C/Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo (al lado de la iglesia parroquial.)
Tfno: 986 61 46 09 // 606 34 84 71
Horario de atención:
De lunes a jueves: 8:30 a 15:00 y 16:00 a 19:00 h
Viernes: 8:00 a 15:00 h".

13 sept 2011

Noite de tangos no Rosal con LA MINITÍPICA e os seus bailaríns



O sábado 17 de setembro ás 21:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal, unha noite de tangos coa actuación de "LA MINITÍPICA e os seus bailaríns".

Tal e como se pode ler no seu perfil de facebook "la Minitípica es un grupo de tango que nació en Galicia en 2004, para difundir la música del Río de la Plata. Integrada por los bonaerenses Gerardo Rebagliati, voz y 2ª guitarra, Juanma Ons, guitarra y 2ª voz, Andrea Navarrete, acordeón, y el gallego Brian Moure al contrabajo.

En directo dan a conocer su amplio repertorio en el que el tango es el gran protagonista, pero la milonga, la chacarera, el chamamé, el candombe, la zamba y otras manifestaciones del folclore argentino suenan en sus conciertos.

Más de 90 actuaciones en Buenos Aires, Düsseldorf (Alemania), Rodas (Grecia), Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Baiona y otras localidades gallegas (Tui, Tomiño, A Guarda...)

En ocasiones actúan acompañados por los bailarines de Mar del Plata, Raúl y Valeria.

Han grabado tres cd's".

Máis información no seu blog: